Salón

Como iluminamos un espazo que ten distintas zonas de ocio ou traballo?

É un espazo no que realizamos tarefas moi distintas, polo xeral, nun salón
necesítanse entre tres e dez puntos de luz.
  • Como se deben distribuír as lámpadas?

    No salón realízanse diferentes tarefas que precisan de diferentes formas de iluminación. Por exemplo, a iluminación para ver a televisión debe ser adecuada para non fatigar os ollos. Coloca unha luz tenue apuntando á parede e detrás do aparato. Poderás reducir o contraste entre luces e sombras.

    No comedor debes iluminar o elemento principal, a mesa. Para iso, a mellor iluminación é unha lámpada de teito que se encontre a 55 cm ou 60 cm sobre a superficie da mesa para evitar cegamentos. Os interruptores individuais permítenche variar o tamaño da área iluminada e o consumo.

    Para as zonas de lectura, ou en recantos utilizados para tarefas visuais, requírese unha luz intensa.

    Ademais, resulta aínda máis cómoda se é regulable en altura e en ángulo de incidencia sobre o plano de traballo. Instala unha lámpada que proporcione unha luz concentrada e sen reflexos.
  • Que lámpadas son as axeitadas?

    En zonas de conversación, ou mobles de esquina, as lámpadas fluorescentes compactas (de 11 W a 20 W) ou led (de 7 W) son as idóneas.

    Sobre a mesa do salón comedor, e en función da forma desta, unha única lámpada fluorescente de baixo consumo (de 15 W a 20 W) ou varias de menor potencia son suficientes. 

    Para a iluminación xeral, pódense utilizar lámpadas fluorescentes compactas (de 11 W a 20 W) ou lámpadas led (de 7 W).
  
Electrodomésticos eficientes
Televisións e equipos audiovisuais

Saber máis

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477506063867

argssite - GNF