dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Iluminación Eficiente Led (IL)

Leds

 

Durante a última década, e grazas aos grandes avances na fabricación e tecnoloxía, o LED e o seu mercado avanzou a unha gran velocidade.

As nosas solucións permiten substituír instalacións iluminadas con sistemas convencionais por tecnoloxía LED, buscando sempre a opción que mellor se adapte ás necesidades dos usuarios destas.

As súas grandes vantaxes técnicas, como son a luz orientable e regulable, así como a súa excelente saturación de cores, fan que se trate dunha tecnoloxía cun grande abano de usos; o que unido á súa maior eficiencia, que permite aumentar o aforro fronte á tecnoloxía convencional, á súa vida extremadamente longa que reduce os tempos de reposición, a non necesitar mantemento, á posibilidade de diminuír a potencia instalada e sen esquecer as súas vantaxes medioambientais, diminuíndo tanto os residuos coma as emisións de CO2, convértena nunha solución ideal para a maioría das instalacións con consumo intensivo en iluminación.

A nosa compañía ofrece o servizo de Iluminación Eficiente Led tanto de Interior coma de Exterior. Este servizo inclúe: auditoría lumínica previa, asesoramento técnico integral, estudo de viabilidade técnico-económico personalizado, financiamento do investimento e solución chave en man.