Consellos
de aforro enerxético

Consigue facer un bo uso da enerxía


Consigue facer un bo uso da enerxía



Dámosche algúns consellos para xestionar de forma eficiente a enerxía do teu fogar e aforrar na túa factura de luz e gas.
 

Sabías que case a metade do gasto enerxético dun fogar en inverno é da calefacción?
 

Aprende a optimizar o gasto enerxético do teu fogar cos nosos consellos eficientes. 
  
Como se reparte o noso consumo?
bañeira
 

Calefacción

Regular a temperatura diúrna entre 19 ºC e 21 ºC e  a nocturna entre 15 ºC e 17 ºC. 
 

Cada grao máis de temperatura supón un incremento de consumo dun 7% aproximadamente.
 

Evitar perdas de calor baixando as persianas polas noites. O 41 % da enerxía consúmese en calefacción.
 

Illando ben as ventás. Unha ventá ben illada supón aforrar entre un 20% e un 30% en calefacción.

O 41% da enerxía consúmese en calefacción

 
 

Auga quente

Axusta a temperatura da auga quente entre os 30 ºC e os 35 ºC.
 

Instala perlizadores nas billas. Estes inxectarán aire na saída da auga facendo que a sensación de caudal sexa a mesma, o consumo de auga reducirase ata un 60% e o da enerxía para quentala!
 

O 26% da enerxía consúmese en auga quente

 
O 12% da enerxía consúmese en electrodomésticos
Electrodomésticos
  
Frigorífico
Para aforrar enerxía, desconxela os alimentos no compartimento refrixerador, xa que o frigorífico aproveitará o frío destes.
Lavadora
Lava con auga fría ou a baixa temperatura a 30 ºC. O 80% da enerxía que consome unha lavadora emprégase en quentar a auga!
Secadora
Antes de usala, centrifuga a roupa ao máximo na lavadora: o centrifugado consome moito menos enerxía que o secado.
Ordenador
Apaga o ordenador se prevés unha ausencia superior a 30 minutos: se non é posible, polo menos apaga a pantalla, xa que é o compoñente que máis consome.
Televisor
Manter a TV, consolas, equipos de música, cargadores etc. acendidos en modo “espera” consome ata un 15% da enerxía consumida cun uso normal, así que é importante apagalos de todo.
  
 

Cociña

Utiliza sempre que poidas potas a presión: aforran tempo e enerxía ata nun 80%.
 

Utiliza a auga estritamente necesaria para cociñar, xa que canta máis auga, máis calor necesitarás para quentala.
 

Usa recipientes con fondo difusor lixeiramente superior á zona de emisión.
 

Abre o forno só se é necesario: cada vez que o abres, perdes un 25% de enerxía acumulada.
 

Utilizar o microondas aforra entre un 60% e un 70% de enerxía.
 

O 11 % da enerxía consúmese na cociña

 
 

Iluminación

Fluorescentes: consomen moita enerxía ao acenderse; se vas apagalos durante menos de 15 minutos, é mellor mantelos acendidos, xa que consomen menos que volver acendelos.
 

Moitas cociñas teñen fluorescentes, así que ollo con “apagar” a luz xa que poderiamos gastar máis.
 

O 9% da enerxía consúmese na iluminación

 
Simuladores de aforro
Axudámosche a optimizar o teu consumo

Saber máis