Onda de frío?
Ola, Superpack

Aproveita o Superpack Naturgy e despreocúpate dos altibaixos nas túas facturas de luz e gas durante este inverno. Manteremos ao día a túa instalación e aparellos de gas, e estarás cuberto #ante calquera avaría dos teus electrodomésticos ou a calefacción.
Todo incluído nunha única cota mensual.

Aforra  

Onda de frío?
Ola, Superpack

Aproveita o Superpack Naturgy e despreocúpate dos altibaixos nas túas facturas de luz e gas durante este inverno. Manteremos ao día a túa instalación e aparellos de gas, e estarás cuberto #ante calquera avaría dos teus electrodomésticos ou a calefacción.
Todo incluído nunha única cota mensual.
Aforra    
Ou chámanos gratis o 900 649 216

Un aforro real: Compróbao!

Consigue agora nunha única cota todo o que necesitas para gozar do confort do teu fogar e aforra contratándoo todo xunto.
Ata 144 €/ano cos Superpacks de luz e 176 €/ano cos Superpacks de luz e gas.


 



Os valores representados son unha estimación de aforro anual.
Para máis información ver o cálculo dos Superpacks de Luz e Superpacks de Luz e Gas.


Contrata vivir mellor!    Aforra xa

¿Segunda residencia?
Consulta los Superpacks para tu segunda residencia

Ir a verlos  

Tes dúbidas?

  • Que é o Superpack?

    É un novo concepto que creamos en Naturgy como solución definitiva ás necesidades de consumo de enerxía que tes no teu fogar e que inclúe, nunha única cota, todas as subministracións enerxéticas e os servizos de mantemento e reparación do teu equipamento a un prezo moi competitivo. Para que non teñas que preocuparte por nada!

  • Quen pode contratar o Superpack Naturgy?

    Calquera cliente existente ou novo cliente pode contratar o Superpack Naturgy se cumpre as seguintes condicións:

    • Para luz:
      • potencia inferior a 8 kW*
      • tarifa 2.0A ou 2.0DHA (excepto 2.0A con maxímetro)
      • consumo inferior a 7.000 kWh/ano 
    • Para gas:
      • tarifa de acceso 3.1 ou 3.2
      • consumo inferior a 20.000 kWh/ano

    *Para potencias superiores a 6 kW, sumarase unha cantidade de 6 € en concepto de complemento de potencia ao importe mensual da cota plana de luz contratada.
     
    A contratación do Superpack Naturgy non se recomenda para as altas técnicas (novos puntos de subministración), xa que non se dispón dun histórico de consumo para poder elixir o Superpack segundo os kWh/ano.

  • Como funciona o Superpack Naturgy?

     Se contratas o Superpack Naturgy Luz estarás a contratar unha cota plana de luz e o servizo de reparación urxente de electrodomésticos e aire acondicionado ou bomba de frío/calor. Todo iso nunha única cota con todo incluído, tamén os impostos e o alugueiro do contador, para que teñas o gasto controlado e te despreocupes por completo das túas facturas de enerxía.
    E ademais cun mellor prezo, co que aforrarás ata 144 € cada ano, grazas ao pack.

     Se contratas o Superpack Naturgy Luz e Gas estarás a contratar unha cota plana de luz e de gas e os servizos de reparación urxente dos electrodomésticos, o aire acondicionado ou bomba de frío/calor e/ou a calefacción e aparatos de gas natural, ademais do mantemento preventivo e a revisión periódica obrigatoria da instalación e equipos de gas natural. Todo iso nunha única cota con todo incluído, tamén os impostos e o alugueiro do contador, para que teñas o gasto controlado e te despreocupes por completo das túas facturas de enerxía.
    E ademais cun mellor prezo, co que aforrarás ata 176 € cada ano, grazas ao pack.

  • Que conceptos inclúe o Superpack Naturgy?

    O importe das cotas do Superpack Naturgy inclúe o seguinte:

    • Para a luz, inclúe o termo de potencia e de enerxía, co consumo anual máximo determinado en kWh/ano en cada Superpack.
    • Para o gas, inclúe o termo fixo e o variable, co consumo anual máximo determinado en kWh/ano en cada Superpack.
    • O alugueiro do equipo de medida monofásico de electricidade.
    • O alugueiro do equipo de medida de gas, cando corresponda.
    • Os impostos: sobre a electricidade, os hidrocarburos*, o IVE....

