Termos e condicións - Servigas
Con Servigas, as reparacións e o mantemento das túas instalacións de gas estarán cubertas. Servizo de mantemento doméstico, preventivo e correctivo, das instalacións de gas, de calefacción (incluíndo caldeira e circuíto hidráulico cos radiadores) e demais gasodomésticos. Se contratas un Servigas con preventivo, inclúese a Inspección Periódica, unha inspección obrigatoria cada 5 anos solicitada pola túa distribuidora, sempre que teñas un contrato de gas activo connosco.
Despreocúpate dos imprevistos que poidan xurdir con calquera das nosas modalidades.
Prezos:
Servigas Xpress: cota mensual de 9,62 €.
Servigas Complet Auga Quente: cota mensual de 11,18 €.
Servigas Complet: cota mensual de 13,88 €.
Os prezos estarán vixentes ata o 31/01/2026, estes inclúen 21% de IVE e, se a contratación dispón de desconto, aplícase directamente no prezo.