Tipos de lámpadas
A luz que ilumina o teu fogar.
Acende a luz que queres que te ilumine.
Escolle as lámpadas máis adecuadas para cada espazo e síntete cómodo esteas onde esteas. Para unha correcta iluminación, é esencial poñer atención a diferentes factores, tales como, o número de fontes luminosas, a dirección na que orientamos a súa luz, o grao de difusión, a presenza ou ausencia de superficies reflectoras, ou mesmo o tamaño e a cor que che proporcionan.
TIPS e consellos
para ser eficiente e aforrar na factura
para ser eficiente e aforrar na factura
O 9% da enerxía consúmese en iluminación | |
Fluorescentes: consomen moita enerxía ao acenderse; se vas apagalos durante menos de 15 minutos, é mellor mantelos acendidos, xa que consomen menos que volver acendelos. | |
Moitas cociñas teñen fluorescentes, así que ollo con "apagar" a luz, xa que poderiamos gastar máis. |
Coñece como funcionan e o tipo
de iluminación que proporcionan
Incandescentes
Son as máis comúns polo seu baixo custo e a súa facilidade de uso. Pasan a corrente eléctrica a través dun filamento que alcanza temperaturas moi elevadas. Son as de maior consumo enerxético. Teñen unha vida útil de 1.000 horas e unha excelente reprodución da cor.
Halóxenas
Usan o mesmo sistema que as incandescentes. No seu interior conteñen un composto halóxeno que mellora a súa eficiencia e vida útil ata 2.000 ou 3.000 horas. Proporcionan luz de alta calidade. As halóxenas de baixo consumo ofrecen a mesma iluminación e unha maior vida útil, 5.000 horas, polo que aforran ata un 40% de consumo.
Led
Son dispositivos semicondutores (díodo) que transforman directamente a corrente eléctrica en luz. Ao non posuír filamento, teñen unha vida útil de ata de 45.000 horas, ademais de consumir ata un 80% menos que as incandescentes convencionais.
"A tecnoloxía LED é a máis moderna e ofrece lámpadas para o sector doméstico."

Fluorescentes
Tamén coñecidas como lámpadas fluorescentes tubulares, compóñense dun tubo de vidro que contén unha cantidade pequena de gas. A luz conséguese ao sometelo a unha descarga eléctrica entre dous eléctrodos. Necesitan un equipo auxiliar para funcionar, aínda que no mercado hainas co equipo integrado.

· Reactancias ou balastros: proporcionan enerxía. Hainos electrónicos ou electromagnéticos. A tecnoloxía electrónica achega un 25% de aforro enerxético fronte á electromagnética, ademais dun arranque máis rápido e fiable, e a eliminación do molesto pestanexo.
· Arrancador: eleva a tensión inicial necesaria no acendido.
· Condensador: utilízase para a corrección do factor de potencia, que é moi baixo nas lámpadas fluorescentes.
· Lámpadas de baixo consumo (LBC): son lámpadas fluorescentes compactas. Os tubos fluorescentes son de tamaño reducido. Intégraselles o equipo auxiliar para poder substituílas directamente por lámpadas incandescentes. O seu consumo é un 80% menor que os convencionais e duran entre 8 e 10 veces máis.

Simuladores de aforro
Optimiza o consumo de enerxía das túas lámpadas.
Saber máis