dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Asesoramento e xestión personalizada

Queremos dedicarlle toda a nosa enerxía para ofrecerlle unha atención exclusiva e personalizada, a través do mellor servizo e a máxima calidade.

Xestor personalizado

Asesoramento e xestión personalizada

A nosa compañía asignaralle un xestor de atención personalizada, que poderá realizar para vostede todas as xestións relacionadas co seu contrato de gas ou electricidade:

  • Buscará as mellores solucións para vostede e aconsellarao sobre os servizos que respondan mellor ás súas necesidades.
  • Informarao sobre o estado de altas, baixas e modificacións de puntos de subministración.
  • Coordinará a xestión para a posta en marcha das instalacións.
  • Manterao puntualmente informado e xestionará a resolución de posibles incidencias de facturación, reclamacións e datos de consumo.
  • Informarao sobre cambios regulatorios e de mercado que poidan afectar á súa subministración enerxética.

Asesoramento en optimización do consumo enerxético

Asesoramento e xestión personalizada
  • A nosa compañía ofreceralle a oferta máis adaptada a cada punto de subministración, así como información sobre as modificacións técnicas que sexa preciso adoptar para que as instalacións se axusten á normativa vixente ou contribúan a un maior aforro enerxético.
  • Así mesmo, se o desexa, asesorarémolo sobre axudas, subvencións ou actividades de promoción nos campos de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables, así como naqueles servizos que contribúan a unha economía baixa en carbono.

Teléfonos de atención ao cliente

Asesoramento e xestión personalizada
  • Para garantir que vostede está atendido, poñemos á súa disposición o noso teléfono de atención ao cliente: 900 100 264 (horario de 8 h a 20 h de luns a venres), onde poderá realizar calquera consulta relacionada co seu contrato de gas ou electricidade.
  • Ademais, na nosa compañía sabemos o importante que é hoxe en día para a súa empresa non perder un minuto de produtividade. Por iso, dispoñemos dunha liña 24 horas que lle permitirá estar informado en todo momento sobre a situación de incidencias na subministración de enerxía, no menor tempo posible e coa maior flexibilidade. Só terá que realizar unha chamada ao 900 100 264 e manterémolo informado a calquera hora.