Alta ou baixa de luz ou gas

Axudámosche nas xestións do gas natural e a luz da túa empresa.

Goza do teu negocio dende o primeiro día!

 

Altas

Baixas

Toda a información para resolver as túas dúbidas
Altas de electricidade ou gas
Se non tes instalado o gas ou a electricidade
na oficina e queres darte de alta
 
 
  1. Solicita un instalador autorizado que te asesore e che faga un orzamento da instalación.
    Encontra centros instaladores na túa zona
     
  2. Contacta co noso teléfono gratuíto e solicita a alta de conexión de luz ou gas.

    Lun. a ven. de 8 a 22 h Sáb. de 9 a 14 h.

    Mercado libre luz e gas  900 333 555
    Mercado regulado luz e gas   
    900 29 29 29


Se xa tes conectado o gas ou a electricidade
na túa oficina ou local e queres darte de alta.


Só tes que chamar para contratar a tarifa de gas ou luz que necesites. Deberás elixir entre unha tarifa con descontos do mercado liberado ou unha tarifa de prezos fixados polo mercado regulado. Se tes dúbidas, consulta as preguntas frecuentes, ou chámanos e informarémoste.

Ven a Naturgy, todo son vantaxes!

Lun. a ven. de 8 a 22 h Sáb. de 9 a 14 h.

Mercado libre luz e gas  900 333 555
Mercado regulado luz e gas   
900 29 29 29


 

Formularios de solicitude
Consulta a documentación a presentar

Todo o que debes saber para dar de alta o gas ou a electricidade
  • Que opcións teño para contratar o gas natural cunha empresa comercializadora?

    A empresa comercializadora é distinta para o mercado libre e para o mercado regulado.
    Así que deberás elixir se queres contratar tarifas a prezo libre ou a prezos regulados pola Administración.

    Contrata unha tarifa a prezo libre con descontos coa empresa comercializadora Naturgy Servicios, chamando o teléfono gratuíto
    900 333 555.

    Contrata unha tarifa a prezos regulados pola Administración coa empresa Comercializadora Regulada Gas & Power SUR, S.A., chamando o teléfono gratuíto 900 29 29 29 para a luz e o gas.

    Ao contratar, asinarase unha autorización para que a empresa comercializadora correspondente solicite, no teu nome, a posta en servizo da instalación á empresa distribuidora da túa subministración.
  • Tipos de contratación que che ofrecemos:

    As tarifas reguladas pola Administración establecen un prezo de referencia (Tarifa de Último Recurso ou TUR) e non admiten descontos.
    As tarifas do mercado libre aplican descontos sobre os prezos que están referenciados ás Tarifas de Último Recurso (TUR). Ademais, no mercado libre, poderás beneficiarte de interesantes descontos e ofertas que mellorarán se contratas máis dunha subministración (gas e luz) ou algún servizo adicional.

    En Naturgy, ofrecémosche diferentes posibilidades, para que elixas a que máis che convén segundo as túas necesidades:

    Contrata as tarifas do mercado libre chamando o teléfono gratuíto 900 333 555.

    Contrata as tarifas do mercado regulado chamando o teléfono gratuíto 900 29 29 29 para a luz e o gas natural.

Como realizar o cesamento de subministración
Baixas de electricidade ou gas
 A realización do cesamento supón o corte de subministración e a retirada do contador ou a desconexión eléctrica.
 
Todo o que debes saber para dar de baixa o gas ou a electricidade.
  • Lembrámosche algúns puntos importantes para ter en conta ao realizar un cesamento de subministración

    O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. No caso contrario, deberás achegar unha autorización asinada, fotocopia do DNI ou NIE do solicitante, un documento que acredite o punto de subministración e o formulario de cesamento.

    Verifica se a túa subministración é de baixa, alta ou media tensión  O trámite é diferente en cada un dos casos.

  • Clasificación das subministracións segundo a tensión.

    Unha subministración clasifícase segundo se a tensión é baixa, alta ou media.

    Existe baixa tensión cando a tensión da liña á que se conecta é inferior a 1 kV.

    É alta ou media tensión cando a tensión da liña é superior a 1 kV.

    Se te conectas a unha liña de alta/media tensión, o centro de transformación é da túa propiedade. Se te conectas a unha liña de baixa tensión, o centro
    de transformación é propiedade da distribuidora.

    O primeiro que debes facer é consultar na factura ou no contrato o tipo de subministración que tes en función da tarifa de acceso contratada.

    Consulta todas as especificacións sobre a tensión e a subministración que tes contratada na seguinte ligazón.

Contactos para solicitar un cambio de nome
Cambio de titular