    * O importe correspondente ao imposto de hidrocarburos incluído na cota calculouse sobre un consumo de gas estimado mensual en función do tramo contratado. O importe final da cota variará á alza ou á baixa, como consecuencia de aplicar o devandito imposto (0,00234 €/kWh) ao consumo facturado en cada mes.    
     
    Non inclúe outros conceptos regulados que poidan ser trasladados pola empresa distribuidora relacionados coa subministración de gas e electricidade, entre outros, o canon IRC.

     
  • Como será a miña factura co Superpack Naturgy?

    Se tes contratado un Superpack Naturgy, recibirás unha factura na que aparecerán os seguintes conceptos:

    • Cota Plana de luz e/ou gas, segundo o Superpack Naturgy que elixas
    • Servielectric Xpress
    • Servigas Complet con ou sen calefacción, segundo o Superpack Naturgy que elixas

    Cada concepto terá un desconto aplicado e, en total, a túa factura, cos impostos incluídos, ascenderá ao importe do Superpack que elixiras.
     
    Aínda que aparentemente sexa como outras facturas, xa que os conceptos a facturar non cambian (enerxía e servizos, impostos, alugueiros de equipos de medida...), saberás que tes o Superpack porque en cada concepto de enerxía relacionado na factura terás aplicados descontos e xunto ao importe total da factura, xusto debaixo, aparecerá indicado que tes a campaña Superpack.
     
    Mostrámoscho cun exemplo, podes velo aquí.

     
  • Por que me convén contratar o Superpack Naturgy?

    O Superpack Naturgy achégache o control e sosego que queres para o teu fogar, é a solución definitiva para que esteas tranquilo e saibas que, pagando unha cota fixa, terás todo o que necesitas: luz, gas e a cobertura ante calquera imprevisto no equipamento do teu fogar.
    Sen ter que preocuparte de nada máis. Así de doado.

  • E se non me encaixa ningún destes Superpacks, que fago?

    Non te preocupes, se estás interesado no Superpack, pero cres que as túas necesidades son distintas ás destes Superpacks, podes chamarnos o teléfono gratuíto 900 649 216 e ofrecerémosche un Superpack á medida, personalizado segundo os requisitos que nos comentes. Para que poidas aforrar cada ano co Superpack e goces dunha solución integral para o teu fogar por unha cota única con todo incluído.
     

  • Xa teño a enerxía e/ou servizos contratados, como podo beneficiarme do Superpack e o aforro que supón?

    Se xa es cliente e queres beneficiarte do aforro anual que supón contratar o Superpack, só tes que renovar a túa situación actual, realizando a contratación do Superpack que encaixa coas túas necesidades. Automaticamente as túas condicións actualizaranse sobre a base do Superpack que elixiras e xa poderás gozar das súas vantaxes.
     
    Ten en conta que a contratación do Superpack supón a baixa automática de calquera outra promoción ou campaña que tiveses aplicada nos teus produtos e/ou servizos.

  • Lecturas de luz e gas: como sigo o meu consumo?

    Grazas ao Superpack xa non terás que preocuparche polas lecturas de luz e gas, porque as túas necesidades de consumo estarán dentro do consumo de enerxía establecido. Aínda así, é importante que sigas facilitando a lectura do teu contador (sobre todo se non está accesible) para que se rexistren os consumos reais da túa vivenda e podamos avisarche no caso que detectamos algunha desviación.
    As lecturas reais (e as estimadas tamén) quedarán recollidas no teu histórico de consumos para o teu seguimento e porque son necesarias para avaliar o acumulado total anual co consumo contratado no teu Superpack.
    Tanto nas facturas como na área clientes poderás consultar sempre que queiras o teu consumo e ademais avisarémosche previamente se detectamos unha posible desviación sobre o consumo establecido no teu Superpack.

  • Se as miñas necesidades de consumo cambian, podo cambiar de Superpack?

    Claro! Podes cambiar sempre que as túas necesidades cambien. Non hai permanencia nin tampouco custo ningún polos cambios que realices entre Superpacks.
    Se as túas necesidades de consumo ou o equipamento do teu fogar cambiase (p. ex. se instalas un novo sistema de climatización ou sodes máis na casa), deberás revisar se o Superpack que tes contratado cobre as túas novas necesidades e, no caso de que non sexa así, solicitar un cambio de Superpack.
     
