LogoHomeNaturgy

POLÍTICA DE PRIVACIDADE 


I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO 

NATURGY NUEVAS ENERGÍAS, S.L.U. (en diante, Naturgy), con domicilio en Av. de América, n.º 38, 28028, Madrid, e con NIF B-88263249, é a entidade 
responsable do tratamento dos seus datos persoais.

 

II. DATOS PERSOAIS QUE TRATAMOS

II.1. Orixe dos datos persoais que tratamos

Os datos persoais que son tratados por Naturgy poden provir das seguintes fontes: 

  • Datos achegados por vostede (p. ex. nome, apelidos, DNI, teléfono, correo, IBAN etc.).

  • Datos observados por Naturgy ou xerados como consecuencia do desenvolvemento, a tramitación e o mantemento da relación iniciada entre vostede e Naturgy (p. ex., produtos contratados, consumos efectuados etc.).

  • Datos procedentes de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, de información pública ou de fontes de acceso público (p. ex., información procedente de rexistros públicos, catastro, diarios e boletíns oficiais etc.).

II.2. Categorías dos datos persoais que tratamos

Naturgy poderá chegar a tratar datos persoais de diferentes tipoloxías, en función da finalidade á que se vaian destinar: 

  • Datos identificativos e de contacto, como por exemplo, nome e apelidos, DNI, pasaporte ou NIE, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, enderezo IP, sinatura manuscrita ou electrónica, voz (p. ex., gravación de comunicacións telefónicas) e imaxe.

  • Datos dos vehículos: matrícula, modelo, situación e xeolocalización.

  • Datos de usuario e contrasinal para rexistro e acceso a apps ou plataformas web de Naturgy.

  • Datos económicos e financeiros como, por exemplo, número de conta bancaria de domiciliación, cantidades debidas a Naturgy etc.

  • Datos de produtos e servizos contratados como, por exemplo, a tipoloxía de produtos e servizos contratados, números de contrato, tarxeta de recarga asignada etc.

  • Datos das cargas realizadas: localización das estacións nas que repón, detalles das cargas (día, hora e tarxeta asignada (se procede), tipo de combustible, cantidade reposta, importe e modo de pagamento), historial de facturación, consultas, peticións e reclamacións realizadas, así como calquera outra información asociada a estes contratos.

  • Datos profesionais, como por exemplo, actividade profesional, entidade na que traballa, cargo, pertenza a asociacións, grupos profesionais ou outras organizacións.

  • Datos de navegación e de uso das canles dixitais de Naturgy (cando o consentise), datos de xeolocalización e outros recollidos a través do uso das apps ou dispositivos de Naturgy (cando o autorizase habilitando os permisos correspondentes na app de Naturgy que os requira, ou cando o consentise doutro xeito).


II. FINALIDADE DO TRATAMENTO, BASE LEGAL, DESTINATARIOS E PRAZO DE CONSERVACIÓN

No cadro que se achega a continuación, encontrará a seguinte información para cada un dos tratamentos de datos realizados por Naturgy:

  • Finalidade do tratamento: motivo polo que Naturgy trata os seus datos persoais.

  • Base xurídica: base legal que permite o tratamento dos seus datos persoais por parte de Naturgy para cada unha das finalidades descritas. Cando a base sexa o seu consentimento, significa que os seus datos soamente serán tratados con esa finalidade cando vostede previamente manifeste, mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, a súa conformidade co devandito tratamento, en cuxo caso vostede terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo, se así o desexa. Cando a base sexa o interese lexítimo, Naturgy realizará un xuízo de ponderación entre 
    o interese lexítimo perseguido e os seus intereses ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, no que conclúe que o primeiro prevalece sobre os segundos. 
    Vostede pode solicitar máis información sobre o devandito xuízo de ponderación dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos a través das canles indicadas nesta Política de Privacidade. Así mesmo, recordámoslle que vostede ten dereito a opoñerse a calquera tratamento dos seus datos persoais que estea baseado no interese lexítimo, e poderá exercitar o devandito dereito a través das canles que se indican nesta Política de Privacidade.

  • Destinatarios: aqueles terceiros aos que, se é o caso, poderían comunicarse os seus datos persoais, e o motivo da devandita comunicación. Con carácter xeral, para calquera das finalidades que se describirán neste Apartado III, Naturgy terá que comunicar os seus datos persoais a aqueles terceiros aos que por mandato legal estea obrigada a entregárllelos. Por outra banda, tamén poderán ter acceso aos seus datos persoais algúns provedores e fornecedores de servizos contratados por Naturgy para que, en calidade de encargados do tratamento, o asistan na consecución da finalidade do 
    tratamento correspondente. Os devanditos provedores actuarán suxeitos a un contrato de encarga do tratamento para garantir o cumprimento legal en materia de protección de datos de carácter persoal.

  • Prazo de conservación: prazo durante o cal Naturgy tratará os seus datos persoais. Non obstante, conforme o disposto na lexislación aplicable, os seus datos poderán permanecer bloqueados posteriormente para a súa posta á disposición de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas.


