dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Gas natural

O gas natural é a enerxía idónea para a industria, xa que ofrece todo tipo de vantaxes.

Gas natural

 

Que vantaxes me ofrece o gas natural?

  • Eficiencia e competitividade.
  • Maior respecto ambiental. O gas natural é a enerxía máis limpa e menos contaminante de todos os combustibles fósiles. Emite entre un 40 e un 45% menos CO2 que o carbón e un 30% menos que o petróleo. Ademais, as emisións de NOX derivadas da súa combustión son moi reducidas en comparación coas de carbón e petróleo; e as emisións de SOX e partículas sólidas son practicamente nulas.
  • Unha fonte de enerxía práctica que non precisa de almacenaxe.
  • Aforro económico: os equipos non sofren corrosións nin deterioracións, polo que aumentan o rendemento e a vida útil destes e diminúen o custo de mantemento.
  • Garantía de seguridade nunha subministración firme, continua e de prezo competitivo e previsible a medio prazo.
  • Multiplicidade de aplicacións, dende producir frío ou calor ata xerar electricidade.
  • Versatilidade, tanto polo doada que resulta a súa regulación coma pola variedade de usos en que pode aplicarse.
  • Contribución á loita contra o cambio climático. O seu uso é promovido polo Protocolo de Kioto, ao ser o hidrocarburo que mellor se axusta ás súas previsións.
     

Moito máis coa nosa compañía

Dende hai máis dun século, a nosa compañía especializouse en subministrar gas natural. Esta experiencia é o noso principal selo de calidade e a garantía de que os nosos clientes obterán a solución enerxética que mellor se adapte ás súas necesidades e o servizo dos profesionais máis cualificados.

Actualmente, a nosa compañía é a principal subministradora de gas natural do país. O noso principal obxectivo é obter a máxima satisfacción de cada un dos nosos clientes.