Español   Català    

Nota Legal

1. O PORTAL
 
1.1 As presentes disposicións regulan o uso do portal de Internet (en diante, o “Portal”) que NATURGY IBERIA, S.A. (en diante, a “SOCIEDADE”), a través do enderezo URL
https://www.naturgy.es/gl/fogar pon á disposición dos usuarios deste (en diante, “Usuario” ou “Usuarios”, segundo o caso) para o acceso a unha ampla gama de produtos, servizos e contidos, relacionados coa subministración e consumo de enerxía, así como de equipamento e asistencia no fogar (en diante, “Produtos ou Servizos”).
 
1.2 Os datos identificativos do responsable do Portal son os que figuran a continuación:
 
NATURGY IBERIA, S.A.
Avenida de América, 38 
28028 Madrid 
NIF A08431090
Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 36955, folio 1, folla M-660799, inscrición 1ª.
 
2. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO DO PORTAL
 
O acceso ao Portal comporta a lectura previa polo Usuario das presentes Condicións Xerais de Acceso e Uso (en diante, "Condicións Xerais"). Mediante o acceso e uso do portal, entenderase que o Usuario manifesta o seu acordo ao contido de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais na súa versión publicada no Portal no momento do acceso. Se o Usuario non estiver de acordo co contido das presentes Condicións Xerais, deberá absterse de usar o Portal e de operar a través deste. O Portal reserva o dereito a modificar as presentes Condicións Xerais advertindo diso aos Usuarios mediante os correspondentes avisos no Portal, co fin de que poidan tomar coñecemento do seu contido dende o primeiro momento. A contratación ou uso de determinados Produtos ou Servizos pode requirir a identificación do Usuario no Portal e a aceptación previa de determinadas condicións particulares (en diante, "Condicións Particulares") que veñen desenvolver, complementar ou, eventualmente, modificar as presentes Condicións Xerais. O Usuario deberá ler, así mesmo, coa máxima atención o contido das correspondentes Condicións Particulares ou outros avisos legais que aparecen no Portal. Como Usuario, vostede declara ser maior de idade e dispoñer da capacidade xurídica e de obrar suficiente para vincularse polas presentes Condicións Xerais (e, se é o caso, polas Condicións Particulares que regulen o uso de determinados Produtos ou Servizos) e para utilizar e, se é o caso, contratar os Produtos ou Servizos que se ofrecen no Portal. O Usuario acepta, de forma expresa, plena, sen reservas nin excepcións, que o acceso e a utilización do Portal e dos seus contidos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade. No suposto de que exista algunha contradición entre as condicións xerais de acceso e uso do Portal e as correspondentes Condicións Particulares, prevalecerán estas sobre aquelas, salvo que as Condicións Xerais resulten máis beneficiosas para o Usuario que as Condicións Particulares.

3. CONTIDO DO PORTAL
 
3.1 A SOCIEDADE reserva o dereito a modificar, á súa discreción e de forma unilateral, en calquera momento e sen aviso previo, a configuración do Portal, así como o contido e extensión dos Produtos ou Servizos publicados ou prestados a través do Portal e das condicións de acceso a estes. Así mesmo, a SOCIEDADE reserva a facultade de incorporar novos Produtos ou Servizos e contidos no Portal, así como o dereito de eliminar, limitar, suspender ou impedir o acceso a través do Portal, xa for de xeito temporal ou definitivo, cando concorran os motivos previstos nestas Condicións Xerais.
 
3.2 A SOCIEDADE informa o Usuario de que a través do Portal poderá acceder a Produtos ou Servizos ofertados polas empresas que forman parte do Grupo Naturgy, así como, se é o caso, a Produtos ou Servizos ofertados por outros terceiros que en cada momento se achen dispoñibles, cuxa contratación polo Usuario estará suxeita aos termos e condicións que as devanditas entidades dispoñan en cada momento. A SOCIEDADE non asume responsabilidade ningunha nin dá garantía ningunha sobre os produtos e servizos das referidas entidades.

4. CONDICIÓNS PARTICULARES DOS SERVIZOS DO PORTAL
 
Os Produtos ou Servizos ofrécense ao Usuario, con carácter xeral, de forma gratuíta. Non obstante o anterior, algúns Produtos ou Servizos poden establecer o pagamento dunha contraprestación determinada, circunstancia que se indicará expresamente nas correspondentes Condicións Xerais ou Condicións Particulares do Produto ou Servizo en cuestión.