A. CANDO VOSTEDE ADQUIRE A CONDICIÓN DE CLIENTE

Os seus datos persoais poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades que se describirán a continuación, algunhas das cales só terán lugar se vostede prestou o seu consentimento, o cal se lle solicita xeralmente no momento de contratar. Naturgy poderá seguir tratando os seus datos para algunhas das finalidades descritas aínda cando vostede finalice a súa condición de cliente, tal e como se desprende do apartado “Prazo de Conservación”:


 

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar a súa solicitude de 
contratación
da subministración de 
gas natural vehicular ou 
recarga eléctrica.

A execución do contrato asinado con vostede ou a aplicación por petición súa 
de medidas precontractuais.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que 
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que se complete o proceso de contratación. 
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola 
lexislación.

Para poder levar a cabo o proceso de 
contratación da subministración de GNV ou de 
recarga eléctrica, solicitaránselle 
algúns datos que son imprescindibles 
para tal fin, polo que non poderemos 
xestionar a súa solicitude e informalo 
do estado desta no caso de non 
os facilitar.

O mantemento, desenvolvemento 
e xestión da relación 
contractual
(p. ex., facturación, 
atención ao cliente, xestión de 
reclamacións etc.).

A execución do contrato asinado con vostede.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que 
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Os datos persoais conservaranse mentres subsista a relación contractual para a que foron solicitados.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola 
lexislación.

Aqueles datos que se identifiquen como 
obrigatorios durante o proceso de 
contratación son necesarios para poder completar a contratación do produto/servizo, polo que non 
poderemos xestionar a súa contratación no 
caso de non os facilitar.

Remitirlle comunicacións 
informativas
relacionadas co 
produto ou servizo 
contratado, ou sobre a súa relación 
contractual con Naturgy (p. ex., 
información explicativa da súa 
factura, información sobre 
puntos de recarga, posibilidade 
de realizar xestións a través 
da app, campañas de
actualización dos seus datos 
etc.). 
Non son comunicacións 
comerciais.

O interese lexítimo de Naturgy de informar os seus clientes sobre aspectos relacionados cos produtos ou servizos que teñen contratados, ou 
sobre aspectos da súa relación contractual con Naturgy.
Estímase que todo cliente ten unha expectativa razoable de ser informado sobre tales aspectos relativos 
á súa relación con Naturgy.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que 
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes 
eventos:
(i) Finalice a relación contractual 
entre Naturgy e vostede.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de 
oposición.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos 
seus datos con esta finalidade en calquera 
momento e de forma gratuíta, dirixindo 
a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio dos 
dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Analizar os consumos que 
vostede realiza nas estacións 
de recarga
para estimar os 
prezos globais das 
estacións.

O interese lexítimo de Naturgy en determinar os prezos globais máis axeitados.
Non se aprecia prexuízo ningún derivado para vostede deste tratamento, e 
estímase que vostede ten unha expectativa razoable sobre o tratamento dos seus datos para esta finalidade.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que 
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos persoais con esta finalidade (i) mentres sexa titular dun contrato de subministración e (ii) mentres sexa requirido para analizar e estimar os prezos 
globais.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola 
lexislación.

Para realizar este tipo de análise, Naturgy utilizará exclusivamente a información sobre vostede da que dispón como consecuencia do seu contrato de subministración de GNV ou de recarga eléctrica, tales como os datos identificativos e de contacto, datos dos vehículos e datos das cargas realizadas. Estes datos  obtéñense mediante os dispositivos de telemedida. 
Os datos analizados non serán 
completados con información procedente doutras fontes distintas.
Para realizar este tipo de análise, Naturgy utilizará exclusivamente a información sobre vostede da que dispón como consecuencia do seu contrato de subministración de GNV ou de recarga eléctrica, tales como os datos identificativos e de contacto, datos dos vehículos e datos das cargas realizadas. Estes datos obtéñense mediante os dispositivos de 
telemedida 
. Os datos analizados non serán completados con información procedente doutras fontes distintas.
A realización do seu perfil básico non implicará a adopción de ningunha decisión que produza efectos xurídicos sobre vostede ou o afecte significativamente de xeito semellante, o que non implica, en ningún 
caso, que a vostede se lle impida contratar 
calquera produto ou servizo de Naturgy.
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos 
seus datos con esta finalidade en calquera 
momento e de forma gratuíta, dirixindo 
a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio dos dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Elaborar un perfil complexo
sobre vostede con fins 
comerciais
.

O consentimento outorgado por vostede.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que 
subscribísemos os correspondentes contratos.

Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o consentimento outorgado.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola 
lexislación.

