Ou chámanos gratis ao 900 649 216

Tes dúbidas?

  • Quen pode contratar o Superpack Naturgy?

    Calquera cliente existente ou novo cliente pode contratar o Superpack Naturgy se cumpre as seguintes condicións:

    • Para luz:
      • potencia inferior a 8 kW*
      • tarifa 2.0A ou 2.0DHA (agás 2.0A con maxímetro)
      • consumo inferior a 7.000 kWh/ano. 
    • Para gas:
      • tarifa de acceso 3.1 ou 3.2
      • consumo inferior a 20.000 kWh/ano.

    *Para potencias superiores a 6 kW, sumarase unha cantidade de 6 € en concepto de complemento de potencia ao importe mensual da cota plana de luz contratada.

    A contratación do Superpack Naturgy non se recomenda para as altas técnicas (novos puntos de subministración), xa que non se dispón dun histórico de consumo para poder elixir o Superpack segundo os kWh/ano.

  • Que conceptos inclúe o Superpack Naturgy?

    O importe das cotas do Superpack Naturgy inclúe o seguinte:

    • Para a luz, inclúe o termo de potencia e de enerxía, co consumo anual máximo determinado en kWh/ano en cada Superpack.
    • Para o gas, inclúe o termo fixo e o variable, co consumo anual máximo determinado en kWh/ano en cada Superpack. 
    • O alugueiro do equipo de medida monofásico de electricidade.
    • O alugueiro do equipo de medida de gas, cando corresponda.
    • Os impostos: sobre a electricidade, os hidrocarburos*, o IVE... 

    * O importe correspondente ao imposto de hidrocarburos incluído na cota calculouse sobre un consumo de gas estimado mensual en función do tramo contratado. O importe final da cota variará á alza ou á baixa, como consecuencia de aplicar o devandito imposto (0,00234 €/kWh) ao consumo facturado en cada mes.   

    Non inclúe outros conceptos regulados que poidan ser trasladados pola empresa distribuidora relacionados coa subministración de gas e electricidade, entre outros, o canon IRC.

     
  • Por que me convén contratar o Superpack Naturgy?

    O Superpack Naturgy achégache o control e sosego que queres para o teu fogar, é a solución definitiva para que esteas tranquilo e saibas que, pagando unha cota fixa, terás todo o que necesitas: luz, gas e a cobertura ante calquera imprevisto no equipamento do teu fogar.

    Sen ter que preocuparte de nada máis. Así de doado.

  • E se non me encaixa ningún destes Superpacks, que fago?

    Non te preocupes, se estás interesado no Superpack pero cres que as túas necesidades son distintas ás destes Superpacks, podes chamarnos o teléfono gratuíto 900 649 216 e ofrecerémosche un Superpack á medida, personalizado segundo os requisitos que nos comentes. Para que poidas aforrar cada ano co Superpack e goces dunha solución integral para o teu fogar por unha cota única con todo incluído.

  • Xa teño a enerxía e/ou servizos contratados, como podo beneficiarme do Superpack e o aforro que supón?

    Se xa es cliente e queres beneficiarte do aforro anual que supón contratar o Superpack, só tes que renovar a túa situación actual, realizando a contratación do Superpack que encaixa coas túas necesidades. Automaticamente as túas condicións actualizaranse sobre a base do Superpack que elixiras e xa poderás gozar das súas vantaxes.

    Ten en conta que a contratación do Superpack supón a baixa automática de calquera outra promoción ou campaña que tiveses aplicada nos teus produtos ou servizos. 

  • Renovación do Superpack, debo facer algo?

    A vixencia do contrato do Superpack é de 1 ano (12 meses), a partir da súa data de activación. Con renovacións anuais sucesivas, sen necesidade de facer nada pola túa banda. 

    Os prezos da cota son os do momento da contratación e non te verás afectado polos cambios de prezo (nin nas tarifas de acceso, nin na enerxía) que poidan acontecer ao longo de toda a vixencia do contrato, porque o prezo da cota se mantén fixo durante os 12 meses do contrato. 

    Un mes antes (como moi tarde) da renovación automática, se che comunicará en factura ou por carta o novo prezo da cota.

  • Podo solicitar a baixa do Superpack?

    No caso de que queiras darte de baixa do Superpack antes de finalizar a vixencia establecida no contrato, calcularemos o importe do consumo realizado ata a data da baixa, e que é o que che deberiamos ter facturado, coa tarifa de luz ou gas que se corresponda polas túas características. 

    Con este cálculo, e sabendo o importe que xa aboaches coa cota plana de luz e/ou gas do teu Superpack ata a data da baixa, facturarémosche a diferenza entre ambos os dous importes no caso de que este resultase a pagar.

    Con iso, o teu contrato de Superpack quedará cancelado e volverás ter as túas tarifas e servizos segundo a nova modalidade de contratación que elixiras.

Xa o tes claro?

Contrata agora o Superpack e gaña en tranquilidade porque controlarás o gasto e estarás cuberto perante calquera avaría.

Superpacks
para a túa vivenda habitual

Ir velos