Termos e condicións - Servielectric
Con Servielectric, as reparacións do aire acondicionado/bomba de calor, quentador eléctrico, electrodomésticos de gama branca (lavadora, lavalouzas, frigorífico/conxelador, secadora e forno) e a revisión anual do aire acondicionado estarán cubertas. Ademais, dispós do manitas eléctrico para tarefas como a instalación dunha lámpada, enchufes, bombillas e a instalación de equipamento tecnolóxico como televisores e equipos informáticos. E, na modalidade de pezas, inclúense as pezas das túas reparacións urxentes dos principais electrodomésticos de gama branca (lavadora, lavalouzas, secadora, campá extractora, vitrocerámica, forno, frigorífico/conxelador cunha antigüidade inferior a 10 anos e fóra de garantía).
Despreocúpate dos imprevistos que poidan xurdir con calquera das nosas modalidades.
Prezos:
- Servielectric Xpress: cota mensual de 5,88€.
- Servielectric Xpress Pezas: cota mensual de 9,81€.
- Servielectric Complet: cota mensual de 10,26€.
Os prezos están vixentes ata o 31/01/2027, inclúen o 21% de IVE e, se a contratación dispón de desconto, aplícase directamente no prezo.