Consellos de iluminación
A mellor iluminación co mínimo consumo.
Cada cuarto da túa casa necesita un tipo de iluminación distinta. Se dispós das
bombillas e lámpadas máis eficientes nos lugares axeitados, conseguirás un
ambiente agradable co mínimo consumo de luz.
bombillas e lámpadas máis eficientes nos lugares axeitados, conseguirás un
ambiente agradable co mínimo consumo de luz.
-
Utiliza as lámpadas e bombillas máis eficientes
As lámpadas de clase A consomen 3 veces menos que as de clase G, por iso, debes fixarte na clase enerxética da lámpada que vaias comprar.
Ilumina o teu fogar con lámpadas de baixo consumo e fluorescentes.. Cando necesites unha luz de maior calidade, para iluminar cadros, fotos ou algún recanto que queiras resaltar, utiliza halóxenos de baixo consumo ou LED.
Se substitúes o 25% das lámpadas incandescentes da túa vivenda que permanecen acendidas durante máis horas ao día, por lámpadas fluorescentes compactas podes reducir ata un 50% do consumo eléctrico en iluminación na túa vivenda. Ademais, as lámpadas de baixo consumo duran entre 8 e 10 veces máis que as incandescentes convencionais. -
Ilumina segundo as túas necesidades reais
Ten varios niveis de iluminación, xa sexa con reguladores ou usando distintos interruptores para diferentes zonas do cuarto. Así poderás ter o nivel de iluminación que precises en cada momento e en cada zona.
A utilización de cores claras nas paredes diminúe de forma importante as necesidades do nivel de iluminación, e afórrase, polo tanto, na potencia de iluminación. Aproveita a luz do día utilizando nas ventás e nas cortinas cores claras e tecidos que sexan lixeiros para permitir a penetración da luz solar. -
Controla o acendido e apagado das luces
Non é conveniente acender e apagar os fluorescentes con frecuencia, polo que é mellor colocalos en estancias onde o tempo de uso é máis longo, como as cociñas. E recorda, se só vas abandonar o cuarto uns minutos, é mellor non apagar os fluorescentes, xa que o seu consumo no arranque é elevado. Aforrarás e alongarás a vida das túas lámpadas.
En locais de pouco uso: despensas, sotos, adegas etc. é conveniente colocar detectores de presenza para que o acendido sexa automático, e aforrar así enerxía.
Utiliza luces exteriores equipadas con fotocélulas ou temporizadores, para que se apaguen soas durante o día. -
Se mantés as lámpadas limpas, aforrarás máis
A limpeza e bo estado das lámpadas e luminarias da vivenda pode dar lugar a un aforro de ata un 20% no consumo de electricidade en iluminación. Unha lámpada sucia ou en mal estado pode chegar a perder ata un 50% de luminosidade. Tamén debes limpar as pantallas das luminarias e todos os elementos que axuden a reflectir e expandir a luz.
Consellos iluminación
Contámosche como iluminar todas as salas e cuartos da túa casa.
Contámosche como iluminar todas as salas e cuartos da túa casa.