Urxencias e avarías

Se tes algún tipo de problema coa instalación eléctrica ou de gas, dispós dun Servizo de Atención de Urxencias continuo para solucionar os danos o máis rápido posible. Mandaremos un equipo de profesionais cualificado para solucionar a túa avaría.

Emerxencias de gas

Se a distribuidora da túa zona é Nedgia, chama ao teléfono gratuíto 900 333 999. Se non o é, encontra a distribuidora da túa zona aquí ou na listaxe oficial da CNE de empresas distribuidoras de gas natural.

900 333 999 Descargar listaxe de empresas

Lembra que o Servizo de Atención de Emerxencias non cobre a reparación da instalación de gas a partir da chave de acometida do edificio, agás que a devandita instalación sexa propiedade de Naturgy. No interior do negocio correspóndelle ao usuario manter a instalación en perfecto estado, así como facer un uso axeitado desta.

Emerxencias de electricidade

En caso de urxencia eléctrica, se a distribuidora da túa zona é UFD Distribución Electricidad, S.A. chama ao teléfono gratuíto 900 333 999. Se non o é, encontra a distribuidora da túa zona na listaxe oficial da CNE de empresas distribuidoras de electricidade.

900 333 999 Descargar listaxe de empresas

A empresa distribuidora eléctrica de cada zona é a responsable da calidade da subministración eléctrica, polo que deberás poñerte en contacto con ela se sofres algunha avaría ou falta de subministración. Ten en conta que as instalacións eléctricas do interior dos fogares son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría da instalación interior, pódese enviar un operario especializado para a reparación, pero os custos irán ao teu cargo.

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1615664474335

argssite - GNF