5. IDENTIFICACIÓN COMO USUARIO DO PORTAL
 
A contratación e o uso de determinados Produtos ou Servizos ofrecidos pola SOCIEDADE requirirá da identificación previa do Usuario no Portal a través do formulario que aparecerá no momento de selección do Produto ou Servizo concreto. De igual modo, a contratación e uso dos Produtos ou Servizos específicos que ofrecen outras empresas a través do Portal requirirá que o Usuario cumpra cos requisitos que cada entidade determine e dos que se informará ao Usuario dende o portal ou os respectivos sitios web. Ningún Usuario do Portal poderá acceder aos Produtos e Servizos das devanditas entidades sen identificarse previamente. En todo caso, o Usuario manifesta baixo a súa responsabilidade que os datos que achega no formulario de identificación son veraces e vixentes.


6. MANIFESTACIÓNS E GARANTÍAS DE CARÁCTER XERAL

6.1 A SOCIEDADE manifesta e garante que o portal dispón da tecnoloxía (software e hardware) necesaria, na actualidade, para permitir o acceso e utilización deste. Non obstante, a Sociedade non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por calquera terceiro, que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos do Usuario, nin polas consecuencias prexudiciais que estas poidan producir nos sistemas informáticos do Usuario. O Usuario acepta plenamente o anterior e comprométese, pola súa parte, a despregar a máxima dilixencia e prudencia cando acceda e utilice os Produtos ou Servizos que se ofrecen a través do Portal. En particular, aínda que non soamente, o usuario deberá observar as recomendacións de seguridade que se mostra no portal.

6.2 O Usuario acepta que o Portal foi creado e desenvolvido de boa fe pola SOCIEDADE con información procedente de fontes internas e externas e ofréceo no seu estado actual, polo que poderá, non obstante, conter erratas.

6.3. O Usuario garante que calquera actividade por el desenvolvida a través do Portal se adecuará á lei, á moral, aos bos costumes aceptados xeralmente e á orde pública, e que en ningún caso resultará ofensiva para o bo nome e imaxe comercial da SOCIEDADE, do Grupo Naturgy, para o resto de usuarios do Portal ou para os terceiros provedores de servizos. En particular, o Usuario comprométese a utilizar os Produtos ou Servizos de forma correcta e dilixente, así como absterse de utilizalos con fins ou efectos ilícitos ou prohibidos polas presentes Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar os devanditos Produtos ou Servizos os equipos informáticos de terceiros, así como os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados nos seus equipos informáticos ou impedir a normal utilización ou gozo dos servizos por parte de terceiros.

6.4 En particular, a título simplemente enunciativo e non limitativo, o Usuario comprométese a non utilizar os Produtos ou Servizos con finalidade de (i) suplantar a identidade dun terceiro; (ii) vulnerar dereitos fundamentais e liberdades públicas recoñecidas na normativa nacional e nos tratados ou convenios internacionais e, en particular, a non lesionar a honra, a intimidade persoal, a imaxe ou a propiedade de bens e dereitos de terceiros; (iii) incitar ou promover accións delituosas, denigrantes, difamatorias, ofensivas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública; (iv) inducir ou promover actuacións ou ideas discriminatorias por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou crenzas; (v) incorporar, poñer á disposición ou permitir acceder a produtos, elementos, mensaxes ou servizos delituosos, violentos, pornográficos, ofensivos ou, en xeral, contrarios á lei, á moral ou á orde pública; (vii) vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros; (vii) vulnerar a normativa sobre segredo empresarial, segredo das comunicacións, normativa de publicidade ou normativa de competencia desleal; (viii) transmitir a través do Portal con dolo ou culpa correo electrónico, programas ou datos (incluídos virus e soporte lóxico nocivo) que causen ou poidan causar danos ou prexuízos en calquera grao aos sistemas informáticos da SOCIEDADE ou doutros Usuarios ou de terceiros, así como falsificar a orixe do correo electrónico ou doutro material contido nun arquivo que se transmita a través do Portal. (ix) Empregar a información contida no portal con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade e (x) enviar mensaxes non solicitadas dirixidas a unha xeneralidade máis ou menos ampla de persoas con independencia da súa finalidade. & SP;

7. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE DE CARÁCTER XERAL

7.1. A SOCIEDADE non se fai responsable de calquera dano ou prexuízo directo ou indirecto que puidese derivarse da interrupción do Portal, así como da súa continuidade. Así mesmo, a SOCIEDADE non se fai responsable dos posibles erros ou deficiencias de seguridade que se puidesen producir pola utilización, por parte do Usuario, dun navegador cunha versión non actualizada ou insegura, así como pola activación dos dispositivos de conservación de claves ou códigos de identificación do Usuario rexistrado no navegador ou dos danos, erros ou inexactitudes que se puidesen derivar do seu mal funcionamento.

7.2. A SOCIEDADE exclúe toda responsabilidade pola licitude, contido e calidade dos Produtos e Servizos ofrecidos ou comercializados por terceiros a través do Portal.

