Tipos de lámpadas

A luz que ilumina o teu fogar.

Acende a luz que queres que te ilumine.

 

Escolle as lámpadas máis adecuadas para cada espazo e síntete cómodo esteas onde esteas. Para unha correcta iluminación, é esencial poñer atención a diferentes factores, tales como, o número de fontes luminosas, a dirección na que orientamos a súa luz, o grao de difusión, a presenza ou ausencia de superficies reflectoras, ou mesmo o tamaño e a cor que che proporcionan.
 

"A distancia é un factor fundamental para a colocación das lámpadas."
TIPS e consellos
para ser eficiente e aforrar na factura
 
O 9% da enerxía consúmese en iluminación
Fluorescentes: consomen moita enerxía ao acenderse; se vas apagalos durante menos de 15 minutos, é mellor mantelos acendidos, xa que consomen menos que volver acendelos.
Moitas cociñas teñen fluorescentes, así que ollo con "apagar" a luz, xa que poderiamos gastar máis.
 

Coñece como funcionan e o tipo
de iluminación que proporcionan

Incandescentes
Son as máis comúns polo seu baixo custo e a súa facilidade de uso. Pasan a corrente eléctrica a través dun filamento que alcanza temperaturas moi elevadas. Son as de maior consumo enerxético. Teñen unha vida útil de 1.000 horas e unha excelente reprodución da cor.
 
Halóxenas
Usan o mesmo sistema que as incandescentes. No seu interior conteñen un composto halóxeno que mellora a súa eficiencia e vida útil ata 2.000 ou 3.000 horas. Proporcionan luz de alta calidade. As halóxenas de baixo consumo ofrecen a mesma iluminación e unha maior vida útil, 5.000 horas, polo que aforran ata un 40% de consumo.

Led
Son dispositivos semicondutores (díodo) que transforman directamente a corrente eléctrica en luz. Ao non posuír filamento, teñen unha vida útil de ata de 45.000 horas, ademais de consumir ata un 80% menos que as incandescentes convencionais.

 
"A tecnoloxía LED é a máis moderna e ofrece lámpadas para o sector doméstico."
Fluorescentes
Tamén coñecidas como lámpadas fluorescentes tubulares, compóñense dun tubo de vidro que contén unha cantidade pequena de gas. A luz conséguese ao sometelo a unha descarga eléctrica entre dous eléctrodos. Necesitan un equipo auxiliar para funcionar, aínda que no mercado hainas co equipo integrado.

 
· Reactancias ou balastros: proporcionan enerxía. Hainos electrónicos ou electromagnéticos. A tecnoloxía electrónica achega un 25% de aforro enerxético fronte á electromagnética, ademais dun arranque máis rápido e fiable, e a eliminación do molesto pestanexo.

· Arrancador: eleva a tensión inicial necesaria no acendido.

· Condensador: utilízase para a corrección do factor de potencia, que é moi baixo nas lámpadas fluorescentes.

· Lámpadas de baixo consumo (LBC): son lámpadas fluorescentes compactas. Os tubos fluorescentes son de tamaño reducido. Intégraselles o equipo auxiliar para poder substituílas directamente por lámpadas incandescentes. O seu consumo é un 80% menor que os convencionais e duran entre 8 e 10 veces máis.
Simuladores de aforro
Optimiza o consumo de enerxía das túas lámpadas.

Saber máis

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477494668483

argssite - GNF