Condicións xerais
A Tarxeta Naturgy, xestionada por Naturgy Iberia S.A., ten a finalidade de ofrecer vantaxes e beneficios aos clientes domésticos de Naturgy Iberia S.A. A participación e desenvolvemento réxese polas condicións que a continuación expoñemos:
Participación
- O titular de Tarxeta Naturgy-Santander Consumer Finance MasterCard dispoñerá dunha conta na que se anotarán os Euros Naturgy obtidos.
- O titular obterá 5 céntimos de Euros Naturgy por cada 20 € de gasto que realice en cada compra coa tarxeta Naturgy (non inclúe sectores excluídos).
- Os Euros Naturgy xerados coas tarxetas adicionais acumularanse na conta do titular.
- Os Euros Naturgy xerados nun mes faranse efectivos na conta do titular nos últimos días do mes.
- Os Euros Naturgy teñen unha caducidade de tres anos. Igualmente caducarán se no período dos últimos 12 meses non houbo ningún movemento, disposición ou pagamento de recibos na súa conta.
Troco de Euros Naturgy
- O titular poderá cambiar os seus Euros Naturgy na factura da luz ou do gas de Naturgy Iberia, S.A., en Amazon.es ou doalos a Proxectos solidarios (chamando ao 900 100 251). Os clientes con Plan de Pagamentos Fixos só se poderán descontar nas 11 mensualidades de cota fixa.
- Para cambiar en factura ou doar a un Proxecto Solidario, o titular debe facelo no teléfono 900 100 251;
- Para poder cambiar os Euros Naturgy, é imprescindible estar ao corrente no pagamento dos recibos da tarxeta.
- O importe mínimo para cambiar os Euros Naturgy na factura da luz ou gas é de 3 Euros Naturgy.
- Os Euros Naturgy cambiados na factura da luz ou gas faranse efectivos na seguinte factura que se emita tras a solicitude do troco por parte do cliente.
- Só se pode aplicar un desconto sobre unha mesma factura.
- O beneficiario do desconto na factura da luz ou do gas pode ser calquera persoa física que sexa titular dun contrato de subministración con Naturgy Iberia, S.A.
- Os Euros Naturgy nunca poderán cambiarse por diñeiro e non son transferibles nin acumulables dun titular a outro.
Información
- O titular recibirá periodicamente un extracto onde se reflectirán as operacións realizadas coa súa tarxeta, a situación dos seus Euros Naturgy e información doutros produtos e servizos.
- O socio pode consultar calquera dúbida que se lle presente en www.naturgy.es/tarjeta.
Xeral
- A extinción do contrato da tarxeta subscrito polo titular con Santander Consumer Finance, S.A. anula automaticamente os beneficios do “Programa de Fidelización Tarxeta Naturgy” e os Euros Naturgy dispoñibles.
- Naturgy Iberia, S.A. resérvase o dereito de variar en calquera momento as condicións do “Programa de Fidelización Tarxeta Naturgy”, ou de cancelala, pero sempre respectando o previsto no punto seguinte.
- Tanto no suposto de variación das condicións, coma no de cancelación do “Programa de Fidelización Tarxeta Naturgy”, o titular conservará o seu dereito a cambiar os Euros Naturgy que tivera acumulados nun prazo de 6 meses.
- Tempo de entrega: a Tarxeta Naturgy será entregada ao cliente nun prazo de entre 10 e 15 días dende a data de solicitude.
Sectores excluídos
As operacións de caixeiros automáticos, disposicións telefónicas e as compras realizadas nestes sectores non xerarán € Naturgy:
- Concello de Madrid
- Dirección Xeral tráfico
- Sociedades Financeiras
- ONCE
- Pagamento tributos/taxas estamentos oficiais
- Crédito Express
- Pagamento de tributos e taxas a estamentos
- Envío de diñeiro TNA
- Envío de diñeiro
- Traspaso de efectivo
- Compra de criptomoeda
- Masaxes e saunas
- Casinos
- ONLAE
- Apostas
- Clubs, salas festa, pubs, discotecas, bares
- Redes sociais de contacto
- Xogos