Que é e que fai Entreculturas?
A Fundación Entreculturas - Fe e Alegría é unha ONG de Desenvolvemento, que nace no Sur hai 55 anos, e cre na educación como instrumento de desenvolvemento, transformación, cambio social e diálogo entre culturas. Desenvolvemos proxectos de infraestrutura educativa, dotación escolar, formación de docentes, formación técnica, educación a distancia, e programas de Dereitos Humanos e Educación para a Paz. A nosa contabilidade se audita anualmente por unha empresa externa. Fundación Lealdade, analiza e avala a nosa transparencia na actividade. As institucións doantes controlan o destino das súas achegas, e avalían as nosas accións conxuntas.
Proxecto:
100 bolsas para Estudantes de Secundaria de Ruanda

Durante máis de 14 anos, a poboación congolesa sufriu as consecuencias da guerra téndose que refuxiar en Rwanda. Desde entón, Entreculturas apoiou e acompañou a esta poboación no sector da educación, desde a infantil á secundaria. O proxecto que lles presentamos solicita fondos para outorgar bolsas a 100 alumnos e alumnas de maneira que poidan finalizar os seus estudos de secundaria. Estes cen novos con idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos beneficiaranse das bolsas que se outorgarán de maneira equitativa entre mozos e mozas.

Cada bolsa anual por alumno ten un custo de 255 euros. A bolsa cobre o pago da taxa escolar, material escolar e gastos médicos.

Grazas a estas bolsas os 100 mozos poderán terminar a secundaria e terán maiores oportunidades no mercado laboral.

Entreculturas necesita o teu apoio para levar a educación a Ruanda!

Podes colaborar de dúas formas:


1. Facendo unha transferencia ás contas que Entreculturas habilitou:
  • Santander 0049 0496 83 2010200200
  • BBVA 0182 4000 62 0010008001

2. Doando os teus Euros Naturgy chamando ao teléfono 900 100 251.
 

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477651149657

argssite - GNF