Servisolar - Naturgy - Negocios e autónomos

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

 servisolar

Coa luz solar a túa propia enerxía obterás

A enerxía solar fotovoltaica é o investimento máis rendible e segura para o teu negocio.

Solicita un estudo

 Ou se o prefires chámanos: 900 649 276

Axudámosche co financiamento da túa instalación fotovoltaica.
Descubre todas as vantaxes:
 Equipo servisolar completo: placas fotovoltaicas, inversor e equipo de monitorización.
 Instalación integral do equipo servisolar
 Tarifa Flexible Tri-horaria Supra Eco Luz
 Pago de excedentes.
 
A electricidade que respecta o medio ambiente

Resolvemos as túas dúbidas

  • Que é o autoconsumo de enerxía fotovoltaica?

    O autoconsumo fotovoltaico fai referencia á produción individual de electricidade para o propio consumo, utilizando paneis solares fotovoltaicos.

  • Que lexislación se aplica ao autoconsumo fotovoltaico?

    O día 5 de abril de 2019 publicouse oReal decreto 244/2019 polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo.

  • Que tipos de autoconsumo existen?

    No Real decreto defínense dous tipos de autoconsumo:

    • Individual: este é o caso das vivendas unifamiliares no que un só consumidor está asociado á instalación fotovoltaica.
    • Colectivo: este é o caso de comunidades de propietarios nos que varios consumidores están asociados á instalación fotovoltaica comunitaria.

    Que, á súa vez, poden acollerse a unha das seguintes modalidades de autoconsumo:

    • Sen excedentes: require que se instale un sistema antivertedura para asegurar que non se verten excedentes á rede. Unicamente é interesante nalgúns casos de autoconsumo colectivo para simplificar os permisos necesarios.
    • Con excedentes e con compensación: os excedentes non autoconsumidos compénsanse ao prezo da electricidade no mercado grosista menos os desvíos. Esta modalidade é a máis interesante para os clientes residenciais.
    • Con excedentes e sen compensación: os excedentes non autoconsumidos véndense no mercado grosista de electricidade. Só é interesante para consumidores que non poden acollerse á modalidade con compensación.

     

  • Cales son os compoñentes básicos dunha instalación fotovoltaica de autoconsumo?

    • Xeración: paneis fotovoltaicos. Xeran electricidade en continua.
    • Almacenamento: batería. Almacena os excedentes de xeración para a súa utilización en horas sen sol.
    • Inversor: converte a enerxía en continua xerada polos paneis/subministrada pola batería en enerxía en alterna para a súa utilización polo equipamento do fogar.

    En instalacións de autoconsumo individual non é necesario instalar ningún contador extra.

     

  • Podo desconectarme da rede eléctrica?

    Si que é posible desconectarse e converterse nunha instalación illada. A lei non impide que un usuario se desconecte da rede, pero non é recomendable facelo.

    Deseñar unha instalación fotovoltaica co obxectivo de illarse totalmente da rede implica sobredimensionar a instalación, co sobrecusto que isto leva consigo:

    • Hai que instalar máis paneis dos necesarios.
    • Hai que instalar máis módulos de batería dos necesarios para poder facer fronte a calquera imprevisto, por pouco probable que sexa, para non quedar sen subministración.

    Actualmente seguir conectado á rede é o mellor sistema para asegurar que o cliente non quede sen subministración en ningún caso. Cunha instalación de autoconsumo fotovoltaico ben dimensionada minimízase o consumo de rede que ademais se producirá en horas sen sol. Por este motivo, en Naturgy recomendamos a Tarifa Flexible Tri-horaria Supra Eco Luz, cun prezo máis barato en horas sen sol.

     

  • Existe un límite legal de paneis fotovoltaicos para instalar?

    A lexislación actual non impón ningún límite á cantidade de paneis fotovoltaicos para instalar. A potencia da instalación fotovoltaica pode ser superior á potencia contratada para o consumo de rede.

    Nos negocios, o límite virá dado polo espazo físico dispoñible para a instalación dos paneis.

  • Paga a pena unha instalación fotovoltaica?

    Si, para negocios cun consumo mínimo de 2.500 kWh/ano. Unha instalación fotovoltaica individual, ben dimensionada, consegue en negocios unhas rendibilidades por enriba do 10%, xa que a maior parte do consumo se realiza en horas de sol.

