Consellos de uso e mantemento das secadoras

Informámoste sobre como usar os electrodomésticos de forma eficiente

Consellos de uso:

Deberás colocar a secadora nun lugar seco, ben ventilado ou se é nun lugar pechado debes conectala cun tubo de saída ao exterior.

Centrifuga a roupa o máximo que poidas antes de metela na secadora. O centrifugado consome moita menos enerxía que a secadora.

Agrupa a roupa segundo o tipo de tecido, antes de introducilo na secadora, para así utilizar ciclos axeitados a cada grupo de pezas semellantes.

Emprega a secadora ao nivel de carga que indica cada ciclo. Se necesitas secar pouca roupa axusta o nivel de temperatura e tempo de secado.

Utiliza os programas automáticos de detección de humidade da roupa para o funcionamento da secadora; son máis exactos e eficientes que os programas manuais.

Usa o ciclo de arrefriamento progresivo para que a roupa remate de secar coa calor residual da secadora.

Cando poidas aproveita a enerxía directa do sol para secar a roupa, é a forma máis eficiente de secar a roupa.

 

Consellos de mantemento:

  • Limpa sempre o filtro da secadora despois de rematar de secar a roupa, mellorará a circulación do aire e evitará posibles accidentes.

  • Inspecciona periodicamente o orificio de ventilación da secadora para asegurarte de que non estea obstruído. Isto aforra enerxía e pode previr incidentes.

  • Para evitar o óxido nas partes metálicas da secadora saca a roupa cando remate o ciclo de secado.

  • Fíxate en que non existan perdas de calor ou fugas na secadora, nas xuntas, na porta, etc.

 

 « Volver a Lavadoras e Secadoras

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477477791545

argssite - GNF