Normas técnicas de Compromiso Seguridade e Saúde

As Empresas Colaboradoras de Gas Natural Fenosa teñen establecido, como estratexia global e irrenunciable no desenvolvemento das súas actividades, o estrito respecto aos parámetros fixados no Plan Compromiso coa Seguridade e a Saúde no traballo.

Por iso, comprométense a coñecer, dar a coñecer os seus traballadores directos ou de empresas colaboradoras, executar e facilitar o desenvolvemento da normativa e os procedementos que conforman o Plan Compromiso coa Seguridade e Saúde.

Os documentos en materia de Seguridade e Saúde asociados ao nivel de risco indicado no Prego de Condicións Particulares/Pedido (documento que forma parte da documentación contractual) pódense consultar nos seguintes enlaces:

Programa de Observación preventiva de Seguridad (OPS)

Táboa de documentos 03_Programa_Observacion_preventiva_Seguridad_OPS
Nome do informe Descrición Arquivos

Reflicte os requirimentos mínimos nos que se deben basear os programas de Observación Preventiva de Seguridade.

Programa deseñado para incrementar o nivel de conciencia sobre os comportamentos inseguros e promover a adopción de comportamentos seguros no traballo a través da identificación, observación, comunicación e o compromiso individual de cada traballador coa Seguridade e Saúde.

Estándar de Seguridad y Salud: Control Previo, Inspecciones Documentadas y Reuniones Coordinación con EECC

Táboa de documentos 04_Estandar_Seguridad_Salud_Control_Previo
Nome do informe Descrición Arquivos

Define como se realiza o control previo, as inspeccións documentadas e reunións de coordinación con Empresas Colaboradoras para garantir que os traballos cumpren os requirimentos de seguridade e saúde.

Establece os procesos adecuados para que os traballos executados por Gas Natural Fenosa, ben con persoal propio ou con persoal de Empresas Colaboradoras, cumpran con todos os requirimentos de seguridade e saúde que esixe a lexislación e aqueles que Gas Natural Fenosa se impuxo libremente.

Proceso de comunicación, investigación y seguimiento de accidentes e incidentes

Táboa de documentos 05_Proceso_comunicacion_investigacion_seguimiento_accidentes
Nome do informe Descrición Arquivos

Establece as actuacións por desenvolver en relación con todo o proceso de xestión da accidentabilidade

Establece as actuacións por desenvolver por Gas Natural Fenosa en relación con todo o proceso de xestión da accidentabilidade, incluída a notificación, clasificación, investigación, seguimento e verificación de adopción de medidas correctoras, así como a análise estatística e comunicación de leccións aprendidas de todos os accidentes e incidentes.

Clasificación de incidentes

Estándar de Seguridad y Salud: Régimen sancionador aplicable a empresas contratistas

Táboa de documentos 07_Estandar_Seguridad_Salud_Regimen_sancionador
Nome do informe Descrición Arquivos

Define os criterios do réxime sancionador ás empresas contratistas de Gas Natural Fenosa

Define o réxime sancionador ás empresas colaboradoras de Gas Natural Fenosa derivado do incumprimento dos requisitos e condicións de Seguridade e Saúde establecidos ou que se establecerán nas relacións contractuais entre a compañía e as empresas colaboradoras.

08_Orientacion_informacion_Empresas_Colaboradoras

Táboa de documentos 08_Orientacion_informacion_Empresas_Colaboradoras
Nome do informe Descrición Arquivos

Establece accións a desenvolver para a transmisión do Compromiso de Seguridade e Saúde de Gas Natural Fenosa as Empresas Colaboradoras

Este estándar ten como obxectivo a concienciación e sensibilización en materia de Seguridade e Saúde a todas as persoas das Empresas Colaboradoras que colaboran con Gas Natural Fenosa, para iso definíronse dous tipos de accións:

• TALLER DE LIDERADO, que ten o dobre obxectivo da transmisión dos conceptos fundamentais do Compromiso de Seguridade e Saúde de Gas Natural Fenosa e que as Empresas Colaboradoras elaboren o seu propio plan para implantar nas súas organizacións e que sexa compartido connosco.

• TALLER DE SENSIBILIZACIÓN, cos obxectivos de MOTIVAR a todos os empregados das Empresas Colaboradoras a formar parte activa do proxecto de Seguridade e Saúde, e DESENVOLVER as capacidades dos traballadores para traballar en equipo para RECOÑECER, CORRIXIR E PREVIR as condicións inseguras, os actos inseguros.
 

09_Oficinas

Táboa de documentos 09_Oficinas
Nome do informe Descrición Arquivos

Define as pautas de conduta que se van seguir nas oficinas de Gas Natural Fenosa para mellorar a seguridade.

Define unha serie de pautas de condutas que se van seguir no traballo en áreas de oficina co obxecto de alertar dos riscos e definir un marco de referencia que contribúa a mellorar a seguridade individual e colectiva nos centros de traballo.

10_Senalizacion

Táboa de documentos 10_Senalizacion
Nome do informe Descrición Arquivos

Establece as disposicións en materia de sinalización de seguridade e saúde nos lugares de traballo

Establece as disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo, das áreas de traballo, locais, vías, zonas de tránsito, perigos derivados da actividade ou da propia instalación e dos medios de protección, emerxencia, socorro e salvamento nos lugares de traballo, co fin de salvagardar a seguridade e saúde dos traballadores.

11_Trabajos_baja_tension

Táboa de documentos 11_Trabajos_baja_tension
Nome do informe Descrición Arquivos

Establece os criterios para a execución de traballos en instalacións eléctricas de baixa tensión.

Establece o marco xeral de criterios para a execución de traballos en instalacións eléctricas de baixa tensión en todas as empresas do grupo e naquelas nas que se teña responsabilidade na súa operación e/ou xestión.

12_Descargo_instalaciones

13_Atmosferas_explosivas

Táboa de documentos 13_Atmosferas_explosivas
Nome do informe Descrición Arquivos

Define as condicións mínimas de seguridade en instalacións con atmosferas explosivas.

Establece as condicións mínimas de seguridade para preservar a integridade das persoas e as instalacións que poidan verse expostas aos riscos derivados da presenza de atmosferas explosivas na zona de traballo.

14_Evaluacion

Táboa de documentos 14_Evaluacion
Nome do informe Descrición Arquivos

Establece os criterios de valoración periódica de empresas colaboradoras de forma obxectiva e homoxénea segundo o seu comportamento en seguridade e saúde.

Este estándar ten como obxectivo definir os mecanismos que permiten medir, controlar e xestionar a mellora continua no desempeño en seguridade e saúde das empresas colaboradoras, clasificadas dentro das familias de compras con criticidade de riscos en materia de seguridade e saúde.