dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Cálculo Pegada de Carbono (PC)

Mano suxeitando globo terráqueo rodeado de follas

 

Trátase dunha estimación certificada e baseada en estándares internacionais das emisións da totalidade de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) emitidos por efecto directo ou indirecto dun individuo, organización, evento ou produto. O cálculo da Pegada de Carbono facilita a participación das empresas en programas para limitar as emisións de gases de efecto invernadoiro (Carbon Disclosure Project, Dow Jones Sustainability, FTSE, etc.)

O servizo consiste en elaborar un informe que achegue aos nosos clientes información sobre as emisións derivadas da súa actividade normal, asesoramento sobre accións viables para limitar as emisións e información sobre axudas existentes para aplicar medidas de redución de emisións.

A partir da información achegada polo cliente, para cada fonte de emisión calcúlanse as emisións de GEI para a instalación. Unha vez calculadas as emisións desenvólvese, por parte do equipo de consultores, a debida análise para a detección de resultados anómalos que serán revisados co cliente, así como a comparativa fronte a valores de referencia (benchmarking). O proceso de desenvolvemento da pegada de carbono culmina co informe. O servizo inclúe presentación do informe e os resultados nas instalacións do cliente.