Os seus datos soamente serán tratados con 
esta finalidade cando vostede dese 
previamente o seu consentimento.
Confeccionar un perfil complexo sobre 
vostede implica a realización de análises 
máis elaboradas que permiten a Naturgy 
ter un maior coñecemento sobre os seus 
hábitos e circunstancias persoais para, 
deste xeito, facer predicións que  supoñemos máis precisas sobre as súas 
necesidades ou preferencias en relación 
co tipo de produtos e servizos 
comercializados por Naturgy.
Para elaborar un perfil complexo sobre 
vostede, Naturgy utilizará non soamente os 
datos achegados por vostede e aqueles 
datos observados por Naturgy ou 
xerados como consecuencia do 
desenvolvemento, tramitación e mantemento 
da relación iniciada entre vostede e 
Naturgy, senón tamén datos procedentes 
do resto de fontes enumeradas no 
apartado II.1 desta Política de 
Privacidade.
Os datos que poden ser tratados con 
esta finalidade, e obtidos de calquera 
das fontes citadas, poden 
pertencer a calquera das categorías 
enumeradas no apartado II.2 desta 
Política de Privacidade, e estarán referidos 
como máximo aos 3 últimos anos.
Non se tratarán categorías especiais de 
datos (relixión, ideoloxía, saúde etc.).
Polo tanto, na elaboración dun 
perfil complexo, Naturgy poderá ter en 
conta información que lle permitirá 
coñecer algúns dos seus hábitos de 
conduta que son de interese para 
Naturgy (p. ex., localización das estacións nas 
que repón, detalles das cargas por día, 
hora e tarxeta asignada (se procede), tipo 
de combustible, cantidade reposta, 
importe e modo de pagamento).
A análise de toda esta información 
permite a Naturgy ofrecerlle non 
 
soamente información comercial xeral sobre os seus produtos e servizos, senón 
información comercial que supoñemos 
moito máis adaptada ás súas circunstancias 
e hábitos de conduta (p. ex., prezos axeitados aos seus hábitos de consumo e 
recarga).
Por todo iso, Naturgy unicamente 
realizará este tipo de perfilado complexo cando conte co seu consentimento expreso, que vostede poderá retirar en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de 
dereitos sobre protección de datos, se 
indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede por calquera 
medio, mesmo por
correo electrónico ou outro 
medio de comunicación 
electrónica equivalente,
para facerlle chegar
comunicacións comerciais 
referentes a produtos ou 
servizos de Naturgy
que sexan 
similares aos que xa ten 
contratados.

O interese lexítimo de Naturgy de ofrecer aos seus clientes outros produtos ou servizos 
de Naturgy.
E cando a devandita comunicación se realice por correo electrónico ou outro medio de 
comunicación electrónica equivalente, basearase no disposto no artigo 21.2 
da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e 
de comercio electrónico, que exime a Naturgy de obter o seu consentimento para o envío destas comunicacións.
Dada a relación contractual existente entre Naturgy e vostede, estímase que vostede 
ten unha expectativa razoable de recibir este tipo de comunicacións comerciais.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do 
tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes 
eventos:
(i) Finalice a relación contractual entre Naturgy e vostede.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola 
lexislación.

Para facerlle chegar estas comunicacións 
comerciais, Naturgy utilizará os seus datos 
identificativos e de contacto.
Cando Naturgy lle remita estas 
comunicacións por medios electrónicos, 
ofreceralle en cada unha delas a 
posibilidade de manifestar a súa oposición 
a seguir recibíndoas.
E, en calquera caso, vostede poderá 
opoñerse ao tratamento dos seus datos con 
esta finalidade en calquera momento e de 
xeito gratuíto, dirixindo a súa solicitude a 
calquera dos enderezos que, para o 
exercicio de dereitos sobre protección de 
datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.

Contactar con vostede por calquera 
medio, mesmo por correo 
electrónico ou outro medio de 
comunicación electrónica 
equivalente, para facerlle 
chegar comunicacións 
comerciais referentes a 
produtos ou servizos de 
terceiros colaboradores de 
Naturgy, ou referentes a 
produtos ou servizos de 
Naturgy, aínda que non sexan 
similares aos que xa ten 
contratados
, mesmo despois
de finalizar a relación 
contractual.

O consentimento outorgado por vostede.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do 
tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o 
consentimento outorgado ou se opoña ao tratamento dos seus datos con esta finalidade.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola 
lexislación.

Os seus datos soamente serán tratados con 
esta finalidade cando vostede dese 
previamente o seu consentimento.
Estas comunicacións comerciais 
remitidas por Naturgy poden referirse a 
calquera produto e servizo de 
Naturgy, e tamén a produtos e 
servizos doutras entidades coas que 
Naturgy teña acordos de colaboración, 
pertencentes aos sectores de actividade 
que aparecen enumerados na seguinte 
ligazón: www.naturgy.es/sectores
Para facerlle chegar estas comunicacións 
comerciais, Naturgy utilizará os seus datos 
identificativos e de contacto.
Así mesmo, Naturgy poderá servirse do 
perfil básico para definir o contido 
destas comunicacións comerciais.
Cando Naturgy lle remita estas 
comunicacións por medios electrónicos, 
ofreceralle en cada unha delas a 
posibilidade de manifestar a súa oposición 
a seguir recibíndoas.
E, en calquera caso, vostede ten dereito 
a retirar o seu consentimento ou opoñerse 
ao tratamento dos seus datos con esta 
finalidade en calquera momento e de 
xeito gratuíto, dirixindo a súa solicitude a 
calquera dos enderezos que, para o 
exercicio de dereitos sobre protección de 
datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.

