Cociña

As zonas de traballo deben estar ben iluminadas.

Nas cociñas é importante situar os puntos de luz de maneira que non provoquen
sombras sobre os espazos de traballo.
  • Como se deben distribuír as lámpadas?

    Nos mesados, onde se realizan tarefas máis específicas, precísase unha iluminación concentrada e que non cegue.

    Nos armarios altos, coloca tubos fluorescentes para proporcionar unha luz máis concentrada e apta para cociñar e cortar.

    Na zona de cociñado, utiliza unicamente a luz da campá extractora de fumes.

    Para a mesa da cociña, unha boa solución é a colocación dunha lámpada de teito colgada que, ademais, é doadamente lavable.
  • Que lámpadas son as axeitadas?

    A iluminación xeral  pódese axeitar con tubos fluorescentes T5 de 28 W, que dan a mesma iluminación que os T12, de 40 W.  Se polo tipo de lámpada que vas utilizar non podes usar tubos fluorescentes, opta por lámpadas de baixo consumo, de 15 W ou 20 W, en función do tamaño da cociña e do número de lámpadas. 

    Na cociña, cando se usa luz fluorescente, recoméndase utilizar lámpadas cunha luz de calidade e un índice de reprodución das cores superior a 80 (Ra> 80), pois non distorsionan as cores dos obxectos nin alimentos.
  
Electrodomésticos eficientes
Frigoríficos e conxeladores

Saber máis

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477494671748

argssite - GNF