" content="">

Caldeiras convencionais

Descubre como funcionan

Preguntas frecuentes

  • Como funciona?

    As caldeiras son equipos de calefacción nos que a achega de calor provén da combustión de diferentes combustibles, os máis habituais, gasóleo, gas natural, GLP -propano, butano-... Esta achega de calor aprovéitase para quentar un fluído, que xeralmente é auga, e que vai realizar un percorrido a través dun sistema de distribución para o quentamento da estancia ou vivenda. Estes equipos acadan rendementos do 90%.

    Segundo o tipo de combustión as caldeiras poden ser:

    Atmosféricas: caldeiras que realizan a combustión co aire da estancia onde están situadas. Estas caldeiras deixan de venderse en 2010, xa que non teñen saída de fumes controlada.

    Estancas: caldeiras nas que a admisión de aire e evacuación dos gases se realiza nunha cámara pechada, sen contacto coa estancia onde está situada. Esta caldeira ten un rendemento maior que o anterior.

    Ademais da clasificación anterior, existen no mercado caldeiras con modulación automática da lapa, que minimizan os arranques e paradas da caldeira e regulan o nivel da lapa ás necesidades reais, aforrando así enerxía.

    As caldeiras en xeral, clasifícanse en función do rendemento enerxético, de 1 a 4 estrelas, sendo a de 4 estrelas a máis eficiente. Esta clasificación eliminarase nun futuro, pero está vixente mentres non se aprobe a nova clasificación enerxética para caldeiras.

  • Como transporta a calor?

    Os sistemas de distribución máis habituais para as caldeiras convencionais son:

    Radiadores: elementos que intercambian a calor entre a auga quente e o espazo que se vai quentar.

    Chan radiante: neste sistema de distribución os radiadores substitúense por un sistema de tubos que se colocan por debaixo do chan, e por eles circula a auga quente. Neste caso, o chan convértese en emisor de calor. Este sistema non require temperaturas da auga tan elevadas e distribúe homoxeneamente a calor polo que é máis eficiente.

  • Que caldeira comprar?

    Á hora de adquirir unha caldeira, aínda que sexan máis caras é preferible optar por caldeiras de condensación ou baixa temperatura, que son máis eficientes. Outro factor a ter en conta é que teña modulación da lapa automática. Se vas instalar o sistema de distribución ou a cambialo, pensa en instalar chan radiante na túa vivenda en vez de radiadores, gañarás en confort e aforrarás enerxía.

  • Que tipo de climatización ofrece?

    As caldeiras convencionais só poden achegar calefacción ás nosas vivendas. Se desexas ter refrixeración terás que instalar un equipo específico.

  • Que debes ter en conta?

    Vantaxes:

    Achegan calefacción na túa vivenda e son aptas tamén para a produción de ACS (auga quente sanitaria).
    Este tipo de caldeiras ten unha vida útil elevada, de 15 a 20 anos.

    Desvantaxes:

    En comparación con caldeiras máis eficientes, operan a temperaturas moi elevadas que fai que o consumo de combustible sexa maior.

  • Como se utiliza correctamente?

    O uso deste tipo de caldeiras é moi sinxelo, só se acende e apaga en función da demanda de calefacción ou non.

 

Sabías que...?

As caldeiras son equipos de calefacción nos que a achega de calor provén da combustión de diferentes combustibles.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477477733935

argssite - GNF