Comunicar os seus datos 
persoais a empresas do 
Grupo Naturgy e outras 
entidades
coas que 
teñamos acordos de 
colaboración, para que lle poidan 
enviar, mesmo por medios 
electrónicos, comunicacións 
comerciais relativas aos seus 
produtos e servizos.

O consentimento outorgado por vostede.

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade ata 
que vostede revogue o 
consentimento outorgado ou se 
opoña ao tratamento dos seus 
datos con esta finalidade.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Para facerlle chegar estas comunicacións 
comerciais, Naturgy utilizará os seus datos 
identificativos e de contacto.
Así mesmo, Naturgy poderá servirse do 
perfil básico para definir o contido 
destas comunicacións comerciais.
Cando Naturgy lle remita estas 
comunicacións por medios electrónicos, 
ofreceralle en cada unha delas a 
posibilidade de manifestar a súa oposición 
a seguir recibíndoas.
E, en calquera caso, vostede poderá 
opoñerse ao tratamento dos seus datos con 
esta finalidade en calquera momento e de 
xeito gratuíto, dirixindo a súa solicitude a 
calquera dos enderezos que, para o 
exercicio de dereitos sobre protección de 
datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.

Xestionar os impagos e o 
cobramento de débedas
(no caso de
que se produza algún impago por 
parte de vostede).

O interese lexítimo de Naturgy 
en buscar vías para 
garantir que se respecten os seus dereitos contractuais e 
así facer efectivo o cobramento dos 
importes que lle son 
debidos.
Consideramos que calquera 
cliente ten unha expectativa 
razoable de que lle sexan 
reclamados aqueles 
importes que deba a 
Naturgy polos produtos ou 
servizos contratados.

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade mentres  sexan necesarios para a finalidade 
descrita.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

 

Poñerse en contacto con vostede para 
coñecer o seu grao de 
satisfacción e calidade do 
servizo recibido
en relación 
coa súa instalación ou punto de 
subministración. Pode requirir a 
gravación da chamada que, 
se é o caso, se realice.

O interese lexítimo de Naturgy
en avaliar a calidade do 
servizo ofrecido, tanto pola 
propia Naturgy como por 
aqueles colaboradores ou 
terceiros cos que traballa 
en relación cos devanditos 
servizos, por ser 
fundamental para garantir uns estándares de calidade 
adecuados.
Naturgy considera que, ao 
recibir un servizo por parte de 
Naturgy, vostede ten unha 
expectativa razoable de ser 
consultado a este respecto.

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará 
e tratará os seus datos con esta 
finalidade ata que aconteza o 
primeiro dos seguintes 
eventos:
(i) Vostede deixe de ser titular dun 
punto de subministración.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de 
oposición
. Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

A resposta a estas enquisas será 
sempre voluntaria. 
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos 
seus datos con esta finalidade en calquera 
momento e de forma gratuíta, dirixindo 
a súa solicitude a calquera dos 
enderezos que, para o exercicio de 
dereitos sobre protección de datos, se 
indican nesta Política de Privacidade.

Xestionar o seu rexistro como 
usuario na aplicación 
Naturgy Vehicular
ou Easy 
Recarga cando vostede o 
solicitase), o que lle permitirá 
acceder a ela e usar 
as funcionalidades que 
ofrece.

O consentimento ofrecido 
por vostede ao darse de alta a 
través da aplicación móbil.

Poderán ter acceso aos seus 
datos os fornecedores de 
servizos e provedores de 
Naturgy, en calidade de 
encargados do tratamento, 
cos que subscribísemos 
os correspondentes 
contratos para poder 
cumprir a finalidade 
antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade ata 
que aconteza o primeiro dos 
seguintes eventos:
(i) Vostede xestione a súa baixa como 
usuario de Naturgy Vehicular ou 
de Easy Recarga.
(ii) Vostede retire o seu 
consentimento ou, 
posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Aqueles datos que aparezan marcados 
como obrigatorios no correspondente 
formulario de rexistro son necesarios 
para poder xestionar axeitadamente o seu 
rexistro como usuario, polo que non 
poderá rexistrarse no caso de non 
facilitalos.
Naturgy soamente destinará a esta finalidade os datos facilitados por vostede 
durante o seu proceso de rexistro na Área 
Privada.
Vostede ten dereito a retirar o seu 
consentimento en calquera momento e 
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude
a calquera dos enderezos que, para 
o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.
A revogación do devandito consentimento 
implicará a imposibilidade de seguir 
sendo usuario da Área Privada de 
Naturgy, o cal lle impide acceder a 
esta e facer uso das funcionalidades 
que ofrece.

