Servizo protección de facturas - Asegura as túas subministracións e pagamentos

Síntete protexido en caso de imprevisto

 
 Servizo Protección de Facturas

Asegura as túas subministracións e o pagamento das túas facturas


Síntete protexido por tan só
 1,99  ao mes
   Impostos incluídos

Contrátao xa
Ver Condicións da oferta
 

 

Que outras vantaxes che ofrece o Servizo de
Protección de Facturas?

   
Respondemos por ti
En caso de imprevisto, respondemos
ante as túas facturas.
   
Pagamentos garantidos
Garantimos as túas facturas de
enerxía e servizos ata 1.200 €.
   
Sen dificultades
Un seguro con garantías e capitais
asegurados.

Resolvemos as túas dúbidas

  • Como funciona o Servizo de Protección de Facturas?

    O Servizo de Protección de Facturas garante o pagamento das facturas de enerxía (gas e luz) e servizos que o asegurado teña contratados con Naturgy Iberia, con importes e prazos diferentes dependendo do sinistro:

    - Para desemprego e incapacidade temporal, garántense 4 pagamentos de 300 € no caso de acadar cada un dos seguintes períodos consecutivos: 30 días, 90 días, 180 días e 270 días en desemprego ou incapacidade temporal.
    - Para hospitalización, garántense 600 € no caso de permanecer 15 días consecutivos hospitalizado. Garántense 600 € adicionais no caso de acadar 30 días consecutivos.
    - Garántense 1.200 € nun só pagamento, no caso de Falecemento ou Invalidez Permanente Absoluta por accidente.

    Para todas as coberturas garántese un capital de ata 1.200 €.

    Para as coberturas de desemprego, incapacidade temporal e hospitalización, Naturgy Iberia será o beneficiario da indemnización do Servizo de Protección de Factura. Naturgy Iberia xerará un bono de consumo ao cliente que compensará o pagamento dos recibos de enerxía e servizos que este deba ata acadar o capital asegurado. Para o resto de coberturas, o beneficiario da indemnización é o propio cliente ou, se é o caso, os seus herdeiros.

  • Que vantaxes ofrece ao cliente de Naturgy Iberia?

    Por só 1,99 €/mes terá a garantía de poder pagar as súas facturas de enerxía e servizos ata 1.200 € no caso de que lle aconteza un imprevisto cuberto polo seguro.

    Terá a tranquilidade de ter asegurados os pagamentos das facturas de enerxía e servizos que teña contratados con Naturgy Iberia no caso no que lle suceda unha situación inesperada cuberta polo seguro.

  • Quen o pode contratar?

    Os clientes de Naturgy Iberia entre os 18 e os 73 anos cumpridos.

  • Ata que idade cobre o Seguro de Protección de Facturas?

    As coberturas de falecemento por accidente e de invalidez permanente absoluta aplican os clientes maiores de 18 anos e menores de 74 anos.

    O resto de coberturas aplícanselles a aqueles clientes maiores de 18 anos e menores de 64 anos. A idade de cobertura é ata os 64 anos cumpridos, agás para falecemento accidental que é 99 anos.

  • É necesario ser cliente de Naturgy Iberia para poder contratar o Servizo de Protección de Facturas?

    Si, é un servizo exclusivo para os clientes de Naturgy Iberia.

    O Servizo de Protección de Facturas cobre as facturas de enerxía e servizos que o cliente teña contratados con Naturgy Iberia.

    É requisito imprescindible para poder contratar o Servizo de Protección de Facturas que o cliente teña polo menos unha enerxía contratada con Naturgy Iberia. Se o cliente se dá de baixa da/s enerxía/s cancelaríase o Servizo de Protección de Facturas aínda que teña contratados o/os servizo/s.

  • Como funciona o Servizo de Protección de Facturas?

    O Servizo de Protección de Facturas contrátase por titular de contrato e por punto de subministración.

    Se un cliente ten dúas vivendas, deberá contratar un Servizo de Protección de Facturas para cada unha das vivendas.

    Se nunha vivenda hai dúas persoas e cada unha é titular dun contrato de enerxía con Naturgy Iberia, o Servizo de Protección de Facturas só cubriría os pagamentos correspondentes á subministración e servizo contratado polo cliente que sexa titular do contrato do Servizo de Protección de Facturas.

  • Se se cambia de piso mantense o Servizo de Protección Facturas?

    Si, no caso dun cambio de domicilio, só deberá chamar a Atención ao Cliente e xestionarase o traspaso dunha vivenda a outra, sempre e cando no novo domicilio teña subscrito un contrato de subministración de enerxía con Naturgy Iberia.

  • A partir de que data ten cobertura o cliente?

    - Aos 30 días dende a data de activación do Servizo de Protección de Facturas (período de carencia) para as coberturas de Desemprego, incapacidade temporal e hospitalización por enfermidade.
    - Non se establece carencia por accidente nin para o resto de coberturas.

    - Se o cliente ten un sinistro no período de carencia, non ten dereito a cobertura, aínda que permaneza nesta situación superado este.
     

  • Hai algún tipo de accidente que quede excluído da póliza?

    O Servizo de Protección de Facturas ten as exclusións típicas neste tipo de produtos, como accidentes ao practicar deportes de risco ou conducir baixo os efectos das drogas ou alcohol.
     

  • Se o cliente non paga a cota do Servizo de Protección de Facturas, segue tendo dereito ás coberturas deste?

    Cando o cliente estea en mora dalgunha das cotas do Servizo de Protección de Facturas deixará de estar cuberto por este e, en consecuencia, non poderá percibir as indemnizacións por ningún sinistro ata que non aboe todas as cotas que teña pendentes.
     

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.

argssite - GNF