Consellos de uso e mantemento dos fornos
Informámoste sobre como usar os electrodomésticos de forma eficiente
Consellos de uso:
Procura abrir o forno só se é necesario, xa que cada vez que abres a porta se perde o 25% da enerxía acumulada.
Aproveita toda a capacidade do forno, e se é posible cociña varios alimentos dunha vez.
Apaga o forno antes de finalizar a cocción, a calor residual rematará de cociñar os alimentos.
Para prequecer o forno para unha cocción de máis dunha hora, 10 minutos serán suficientes.
Consellos de mantemento:
- Mantén limpas as paredes do forno, evitarás aumentar o consumo enerxético para quentalo.