 
 
B. CANDO VOSTEDE CONTACTA CON NATURGY CON DIFERENTES FINS

En ocasións, vostede, xa for titular dun contrato, de subministración de GNV ou de recarga eléctrica ou non, pode dirixirse a Naturgy para solicitar información, orzamentos, formular consultas, participar en promocións organizadas por Naturgy, ou ben interactuar ou realizar outras xestións varias con Naturgy á marxe da existencia ou non dunha relación previa contractual ou doutro tipo con Naturgy, polo que nos facilita para tal efecto algúns dos seus datos persoais. Os devanditos datos poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades descritas a continuación:


FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar e atender a 
petición, consulta, 
solicitude de 
información ou
requirimento 
efectuado por vostede

Naturgy, non relacionado 
cun contrato 
previamente asinado 
con Naturgy ou coa 
titularidade previa dun 
contrato ou servizo.

O consentimento 
outorgado por vostede ao 
realizar a devandita petición,
consulta ou requirimento
a través dalgunha das 
canles habilitadas por 
Naturgy para tal efecto.

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará 
e tratará os seus datos con esta 
finalidade ata que aconteza o
primeiro dos seguintes 
eventos:
(i) Finalice a xestión da súa 
petición ou consulta.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou 
revogue o consentimento 
outorgado.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Os datos que serán tratados por Naturgy
con esta finalidade son aqueles facilitados 
por vostede con ocasión da petición,
consulta ou requirimento 
correspondente.
Vostede ten dereito a retirar o seu 
consentimento en calquera momento e 
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude 
a calquera dos enderezos que, para 
o exercicio de dereitos sobre protección 
de datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.
A revogación do devandito consentimento 
implica a renuncia a que sexa atendida a 
súa petición ou consulta.

Xestionar a 
organización e 
o desenvolvemento,
ata a súa 
conclusión, dos 
seminarios, 
conferencias, accións 
formativas ou lúdicas, e 
outros eventos
(no 
sucesivo, o ‘Evento’’)
de Naturgy nos que 
vostede se inscribise.
Pode incluír, se é 
o caso, a emisión dos 
correspondentes 
certificados de 
asistencia.

O consentimento 
outorgado por vostede ao 
inscribirse no Evento.

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade ata 
que aconteza o primeiro dos 
seguintes eventos:
(i) Transcorresen tres (3) 
meses dende a conclusión do 
Evento.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou 
revogue o consentimento 
outorgado.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Os datos que serán tratados por Naturgy
con esta finalidade son aqueles que vostede 
facilite no momento de inscribirse no 
Evento.
Aqueles datos que aparezan marcados 
como obrigatorios no correspondente 
formulario de inscrición son necesarios 
para poder xestionar axeitadamente a súa 
participación no Evento, polo que non
poderá inscribirse no caso de non 
os facilitar.
Vostede ten dereito a retirar o seu 
consentimento en calquera momento e 
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude 
a calquera dos enderezos que, para 
o exercicio de dereitos sobre protección 
de datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.
A revogación do consentimento 
outorgado ao inscribirse implicará a 
renuncia a participar no Evento.

Xestionar a 
organización e
o desenvolvemento, ata a súa 
conclusión, da 
promoción, concurso, 
sorteo ou similar
(no 
sucesivo, a 
"Promoción’") de 
Naturgy na que vostede 
se inscribise.
En 
particular, para
identificar os usuarios 
participantes, 
seleccionar os 
gañadores e xestionar a 
entrega do premio a 
estes últimos.

O consentimento 
outorgado por vostede ao 
inscribirse na 
Promoción.

Poderán ter acceso aos seus 
datos os fornecedores de 
servizos e provedores de 
Naturgy, en calidade de 
encargados do tratamento, 
cos que subscribísemos 
os correspondentes 
contratos para poder 
cumprir a finalidade 
antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade ata 
que aconteza o primeiro dos 
seguintes eventos:
(i) Transcorresen tres (3) 
meses dende a conclusión da 
Promoción.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou 
revogue o consentimento 
outorgado.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Os datos que serán tratados por Naturgy
con esta finalidade son aqueles que vostede 
facilite no momento de inscribirse na 
Promoción.
Aqueles datos que aparezan marcados 
como obrigatorios no correspondente 
formulario de inscrición son necesarios 
para poder xestionar axeitadamente a súa 
participación na Promoción, polo que non
poderá inscribirse no caso de non 
os facilitar.
Vostede ten dereito a retirar o seu 
consentimento en calquera momento e 
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude 
a calquera dos enderezos que, para 
o exercicio de dereitos sobre protección 
de datos, se indican nesta Política de 
Privacidade.
A revogación do consentimento 
outorgado ao inscribirse implicará a 
renuncia a participar na Promoción.