7.3. En calquera caso de responsabilidade esixible á SOCIEDADE, esta tan só responderá polos danos e prexuízos efectiva e directamente causados por ela, sen incluír en ningún caso compensación por lucro cesante.

7.4. O Usuario responderá polos danos e prexuízos de calquera natureza que a SOCIEDADE poida sufrir como consecuencia, directa ou indirecta, do incumprimento por parte do Usuario das Condicións Xerais.

8. VÍNCULOS OU LIGAZÓNS HIPERTEXTUAIS CO PORTAL

8.1 Os usuarios ou os titulares doutros sitios web que pretendan crear unha ligazón de hipertexto (en diante, link) ao Portal deberán asegurar e comprometerse ao respecto das regras da SOCIEDADE sobre ligazóns na rede. As devanditas regras consisten en (i) non establecer ligazóns a páxinas ou subpáxinas distintas á home page do Portal; (ii) non establecer ligazóns que permitan a reprodución total ou parcial das páxinas da home page do Portal; (iii) non realizar xunto ao link manifestacións falsas, inexactas, incorrectas, que poidan inducir a erro ou confusión ou, en xeral, que sexan contrarias á lei, a moral ou os bos costumes; (iv) non incluír ningunha marca comercial ou signo susceptible de protección distinto do enderezo de URL do Portal, e (v) non establecer links con páxinas que conteñan contidos, manifestacións ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatoria contra os dereitos humanos e, en xeral, poidan prexudicar de calquera modo o bo nome comercial, a reputación ou a imaxe da SOCIEDADE ou dos seus clientes. En calquera caso, a inclusión de vínculos ou ligazóns ao portal por parte doutros sitios web non implica que a SOCIEDADE manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web na que se estableza a ligazón nin, tanto menos, que a SOCIEDADE promova, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais ou sitios web.

8.2 Pola súa banda, o portal pode conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados pola Sociedade. A SOCIEDADE declina calquera responsabilidade polas informacións contidas nos devanditos portais ou sitios web aos que se poida acceder por ligazóns ("links") ou buscadores das páxinas web da SOCIEDADE . A presenza de ligazóns ("links") nas páxinas web da SOCIEDADE ten finalidade simplemente informativa. Polo tanto, a SOCIEDADE non se responsabiliza nin outorga garantía de ningunha natureza, nin expresa nin implicitamente respecto a: (i) a comerciabilidade, idoneidade, calidade, cantidade, características, procedencia ou orixe, comercialización ou calquera outro aspecto dos Produtos ou Servizos que se ofrezan e comercialicen a través do Portal; (ii) os danos e prexuízos directos, indirectos ou de calquera outro tipo que puidesen xerar os Produtos ou Servizos que se ofrezan, comercialicen, adquiran, vendan ou presten a través do Portal; (iii) os prezos ofertados ou pactados polos Usuarios coas entidades oferentes; (iv) nin as transaccións ou operacións que se leven a cabo entre eles; (v) nin do bo fin destas; (vi) nin sobre os termos e condicións que entre eles pacten nos seus negocios e condicións de usos, nin das súas modificacións, cumprimento e execución, facturación, forma e medios de pagamentos e resolución; (vii) nin do aseguramento da entrega dos Produtos ou Servizos; (viii) nin das informacións que entre eles poidan intercambiarse; (ix) nin do contido e uso das informacións de carácter persoal ou non que as devanditas entidades requiran o Usuario para captar e levar a cabo as operacións; (x) nin do contido e uso das informacións de carácter persoal que a SOCIEDADE transmita ás devanditas entidades co único e exclusivo fin de cumprir coa relación de negocio iniciada ou creada, conforme ao indicado no formulario de rexistro de Usuario (xi) nin da publicidade que poidan facer uso os Usuarios, nin do uso que os Usuarios poidan realizar dos signos distintivos dun terceiro ou dos seus propios.

8.3 Todos os contidos do portal (incluídos, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, patentes, modelos de utilidade e industriais, debuxos, gráficos, arquivos de texto, audio, vídeo e software) son propiedade da Sociedade, ou dos provedores de contidos, despois de, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión, por parte destes, e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual e industrial. A compilación (entendéndose como tal a recompilación, deseño, ordenación e montaxe) de todo o contido do Portal é propiedade exclusiva da SOCIEDADE e atópase protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

8.4 Todo o software utilizado no deseño das pantallas, navegación e uso e desenvolvemento do portal é propiedade da Sociedade ou dos seus provedores de software e encóntrase protexido polas leis nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.
 
