Quero reducir os meus gastos

Que debo facer?

Facilítanos a lectura real do teu contador

Para que a túa factura reflicta o importe real que consumiches, é importante que dispoñamos da lectura real do contador do gas e da luz. Así, evitarás as estimacións que realizamos cando o contador se encontra dentro dunha vivenda e non podemos acceder a el.

A estimación consiste en establecer a túa factura sobre a base do que consumiches anteriormente. 
Se non dispoñemos desta información histórica, facemos a estimación do teu consumo en función da tarifa que teñas contratada, o tipo de enerxía e a zona xeográfica na que te encontras.

Polo tanto, cunha lectura regular do contador non só garantes que estás a pagar unicamente polo gas ou a luz que consomes, senón que tamén evitas recibir facturas "de acumulación" que son innecesariamente elevadas por estar baseadas en lecturas estimadas e non reais. Podes indicar a lectura do teu contador online de forma doada e rápida:

Dar lectura do contador

Ou ben podes facelo por teléfono chamando o:  900 770 770

Controla os teus consumos



Dende a Área Clientes podes facer un seguimento dos teus consumos, para así poder controlar e reducir os teus gastos. Poderás visualizar, ademais, todas as túas facturas e os teus datos de contratación.

Se aínda non estás rexistrado, podes darte de alta doadamente. Unicamente necesitarás ter a man unha factura e indicarnos, por motivos de seguridade, os 4 últimos díxitos da conta bancaria onde tes domiciliados os pagamentos.



 


Que tarifa che corresponde?

Ofrecémosche toda a información sobre as diferentes tarifas de gas e luz para que poidas escoller a que máis se adapta ás túas necesidades.
 

Recomendador de tarifas

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477477850550

argssite - GNF