    Ten en conta que, en caso de superares o consumo máximo anual de luz e/ou gas establecido no Superpack que teñas contratado, se che facturará un importe adicional polo exceso consumido. Este importe calcularase multiplicando o prezo dos “kWh de exceso”, que terás informado em teu contrato, polo número de kWh excedidos dos contratados.
    Igualmente, dende Naturgy informarémoste antes de que esteas a punto de superar o consumo máximo anual para que poidas solicitar o cambio de Superpack a outro cun consumo superior de kWh/ano e poidas evitar así o cargo adicional do exceso.
    En caso de que se facture o exceso sobre a base dunhas lecturas estimadas, dende Naturgy tamén te informaremos con antelación para que poidas facilitarnos unha lectura real.
     
    Abofé, tamén poderás solicitar o cambio de Superpack a outro cun consumo inferior de kWh/ano, se o consumo que elixiras non se axusta ao real durante a vixencia do contrato.

  • Renovación do Superpack, debo facer algo?

    A vixencia do contrato do Superpack é de 1 ano (12 meses), a partir da súa data de activación. Con renovacións anuais sucesivas, sen necesidade de facer nada pola túa banda.
    Os prezos da cota son os do momento da contratación e non te verás afectado polos cambios de prezo (nin nas tarifas de acceso, nin na enerxía) que poidan acontecer ao longo de toda a vixencia do contrato, porque o prezo da cota se mantén fixo durante os 12 meses do contrato.
    Un mes antes (como moi tarde) da renovación automática, se che comunicará en factura ou por carta o novo prezo da cota.

  • Podo solicitar a baixa do Superpack?

    No caso de que queiras darte de baixa do Superpack antes de finalizar a vixencia establecida no contrato, calcularemos o importe do consumo realizado ata a data da baixa, e que é o que che deberiamos ter facturado, coa tarifa de luz e/ou gas que se corresponda polas túas características.
    Con este cálculo, e sabendo o importe que xa aboaches coa cota plana de luz e/ou gas do teu Superpack ata a data da baixa, facturarémosche a diferenza entre ambos os dous importes no caso de que este resultase a pagar.
    Con iso, o teu contrato de Superpack quedará cancelado e volverás ter as túas tarifas e servizos segundo a nova modalidade de contratación que elixiras.
     

 

Aínda non tes claro se che convén elixir o Superpack?


Descobre todas as vantaxes e cal é o que se adapta mellor ás túas necesidades. Enviámosche todos os detalles por email.





   Quero recibilo agora   
 

thinking servigas


La enerxía de todos

Ademais da nosa ampla gama de produtos de gas, luz, servizos de mantemento e reparacións, contamos cunha ampla rede de canles de atención e un gran programa de vantaxes exclusivo para os nosos clientes.


Ven a Naturgy, contrata agora 
 
Por que nós?

Somos a compañía con máis anos de experiencia na xestión de servizos de luz e gas, ademais de ofrecerche unha atención áxil e eficiente.                                                                               
 
Vantaxes para os nosos clientes

Estamos preto de ti. Por iso, contamos cun programa de vantaxes exclusivo que inclúe descontos para o teu fogar e para o teu tempo libre e o da túa familia.
Despreocúpate das túas facturas de enerxía grazas a o Superpack Naturgy

Elixir a mellor tarifa de luz e gas pode ser difícil. Por iso en Naturgy preparamos unha solución simple, clara e integral para as túas facturas de enerxía e servizos: o Superpack Naturgy. Así de fácil! Só tes que elixir o teu Superpack Naturgy e xa poderás despreocuparte dos inesperados cambios de prezo, os impostos engadidos ou as posibles avarías nos teus electrodomésticos ou a calefacción.

Listo para gozar da mellor tarifa de luz, gas e servizos para o teu fogar? Estamos seguros que os nosos Superpacks axústanse a ti; temos opcións para calquera tipo de consumo, con e sen calefacción ou aire acondicionado... e se aínda así crees que necesitas algo máis a medida, chámanos e os nosos expertos axudaranche a confeccionar o Superpack que se adapte ás túas necesidades.

O mellor é que o Superpack Naturgy permíteche aforrar ata 176 € anuais en gastos de luz, gas e servizos, e ademais non ten permanencia. As nosas tarifas e prezos inclúeno todo, tamén os impostos, así poderás controlar mellor os teus gastos, sabendo sempre a cota fixa que pagarás cada mes.

Se queres empezar a gozar da tranquilidade de telo todo incluído nunha única cota fixa, contrata agora a túa Superpack Naturgy.
​Elixe o teu:   
Superpack de Luz   |   Superpack de Luz e Gas

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies