dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Histórico

Campaña de educación ambiental en Castela-A Mancha

Biodiversidade con moito gusto

En 2014 a Fundación Global Nature, a nosa compañía e Acciónatura están a desenvolver unha campaña de educación ambiental en Castela-A Mancha.

Para protexer e potenciar o valor biolóxico das brañas manchegas, estase a desenvolver un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do programa financeiro LIFE.

Este proxecto, denominado "Humedales de la Mancha", desenvólvese en 27 lagoas das provincias de Cidade Real, Cuenca e Toledo e ten como socios a Xunta de Castela-A Mancha e a Fundación Global Nature.

Os traballos, que desenvolve a Fundación Global Nature nas brañas de Alcázar de San Juan co apoio da nosa compañía e Acciónatura, céntranse na restauración e conservación das contornas de lagoas de xeito ecolóxico e no acondicionamento dos espazos para un uso público sustentable.

Así mesmo, un aspecto moi importante do proxecto é a sensibilización e difusión do papel dos ecosistemas húmidos, tanto á poboación local coma aos visitantes das lagoas esteparias. Neste sentido, a educación ambiental ten un papel determinante dado que a concienciación cidadá, e en especial a dos escolares, é básica para manter os espazos naturais nas mellores condicións. Neste curso escolar case 3.042 alumnos de 24 colexios e institutos situados en 8 municipios xa participaron nas actividades de sensibilización e información.

A campaña de concienciación cidadá continuará durante os próximos meses mediante a posta en marcha de accións diversas: voluntariados, exposicións específicas, conferencias para adultos, saídas de campo con nenos, etc. Con estas iniciativas preténdese que a poboación local aumente a súa percepción de que as brañas da súa rexión, ecosistemas únicos e de gran valor ecolóxico, forman parte de non só do seu patrimonio natural, senón tamén da súa contorna cultural e económica.

O proxecto "Humedales de La Mancha" considera tamén outras accións, tanto científicas coma técnicas e de divulgación.

Iniciáronse xa censos de especies animais e vexetais, inventario de espazos ou traballos de restauración en campo. Con iso preténdese lograr un mellor coñecemento da singularidade destas brañas e, consecuentemente, conseguir un mellor coidado e conservación destes.
 

Campaña Optimización de consumo de enerxía Museo Naval

Optimización de consumo de enerxía Museo Naval

O noso compromiso ambiental permítenos contribuír á protección da contorna e ao benestar social. Unha das nosas propostas é facer máis eficientes os sistemas de iluminación, reducindo o consumo enerxético e alongando a vida das instalacións.

Proba diso é o Museo Naval de Madrid, que ten na súa sala de exposicións temporais un sistema lumínico de fibra óptica con tecnoloxía LED, que permite reducir o consumo enerxético e as radiacións que sofren as obras expostas.

Esta iniciativa forma parte do noso Compromiso Natural, cuxo obxectivo consiste en sensibilizar os nosos clientes sobre a importancia de protexer a contorna e o uso eficiente dos recursos naturais.

Aquí pode ampliar información sobre:

 

Campaña de recuperación do hábitat do visón europeo en Etxarri (Navarra)

Site de Compromiso natural - A Casa do Visón 2013

Durante o 2013 lanzouse a campaña online de concienciación ambiental, na que os internautas colaboraron co envío de tweets de apoio ao proxecto, que supuxo unha axuda directa de 30.000 euros para a recuperación do hábitat do visón no río Arga, na localidade navarra de Etxarri, a 15 quilómetros de Pamplona.

A campaña animaba os seus clientes almacenistas a twittear sobre o proxecto. Por cada referencia a este, a compañía doaba tres euros ao proxecto. En só dous meses cumpriuse o obxectivo: 10.000 tweets e unha axuda directa de 30.000 euros, case o 50% do total do presuposto estimado do proxecto. O custo total do proxecto alcanza os 65.000 euros e prolongarase ata finais de 2017.

A restauración deste lugar foi sinalada polo Servizo de Conservación da Biodiversidade do Goberno de Navarra como de "grande interese dentro da estratexia de conservación do visón europeo", xa que é unha especie catalogada como "en perigo de extinción" e é precisamente na Comunidade Foral onde se encontra polo menos o 75% da poboación deste mustélido na Península Ibérica. A actuación programada en Navarra é fundamental para asegurar a boa saúde ambiental e continuidade da especie no sueste de Europa.
 

A arte de facer máis eficiente a iluminación

Site de Compromiso natural - Mecenas 2010

Na nosa compañía seguimos avanzando co noso Compromiso natural. Debido ás excelentes repercusións do programa Museos 2011, este ano continuamos a colaboración co Museo Thyssen-Bornemisza, co Museo Naval e sumouse o Museo Patio Herreriano.

Tres museos, tres solucións

No Museo Thyssen-Bornemisza procedeuse a cambiar todos os seus proxectores que contaban con máis de 20 anos de antigüidade, ademais das súas parábolas. Remarcamos a posibilidade de regular a iluminación en función das necesidades de cada cadro, cousa que nos permite unha óptima conservación das obras, unha redución drástica das tarefas de mantemento e un aumento das horas de vida nun 2.500%. Ademais dun aforro enerxético, sobre a base de probas realizadas no museo onde os proxectores ERCO con tecnoloxía LED, combinados con halóxenos, conseguen parámetros lumínicos e de conservación de maior calidade, obtendo unha redución en potencia de iluminación de máis do 65%. O devandito aforro increméntase ata un 70% se reducimos tamén a potencia do aire acondicionado. A fonte de luz LED non emite radiación ultravioleta nin infravermella, polo que non necesita lentes nin filtros correctores.

No control de iluminación das salas de exposición do Museo Patio Herreriano, un programa-xestor de iluminación detecta os visitantes á súa entrada e saída das salas mediante volumétricos de presenza e programación de tempos de visitas, provocando o arranque e apagamento das salas. Este mesmo sistema utilizarase para a iluminación dos catro distribuidores do Museo, escaleiras, aseos, claustros, sala Capela, biblioteca, etc. co obxectivo de utilizar enerxía lumínica só cando sexa necesaria. Tras a instalación e montaxe, o seguinte paso é a programación e desenvolvemento destas zonas comúns no programa de Xestión de Control de Eficiencia Enerxética para a súa integración.

Por último, no Museo Naval de Sevilla, dado o estado de antigüidade dunha parte da instalación dedicada a iluminar as salas de exposición da Torre do Ouro, procedeuse a facer un informe técnico para ver cales eran as actuacións necesarias. Decidiuse substituír unha parte das lámpadas e tubos fluorescentes por outros de luz fría xa que, para a conservación do material exposto nas salas e vitrinas do Museo, era máis conveniente. Ao realizar estes cambios viuse tamén a necesidade de substituír unha parte das conducións eléctricas, os interruptores e os focos, así como os cebadores dos tubos fluorescentes. Todo iso deu como resultado unha mellora significativa na temperatura media ambiental do Museo e moi substancial no interior das vitrinas. Así mesmo, conseguiuse unha rebaixa do consumo eléctrico e unha optimización moi importante na capacidade expositiva de todo o material do Museo Torre do Ouro, pois a calidade da luz é moi superior á dos equipos anteriores.

Esta acción tivo unha notable acollida e proba diso son os resultados obtidos. Rexistráronse un total de 1.315 visitas no site de Compromiso natural, onde case o 30% dos usuarios accederon en repetidas ocasións.

Dende a nosa compañía seguiremos co compromiso de coidar do medio ambiente apostando por unha boa xestión dos recursos e favorecendo o aforro enerxético para conseguir un desenvolvemento sustentable.

Esta acción tivo unha notable acollida e proba diso son os resultados obtidos.
 

Oficina Verde

Site de Compromiso natural - Oficina Verde

Como actúas no teu traballo afecta directamente a natureza e, á vez, a economía da túa empresa.

Esta acción baseábase nun microsite que recreaba o ambiente dunha oficina na que se destacaban diferentes elementos vinculados á reciclaxe e ao consumo responsable de enerxía.

Desta forma, conseguiamos que o usuario vise como os seus hábitos e comportamentos afectaban o medio e o seu peto. Finalmente, facíase un "Balance do seu Compromiso natural" no que se valoraban os devanditos hábitos e se expoñían os puntos a mellorar.
 

Reforestar Galicia

Site de Compromiso natural - Reforestar Galicia 2008

O respecto polo medio ambiente é unha parte fundamental na filosofía da nosa compañía. Por iso, esta vez unímonos coa Fundación Acciónatura para desenvolver unha acción en Galicia co obxectivo de repoboar as zonas afectadas polos incendios de 2006.

Nesta ocasión, o site xiraba en torno á figura de Xosé, un gardabosques que convida os clientes a participar, xa que, precisamente da súa participación, dependían os resultados a conseguir. Por cada 3 minutos de navegación do cliente, a nosa compañía comprometíase a plantar unha árbore.

Grazas á colaboración dos clientes industriais, conseguiuse plantar ao redor de 5.000 árbores nun espazo de 8 hectáreas, na parroquia de Doncos (Lugo).
 

Recuperando Sils

Site de Compromiso natural - Recuperando Sils 2009

A importancia das boas prácticas na utilización da auga constituíu o eixe desta acción, na que a nosa compañía se comprometía a recuperar e preservar a reserva natural da Lagoa de Sils (Xirona), espazo que constitúe o hábitat natural de moitas especies da zona, ademais de contribuír á estabilización do clima e a súa contorna.

Neste espazo virtual, propoñiamos os nosos clientes que interactuaran co ecosistema da lagoa, de maneira que o tempo que estivesen a navegar no site, afectaría proporcionalmente aos metros cúbicos de auga recuperados.

O compromiso dos clientes foi tal que chegaron a compartir connosco as solucións aplicadas ás súas instalacións para conseguir un uso racional da auga nos seus sistemas de produción.