Utilizar as imaxes e 
voz tomadas sobre a súa 
persoa
, para difundir 
os Eventos ou
Promocións 
organizados por 
Naturgy en medios 
públicos ou privados, 
mesmo redes sociais,
coa publicación das 
imaxes ou voz 
captados durante a 
súa realización.

O consentimento 
outorgado por vostede.

A súa imaxe e voz poderán ser 
obxecto de reprodución, 
difusión ou comunicación a 
terceiros, nos termos que 
en cada caso lle 
informen ao inscribirse no 
Evento ou Promoción 
correspondente.
Tamén poderán ter 
acceso aos seus datos 
persoais os fornecedores 
de servizos e provedores de 
Naturgy, en calidade de 
encargados do tratamento, 
cos que subscribísemos 
os correspondentes 
contratos para poder 
cumprir a finalidade 
antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade ata 
que vostede revogue o seu 
consentimento ou solicite a súa 
supresión. 
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Vostede ten dereito a retirar o seu 
consentimento en calquera momento, 
dirixindo a súa solicitude a calquera dos 
enderezos que, para o exercicio de 
dereitos sobre protección de datos, se 
indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede 
para coñecer o seu grao 
de satisfacción co 
servizo recibido
, ou co 
Evento ou a 
Promoción nos que 
participase.

O interese lexítimo de 
Naturgy en avaliar a 
calidade dos servizos 
ofrecidos, tanto pola 
propia Naturgy como por 
aqueles colaboradores ou 
terceiros cos que 
traballa en relación cos 
devanditos servizos, por ser 
fundamental para 
garantir uns
estándares de calidade 
adecuados.
Consideramos que, ao 
facer uso ou recibir un 
servizo de Naturgy, vostede 
ten unha expectativa 
razoable de ser 
consultado a este 
respecto.

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará 
e tratará os seus datos con esta 
finalidade ata que aconteza o 
primeiro dos seguintes 
eventos:
(i) Se complete a finalidade 
descrita.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de 
oposición.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos 
seus datos con esta finalidade en calquera 
momento e de forma gratuíta, dirixindo 
a súa solicitude a calquera dos 
enderezos que, para o exercicio de 
dereitos sobre protección de datos, se 
indican nesta Política de Privacidade.


 
C. RESPECTO DE PERSOAS DE CONTACTO E REPRESENTANTES LEGAIS DE ENTIDADES, ASÍ COMO DE EMPRESARIOS INDIVIDUAIS E PROFESIONAIS LIBERAIS 

En ocasións, Naturgy pode manter unha relación profesional coa persoa xurídica á que vostede preste os seus servizos, ou ben con vostede mesmo se é un empresario individual ou un profesional liberal. Nestes casos, pode acontecer que Naturgy dispoña dos seus datos de contacto e, en ocasións, os relativos á función ou posto desempeñado por vostede (no seu conxunto, os Datos de Contacto Profesional). Os devanditos datos poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades descritas a continuación:

 

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Manter unha 
relación profesional

con (segundo 
corresponda):
(i) A persoa xurídica 
á que vostede preste 
os seus servizos
(ii) Vostede, na súa 
calidade de empresario 
individual ou 
profesional liberal.

O interese lexítimo de 
Naturgy, de conformidade 
co artigo 19 da 
Lei orgánica 3/2018, do 5
de decembro, de 
protección de datos 
persoais e garantía dos 
dereitos dixitais 
(LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
Datos de Contacto Profesional 
con esta finalidade ata que
vostede solicite a súa supresión ou 
exerza o seu dereito de oposición.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Os seus Datos de Contacto Profesional 
puideron ser obtidos:
(i) Con motivo da formalización ou 
execución dun contrato ou dunha 
relación profesional entre Naturgy e a 
persoa xurídica á que vostede ofrece 
os seus servizos, ou ben con vostede 
mesmo na súa calidade de empresario 
individual ou profesional liberal.
(ii) A través de terceiros, pertencentes 
ao sector público ou privado, ou ben a 
través de información pública ou de 
fontes de acceso público.
(iii) Mediante networking ou reunións 
profesionais con membros de Naturgy.
(iv) Ou ben que os facilitase a
Naturgy vostede mesmo ou a entidade 
ou organismo no que vostede ofrece os 
seus servizos, ou aquela outra entidade ou 
organismo superior do que depende. 
O tratamento dos seus Datos de Contacto 
Profesional ten por obxecto xestionar 
axeitadamente calquera relación de
Naturgy coa persoa xurídica á 
que vostede preste os seus servizos, ou ben
con vostede na súa calidade de empresario 
individual ou profesional liberal, pero os 
seus datos non serán tratados para xestionar 
unha relación con vostede como persoa 
física.

Xestionar os impagos 
e o cobramento de débedas

(no caso de 
producirse algún 
impago por parte de 
vostede na súa condición 
de empresario 
individual ou 
profesional liberal).

