Liña seguridade e calidade

Liña seguridade e calidade

O mantemento e corrección de anomalías das instalacións é fundamental tanto para facer un uso razoable da enerxía como para a seguridade das persoas. Mediante a liña Calidade e Seguridade, a nosa compañía ofrece a posibilidade de optimizar a factura enerxética mediante unha mellora na calidade de subministración e unha adecuación das instalacións a través de diferentes equipos, como sistemas de alimentación ininterrompida, reguladores de velocidade, baterías de condensadores ou aparamenta, así como un aumento da seguridade nas súas instalacións a través de revisións e inspeccións obrigatorias, o que lle permitirá manter as instalacións sempre a punto.

Inspeccións Regulamentarias de Instalacións Eléctricas de Alta e Baixa Tensión (IE)

Aviso descarga con chave inglesa

Revisámoslle as instalacións eléctricas de Alta Tensión, así como comprobamos o estado das instalacións eléctricas de Baixa Tensión, de acordo ao indicado na normativa vixente.

Mantementos Instalacións Eléctricas de Alta e Baixa Tensión (ME)

Técnico cumplimentar informe do traballo de campo

Ofrecémoslle unha xestión global nos mantementos preventivos e correctivo de centros de transformación, centros de seccionamento, liñas aéreas e cadros eléctricos.

Equipos Compensación de Enerxía Reactiva (ER)

Armarios con equipos eléctricos

Ofrecémoslle a posibilidade de realizar un estudo pormenorizado das condicións de contratación da subministración eléctrica, analizando a repercusión desta.

Sistemas Alimentación Ininterrompida (SAI)

Medindo nun cadro eléctrico

Asesorámolo nos equipos, subministrámosllos, instalamos, realizamos o mantemento destes e cubrimos a súa garantía.

Centros de Transformación e Aparamenta Eléctrica (CTA)

Centro de Transformación

Ofrecémoslle os nosos servizos de Enxeñaría para instalacións completas, centros de transformación, acometidas, subestacións, transformadores..

Reguladores de velocidade (RV)

Velocímetro

Asesoramento, instalación e garantía de equipos de regulación de velocidade en función da carga.

Termografías (TE)

Cámara Termográfica

Realizamos estudos termográficos para poder detectar alteracións non recoñecibles a simple vista.