Despacho
Ilumina o teu despacho
Para reducir a fatiga visual producida polo contraste entre sombras e luces da pantalla
, é aconsellable iluminar tamén a zona posterior desta.
, é aconsellable iluminar tamén a zona posterior desta.
-
Como se deben distribuír as lámpadas?
É aconsellable dispoñer dunha iluminación xeral para todo o despacho. As tarefas de lectura, escritura ou uso do ordenador fan necesaria a instalación tamén dunha iluminación concentrada preto do plano de traballo que ilumine de forma ampla, pero tamén intensa, esta zona. É aconsellable, para a redución da fatiga visual, conectar unha lámpada de iluminación difusa dirixida á parede para que ilumine a zona posterior á pantalla do ordenador, desta forma reducimos o contraste entre sombras e luces da pantalla. A solución pode ser un pequeno fluorescente instalado debaixo dun estante.
Cando as lámpadas se atopen moi preto do plano de traballo, é aconsellable utilizar lámpadas fluorescentes, que emiten menos calor que as incandescentes tradicionais.
É moi importante tamén colocar pantallas nos puntos de luz, con elas evítanse cegamentos directos e diríxese a luz ao lugar desexado. -
Que lámpadas son as axeitadas?
A iluminación xeral do despacho pódese realizar con lámpadas fluorescentes compactas de 11 W a 20 W. A iluminación puntual con lámpadas fluorescentes no caso de que estean situadas preto do plano de traballo. Para a iluminación da área próxima á pantalla de ordenador, pódese utilizar un fluorescente debaixo dun estante ou unha lámpada de baixa potencia na mesa de traballo.
Electrodomésticos eficientes
Ordenadores e equipos informáticos
Saber máis
Ordenadores e equipos informáticos
Saber máis