8.5 As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos da Sociedade que aparecen no portal son titularidade da Sociedade e están debidamente rexistrados ou en proceso de rexistro. As denominacións doutros produtos, servizos e compañías que aparezan neste documento ou no Portal poden ser marcas ou outros signos distintivos rexistrados dos seus respectivos e lexítimos propietarios

8.6. Todos os textos, debuxos gráficos, vídeos ou soportes de audio son propiedade da SOCIEDADE, ou dos seus provedores de contidos, polo que non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, alteración, transformación, reprodución, adaptación ou tradución por parte do Usuario ou de terceiros sen a expresa autorización por parte dos titulares dos devanditos contidos.

8.7 A posta á disposición dos usuarios para o seu uso das bases de datos, debuxos, gráficos, imaxes e fotografías, arquivos de texto, audio, vídeo e software propiedade da SOCIEDADE ou dos seus provedores que figuran no portal non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación en favor do usuario, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do portal.

8.8 Queda terminantemente prohibido calquera uso dos contidos do Portal e, en xeral, de todos os dereitos mencionados nas epígrafes precedentes que se realice sen a autorización da SOCIEDADE, incluída a súa explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquera medio, posterior publicación, exhibición, comunicación pública ou representación total ou parcial, as cales, de se produciren, constituirán infracción dos dereitos de propiedade intelectual da SOCIEDADE, sancionados pola lexislación vixente.

9. FORZA MAIOR

Para os efectos das presentes Condicións Xerais, entenderase por forza maior, a título enunciativo pero non limitativo, (i) todo suceso non culposo imposible de prever ou que, previsto ou previsible, for inevitable; (ii) os fallos no acceso ás distintas páxinas web; (iii) os fallos na subministración de rede eléctrica ou telefónica; (iv) os danos producidos por terceiros ou ataques ao servidor do Portal (virus) que afecten á calidade dos Produtos e Servizos e non sexan imputables nin á SOCIEDADE nin ao usuario; (v) os fallos na transmisión, difusión, almacenamento ou posta á disposición de terceiros das bases de datos e resto de contidos do Portal e, (vi) os problemas ou erros na recepción, obtención ou acceso ao Portal ou aos Produtos e Servizos por parte dos devanditos terceiros.

10. SUSPENSIÓN DO ACCESO AO PORTAL E DOS SERVIZOS

10.1 A Sociedade esforzarase en manter a dispoñibilidade continuada do portal. Non obstante, calquera modalidade de operación de proba, control e mantemento serán libremente elixidas e realizadas pola SOCIEDADE en calquera momento, sexan cales foren os procedementos e medios empregados para levalas a cabo. A Sociedade procurará, sempre que iso sexa razoablemente posible, avisar os usuarios mediante un anuncio no portal da realización dunha operación de mantemento ou outra actividade que puidese afectar ao portal.

10.2 A SOCIEDADE reserva a plena liberdade para modificar as capacidades de transmisión, seguimento ou outros medios ou servizos técnicos utilizados para o acceso ou utilización do Portal.

10.3. A SOCIEDADE poderá suspender de forma temporal ou definitiva os Produtos ou Servizos que se ofrecen a través do Portal, sen que iso xere ningún tipo de indemnización a favor do Usuario, cando concorran calquera das seguintes circunstancias: (i) cando sexa necesario para realizar labores de mantemento, (ii) cando sexa necesario para preservar a integridade ou a seguridade dos Produtos ou Servizos que se prestan, dos equipos, dos sistemas ou das redes da SOCIEDADE ou de terceiros, sempre que afecten ou poidan afectar aos servizos da SOCIEDADE, (iii) cando así o xustifiquen razóns operativas propias ou de terceiros que afecten á prestación dos Produtos ou Servizos da SOCIEDADE; (iv) cando exista unha causa de forza maior, a SOCIEDADE procurará manter informado o Usuario da suspensión e das súas causas, sempre que sexa posible.

11. TERMINACIÓN

O Portal poderá dar por rematadas as Condicións Xerais de uso sen necesidade de ningún aviso previo ao Usuario cando: (i) teña coñecemento da realización por parte do Usuario dalgunha actividade ilícita a través dos Servizos; (ii) o Usuario incumprise algunha das súas obrigas esenciais, segundo estas Condicións Xerais, e especialmente no caso de uso indebido do código de acceso; e en caso de vulneración ou impugnación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Portal, todo iso sen prexuízo do exercicio de cantas accións legais lle correspondan en defensa dos seus intereses.

12. NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz, e subsistirá, en todo o demais, o resto de Condicións Xerais, ademais de considerarse tal disposición, ou a parte desta que resulte afectada, por non posta, agás que, por resultar esencial ás presentes Condicións Xerais, debese afectalas de forma integral.

13. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

13.1 As presentes Condicións Xerais interpretaranse e rexeranse de conformidade coa lexislación española.

13.2 Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Condicións Xerais, serán competentes os xulgados e tribunais do domicilio do Usuario en España.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477477707491

argssite - GNF