Como evitar emerxencias

Pon a salvo a túa instalación de luz e gas

Podemos evitar emerxencias facendo revisións periódicas. En Naturgy velamos pola túa instalación de gas, para que estea sempre como o primeiro día.

Revisión e mantemento

De acordo coa lexislación vixente, o mantemento, conservación e bo uso da instalación de gas é responsabilidade do titular ou, no seu defecto, dos usuarios.

Ademais, o Regulamento de Instalacións Térmicas de Edificios, RITE, (RD 1027/2007, do 20 de xullo), indica a necesidade de realizar unha revisión anual da caldeira.

Por iso, é importante contar cun bo servizo de revisión e reparación da instalación e aparatos de gas. Se tes contratado o servizo de mantemento de gas Servigas Complet ou Servigas Básico, efectuaremos unha revisión preventiva anual, cumprindo coa obriga do RITE (Regulamento de Instalacións Térmicas dos edificios) de realizar unha revisión anual da túa caldeira.


Esta revisión inclúe: 

 

Revisión xeral dos elementos da instalación de gas. Mantemento dos aparatos de gas para minimizar consumos, avarías ou fallos futuros.

Revisión da instalación de calefacción (circuíto hidráulico, caldeira e radiadores) para clientes con calefacción de gas. Comprobación do correcto consumo dos seus aparatos de gas.

Análise ambiental de toda a instalación.

Se aínda non dispós dun servizo de revisión para a túa instalación e aparatos de gas, infórmate das coberturas que ofrece Servigas, nas súas diferentes modalidades.

Inspección periódica

Para poder asegurar un correcto funcionamento e detectar posibles anomalías, as instalacións de gas deben ser inspeccionadas. Conforme á lexislación vixente (Lei 8/2015, do 21 de maio), a inspección pode realizalas empresas instaladoras habilitadas ou a túa empresa Distribuidora de gas natural (Real Decreto 919/2006 de data 28.07.2006). En caso de que a túa distribuidora sexa Naturgy Distribución, as visitas prográmanse con varios días de antelación e infórmase da data mediante unha carta e un cartel de aviso no edificio.

A inspección periódica dunha instalación consiste basicamente na comprobación a través das súas partes visibles e accesibles da estanquidade e a verificación do bo estado de conservación desta, da combustión hixiénica dos aparatos a gas e da correcta evacuación dos produtos da combustión, constatando a súa adecuación ás condicións regulamentarias de seguridade.

Consulta máis información sobre a Inspección Periódica de Naturgy Distribución.

Vivo nunha urbanización, colectividade ou poboación con Gas Propano Canalizado e o meu fogar está subministrado con esta enerxía. Podo contratar algún servizo de mantemento e/ou asistencia?

Naturgy pon á túa disposición a familia de mantementos para este tipo de in
stalacións: Servigas. Consulta coberturas e prezos aquí

Se tes agora mesmo unha incidencia, accede 
aquí ao noso servizo de reparacións urxentes. 

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477477804973

argssite - GNF