O interese lexítimo de 
Naturgy en buscar vías 
para garantir que se 
respecten os seus dereitos 
contractuais e así facer 
efectivo o cobramento dos 
importes que lle son 
debidos.
Consideramos que 
calquera cliente ten 
unha expectativa 
razoable de que lle sexan 
reclamados aqueles 
importes que deba a 
Naturgy polos produtos 
ou servizos contratados.
O interese lexítimo de 
Naturgy, de conformidade 
co artigo 20 da 
Lei orgánica 3/2018, do 5 
de decembro, de 
protección de datos 
persoais e garantía dos 
dereitos dixitais 
(LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade mentres 
sexan necesarios para a finalidade 
descrita.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

 

D. OUTROS TRATAMENTOS

 

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Avaliar a calidade do 
servizo ofrecido
nos 
contactos 
telefónicos con 
Naturgy.

O interese lexítimo de 
Naturgy en avaliar a 
calidade do servizo que se 
ofrece, tanto por Naturgy
como polas súas empresas 
colaboradoras, cando
vostede contacta por 
teléfono con Naturgy ou 
cando Naturgy contacta
con vostede, en relación
con algunha das 
finalidades descritas 
nesta Política, por ser 
fundamental para 
garantir uns 
estándares de calidade 
adecuados.
Consideramos que, 
ao recibir un servizo de 
Naturgy, vostede ten unha 
expectativa razoable de 
que se avalíe a súa calidade. 

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará 
e tratará os seus datos con esta 
finalidade ata que aconteza o 
primeiro dos seguintes 
eventos:
(i) Se complete a finalidade 
descrita.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de 
oposición.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

Dado que a súa voz é un dato persoal, no 
caso de que a chamada vaia ser 
gravada coa finalidade descrita, vostede 
será informado diso no momento de 
iniciar a conversa. 
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos 
seus datos con esta finalidade en calquera 
momento e de forma gratuíta, dirixindo 
a súa solicitude a calquera dos 
enderezos que, para o exercicio de
dereitos sobre protección de datos, se 
indican nesta Política de Privacidade.

Videovixilancia das 
instalacións de carga 
ou recarga de 
combustible para 
garantir a 
seguridade de 
persoas, bens e 
instalacións.

O cumprimento dunha 
misión de interese público.

Os seus datos persoais poderán 
ser comunicados a forzas e 
corpos de seguridade do 
Estado, así como a xulgados 
e tribunais de xustiza ou outra 
autoridade competente. 
Así mesmo, poderían ter 
acceso aos seus datos
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir a 
finalidade antes indicada.

Os datos persoais serán 
suprimidos no prazo máximo 
dun mes dende a súa captación, 
agás cando debesen ser 
conservados para acreditar a 
comisión de actos que atenten 
contra a integridade de persoas, 
bens ou instalacións.

O único dato persoal obxecto de 
tratamento é a imaxe captada sobre 
vostede a través das cámaras de 
videovixilancia.
No suposto de que se cometan actos 
que atenten contra a integridade de 
persoas, bens ou instalacións, 
facilitaranse as imaxes captadas á
autoridade competente no prazo 
máximo de setenta e dúas horas dende 
que se tivese coñecemento da 
existencia da gravación.

Xestionar as 
solicitudes 
presentadas por vostede 
para o exercicio dos 
seus dereitos 
individuais en 
materia de protección 
de datos
de carácter 
persoal.

O cumprimento da 
obriga legal imposta 
ao responsable do 
tratamento polo 
Regulamento (UE) 
2016/679 (RGPD) e a Lei 
orgánica 3/2018, do 5 de 
decembro, de protección 
de datos persoais e 
garantía dos dereitos 
dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus 
datos persoais os 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir 
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade mentres 
sexan necesarios para a finalidade 
descrita.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

 

Cumprir con 
obrigas legais

impostas pola
normativa aplicable a 
Naturgy.

O cumprimento dunha 
obriga legal aplicable 
a Naturgy.

Os seus datos persoais serán 
comunicados a aqueles 
terceiros aos que Naturgy
estea legalmente obrigada a 
comunicar. 
Así mesmo, poderían ter 
acceso aos seus datos 
fornecedores de servizos e 
provedores de Naturgy, en 
calidade de encargados do 
tratamento, cos que 
subscribísemos os 
correspondentes contratos 
para poder cumprir a 
finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus 
datos con esta finalidade mentres 
sexan necesarios para a finalidade 
descrita.
Posteriormente, podería ser de 
aplicación a obriga de 
bloqueo imposta pola 
lexislación.

