Condicións de adhesión

1.- A aceptación da solicitude de adhesión está condicionada ao cumprimento dos requisitos previstos na oferta: 
a) clientes residenciais en ámbito nacional (NIF,  NIE e/ou pasaporte comunitario UE) con tarifas de acceso contratadas de gas 3.1, 3.2, 3.3, 3.4 e de electricidade 2.0A, 2.0 DHA, 2.0 DHS, 2.1A, 2.1 DHA, 2.1 DHS, 30A e 31A. O aprazamento aplicarase nas facturas de luz, gas e/ou servizos ata un importe máximo de 10.000 euros/mes. 
b) clientes dados de alta na Área Clientes, con factura online e pagamento domiciliado.
c) solicitude vía web realizada antes do 30.04.2021.
d) campaña válida para solicitudes de clientes actuais e novas contratacións realizadas en Naturgy Iberia, S.A antes do 30.04.2021.
e) o cliente non deberá ter importes pendentes de pagamento nin aprazamentos activos na data da adhesión á campaña.
f) condicionada á superación da análise de solvencia realizada por Naturgy. Naturgy comunicará nun período máximo de 5 días a aceptación ou non da solicitude de adhesión e a súa aplicación dende o momento da súa solicitude. 
 
2.- Unha vez aceptada a adhesión, o pagamento das facturas emitidas a partir da data de aceptación e ata o 30.04.2021 fraccionarase, sen xuros, en doce mensualidades. Estas mensualidades pasaranse ao cobramento entre o 15.05.2021 e o 14.05.2022. O impagamento de calquera factura (as fraccionadas ou as emitidas con posterioridade) ou a perda dalgunha das condicións da oferta implicará  o vencemento anticipado de todos os importes aprazados e, en consecuencia, a súa inmediata esixibilidade dende o día do seu incumprimento. 

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477673084913

argssite - GNF