dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Especialistas en enerxía

Deseñamos e propoñemos ofertas de subministración de gas natural e electricidade que se adapten ás necesidades enerxéticas da súa empresa.

Actividade comercial

Deseño e implantación de solucións orientadas á rendibilidade do cliente

A nosa compañía encabeza en número de clientes e vendas o mercado liberalizado de gas e electricidade en España, con máis de 214.000 GWh subministrados.

Esta capacidade de liderado débese tanto á rede comercial implantada en España e Portugal, con atención diferenciada e personalizada para cada tipo de cliente, como á proposta de valor integrada de electricidade, gas e outros servizos, que garanten solucións enerxéticas adecuadas ás necesidades de cada cliente.

Esta estratexia de éxito, fundamentada en estudos feitos en profundidade para detectar áreas de mellora concretas no consumo, deseño de solucións, metodoloxía e asesoramento personalizado, recolle máis de cen anos de experiencia e o mellor equipo de profesionais para o deseño e implantación de solucións orientadas á rendibilidade do cliente.

A nosa proposta de valor

Busca permanente de eficacia e eficiencia

A nosa proposta de valor baséase na orientación ao cliente, ao que se considera o principal grupo de interese. Das súas expectativas e necesidades, obtidas a partir do diálogo, o camiño estratéxico diríxese cara á satisfacción mediante a flexibilidade na oferta económica de gas e electricidade e a innovación permanente de servizos.

No conxunto de accións encamiñadas a esa satisfacción do cliente, encóntrase a optimización constante dos nosos procesos e sistemas, o que consolida a nosa posición de liderado como operador loxístico de gas e electricidade.

Ademais, a busca permanente de eficacia e eficiencia do noso equipo comercial mellora os nosos procesos, baixo o control da calidade de todas as actuacións a partir de plans anuais de calidade.

Modelo de Xestión Comercial

Políticas de información e formación no sector

O modelo de xestión comercial aséntase sobre o constante asesoramento na optimización de parámetros de contratación, a experiencia e coñecemento regulatorio, en beneficio da rendibilidade do cliente, e o uso de sistemas de análise de medidas de aforro de custos, derivado dun uso máis optimizado e intelixente da enerxía, asegurando e anticipando o cumprimento da lexislación.

Eses procesos articúlanse entre si a través de políticas de información e formación no sector. O pacto de comunicación co cliente inclúe o acceso directo á Oficina virtual para realizar calquera consulta ou xestión das súas facturas e consumos, e a información permanente ante calquera incidencia na subministración de enerxía a través da nova Liña de Atención Incidencias 24 horas: 902 125 003.

Xestión personalizada cun responsable de conta

Asesoramento personalizado

E, completando o compromiso de comunicación eficaz, o grupo dispón dun servizo de asesoramento personalizado sobre calquera tema relacionado coa enerxía e información precisa das fases do ciclo comercial mediante un único interlocutor. Este xestor persoal, achega a experiencia e coñecemento para o desenvolvemento e execución dos plans de mellora e optimización máis axeitados ás necesidades da súa empresa.