    Ademais hai que ter en conta outras vantaxes fiscais para o cliente:

    • Reducións do IBI de ata o 50% en moitos municipios españois.
    • Dispoñibilidade de subvencións municipais ou das comunidades autónomas para instalacións de autoconsumo ou reformas relacionadas coa eficiencia enerxética.

     

  • As instalacións fotovoltaicas están gravadas pola peaxe de respaldo (“imposto ao Sol”)?

    Non, dende outubro de 2018 derrogouse a peaxe de respaldo (coñecida como “imposto ao Sol) para instalacións de autoconsumo fotovoltaico.

  • Que é o autoconsumo fotovoltaico directo?

    O autoconsumo directo é o consumo que se dá no mesmo momento en que é xerado polos paneis fotovoltaicos.

    No caso dun negocio tipo, ao coincidir a maior parte do consumo coas horas de sol, o autoconsumo directo adoita estar no rango do 60%-70%.

  • Podo vender os excedentes?

    Os excedentes son a enerxía eléctrica producida pola instalación fotovoltaica e non autoconsumida. Se non se conta cun sistema antivertedura, estes excedentes vértense á rede eléctrica para ser utilizados polo resto de consumidores.

    Na modalidade de autoconsumo con excedentes e con compensación, os excedentes non autoconsumidos retribúense ao cliente na factura de electricidade.

    Non é un balance neto, senón unha facturación neta, xa que os excedentes se pagan a un prezo menor ao da enerxía consumida da rede, porque só se compensa o custo da enerxía e non se compensan outros custos, como as peaxes de acceso.

    Ademais, en cada factura, o pagamento dos excedentes pode ser superior ao importe do termo da enerxía consumida da rede.

    Por este motivo, sempre é máis vantaxoso para o cliente incrementar a porcentaxe de autoconsumo directo (ou de autoconsumo mediante baterías) que incrementar a cantidade de excedentes vertida á rede.

  • Necesito instalar un novo contador?

    En instalacións de autoconsumo individual non é necesario instalar ningún contador extra.

    Ademais, na maioría de negocios con potencia contratada ata 15 kW non é necesario cambiar o contador existente, xa que dispoñen de contador telexestionado. Estes contadores son bidireccionais, é dicir, son capaces de medir tanto a enerxía demandada á rede coma a enerxía vertida á rede.
    En negocios con potencia contratada superior a 15 kW, é posible que se necesite cambiar o contador existente a un telexestionado.

  • Cando empezarán a pagarme polos excedentes?

    O pagamento dos excedentes require que a instalación estea legalizada e o contrato de electricidade teña asociada a modalidade de autoconsumo “con excedentes acollida a compensación”.

    Nós ocupámonos de todos os trámites coa túa distribuidora de electricidade para que modifique a modalidade do teu contrato e poidas empezar a recibir o pagamento dos excedentes en factura o antes posible. Informarémoste en todo momento dos avances na tramitación destes cambios.

  • Como legalizo a miña instalación de autoconsumo?

    Para legalizar a túa instalación de autoconsumo só has de asegurarte de que tes o CIE (Certificado de Instalación Eléctrica) da túa instalación fotovoltaica rexistrado na túa comunidade autónoma.

    Ademais, para poder inscribir a túa instalación na modalidade de autoconsumo "con excedentes acollida a compensación" e poder recibir o pagamento polos excedentes vertidos á rede, necesitarás asinar o Contrato de compensación de excedentes:

    • Aínda que o produtor e o consumidor sexan a mesma persoa (física ou xurídica) é necesario que se asine este contrato.
    • Podes descargar un modelo do contrato aquí.

    Os nosos instaladores encargaranse de todo, pero, se xa tes a instalación feita, pódenos enviar o Certificado de Instalación Eléctrica e o Contrato de Compensación de Excedentes ao seguinte enderezo de correo: autoconsumoNI@naturgy.com.
  • Necesitas máis información?

    Se necesitas máis información sobre o proceso para poder contratar o autoconsumo connosco, déixanos os teus datos e chamámosche  o chámanos o 900 649 276

rgpdactive true

argssite - GNF