En ocasións, Naturgy ten que tratar 
os seus datos persoais, xeralmente 
comunicándoos a un terceiro, para
cumprir unha obriga legal que lle é 
aplicable. 
A continuación, sinalámoslle os casos 
máis relevantes derivados da normativa 
do sector da enerxía:
Información remitida a MINCOTUR,
información sobre emisións de gases de 
efecto invernadoiro, en virtude do Real 
decreto 235/2018, do 27 de abril.
Envío anual de cantidades vendidas 
en instalacións terrestres xerais, 
conforme a Orde ITC/2308/2007, do 
25 de xullo, pola que se determina a 
forma de remisión de información ao 
Ministerio para a Transición Ecolóxica e 
o Reto Demográfico sobre as actividades 
de subministración de produtos petrolíferos.
A iso sumaríanse aqueles outros 
supostos nos que Naturgy ten a 
obriga legal de comunicar os datos 
persoais que, se é o caso, lle sexan 
requiridos pola autoridade xudicial ou 
administrativa competente, así como polos
corpos e forzas de seguridade. Por 
exemplo, aqueles derivados da 
seguinte normativa:
- Art. 7 da Lei orgánica 7/2021, do 26 
de maio, de protección de datos 
persoais tratados para fins de 
prevención, detección, investigación e 
axuizamento de infraccións penais 
e de execución de sancións penais.
- Art. 18 da Lei 39/2015, do 1 de 
outubro, do procedemento 
administrativo común das 
Administracións públicas.



IV. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS. 

Se, para o tratamento dos seus datos coas finalidades indicadas, estes tivesen que ser transferidos fóra do Espazo Económico Europeo (EEE), as devanditas transferencias realizaríanse sobre a base da sinatura coas devanditas compañías localizadas fóra do EEE de cláusulas tipo de protección de datos adoptadas pola Comisión Europea para transferencias internacionais, ou ben sobre a base da adopción dalgunha das outras garantías adecuadas previstas pola normativa aplicable. Na columna “Destinatarios” do apartado anterior, pode atopar información máis detallada naqueles casos nos que existen este tipo de transferencias.


V. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

NATURGY designou un Delegado de Protección de Datos, cuxa información de contacto é a seguinte:
- Enderezo postal: Avenida de América, 38 – CP 28028 Madrid
- Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com


VI. DEREITOS SOBRE OS DATOS PERSOAIS

Os dereitos que legalmente o asisten e que poderá exercitar, cando proceda, son os seguintes

 
DEREITO CONTIDO

Acceso

Poderá consultar os seus datos persoais que están a ser obxecto de tratamento por Naturgy.

Rectificación

Poderá modificar os seus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos.

Supresión

Poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais.

Oposición

Poderá solicitar que non se traten os seus datos persoais sobre a base do interese lexítimo. Así mesmo, poderá opoñerse a que os seus datos persoais sexan tratados con fins de mercadotecnia directa, inclusive á elaboración de perfís na medida en que estea relacionada coa devandita mercadotecnia directa.

Limitación do tratamento

Poderá solicitar a limitación ao tratamento dos seus datos:

- Mentres se comprobe a impugnación da exactitude dos seus datos.
- Cando o tratamento sexa ilícito, pero vostede se opoña á supresión dos seus datos e solicite a limitación do seu uso.
- Cando Naturgy xa non necesite tratar os seus datos, pero vostede os requira para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Cando vostede se opuxese ao tratamento dos seus datos para o cumprimento dunha misión de interese público ou para a 
satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os 
seus.

Non Decisións Automatizadas

Poderá solicitar non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Retirar consentimento

Poderá retirar en calquera momento, sen efecto retroactivo, o consentimento que vostede outorgase previamente para autorizar o tratamento dos seus datos para unha finalidade determinada.

Portabilidade

Poderá recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase, así como transmitilos a outra entidade.

 

Poderá exercitar os mencionados dereitos a través das seguintes canles:

- Correo electrónico: clientearconne@naturgy.com
- Enderezo postal: Á atención da unidade que atenda Naturgy, Avenida de América, n.º 38 28028 Madrid.

Na súa comunicación, deberá constar como referencia “Solicitud Protección de Datos – Ejercicio de Derechos”. Posto que estes son dereitos individuais, Naturgy
debe verificar que efectivamente son exercidos polo interesado ou persoa autorizada. Por iso, se Naturgy tivese dúbidas sobre a súa identidade, poderá solicitarlle 
información adicional para confirmala, como por exemplo, a copia do seu DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente que o identifique. Vostede tamén 
poderá utilizar a súa sinatura electrónica en lugar do DNI. No caso de que exerza os seus dereitos unha persoa autorizada polo interesado, deberá evidenciar a identidade 
do autorizado e achegar o documento que acredite a devandita autorización.
Naturgy facilitará a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses 
se for preciso, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. 
Se considera que non tratamos os seus datos persoais adecuadamente, pode contactar co Delegado de Protección de Datos a través das canles antes 
indicadas.
En calquera caso, informámolo de que, se considera que no tratamento dos seus datos persoais se cometeu unha infracción da normativa aplicable en 
materia de protección de datos, tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (p. Ex., a Axencia Española de Protección 
de Datos - www.aepd.es).


Outubro 2022

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1615688213569

argssite - GNF