dominio https://www.naturgy.es:443/servlet/
hilo navegacion-->NO

Xestión da facturación

Ofrecémoslle unha xestión personalizada a través da nosa Oficina Virtual de Grandes Clientes, con acceso a información e servizos preferentes.

Factura electrónica

Xestión da facturación

A nosa compañía ofrécelle a posibilidade de recibir as súas facturas en formato electrónico, para maior comodidade, con notificacións de aviso de dispoñibilidade de factura, vía correo electrónico, así como a opción de descargalas, coa garantía de autenticidade do emisor.

Poderá, así mesmo, consultar en calquera momento que o desexe, a través do seu espazo privado na Oficina virtual, as súas facturas emitidas.

Deste xeito, aforrará en tempo de recepción das súas facturas, contribuíndo ademais ao coidado do medio ambiente, debido á redución do consumo de papel.

Xestión unificada da facturación

Xestión da facturación

Estamos a traballar para poder ofrecerlle o servizo de "Factura Única", que lle permitirá a posibilidade de unificar as súas facturas nun único documento contable, podendo así agrupar as súas subministracións por distintas categorías.

Oficina Virtual

Xestión da facturación

Na nosa compañía poñemos á disposición dos nosos clientes as vantaxes da Oficina virtual onde, de se dar de alta gratuitamente, e de xeito rápido e sinxelo, poderá manter os seus datos actualizados, terá acceso a toda a información relacionada cos seus contratos enerxéticos, co detalle dos produtos e servizos incluídos, manter un seguimento das súas solicitudes, visualizar as súas facturas e obter información dos consumos realizados, así como a posibilidade de descargar as curvas de carga da subministración que desexe.