POLÍTICA DE PRIVACIDADE

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO

NATURGY NUEVAS ENERGÍAS, S.L.U. (en diante, Naturgy), con domicilio en Av. de América, n.º 38, 28028, Madrid, e con NIF B-88263249, é a entidade
responsable do tratamento dos seus datos persoais.

II. DATOS PERSOAIS QUE TRATAMOS

II.1. Orixe dos datos persoais que tratamos

Os datos persoais que son tratados por Naturgy poden provir das seguintes fontes:

  • Datos achegados por vostede (p. ex. nome, apelidos, DNI, teléfono, correo, IBAN etc.).

  • Datos observados por Naturgy ou xerados como consecuencia do desenvolvemento, a tramitación e o mantemento da relación iniciada entre vostede e Naturgy (p. ex., produtos contratados, consumos efectuados etc.).

  • Datos procedentes de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, de información pública ou de fontes de acceso público (p. ex. información procedente de rexistros públicos, catastro, diarios e boletíns oficiais etc.).

II.2. Categorías dos datos persoais que tratamos

Nedgia poderá chegar a tratar datos persoais de diferentes tipoloxías, en función da finalidade á que se vaian destinar:

  • Datos identificativos e de contacto, como por exemplo, nome e apelidos, DNI, pasaporte ou NIE, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, enderezo IP, sinatura manuscrita ou electrónica, voz (p. ex., gravación de comunicacións telefónicas) e imaxe.

  • Datos dos vehículos: matrícula, modelo, situación e xeolocalización.

  • Datos de usuario e contrasinal para rexistro e acceso a apps ou plataformas web de Naturgy.

  • Datos económicos e financeiros como, por exemplo, número de conta bancaria de domiciliación, cantidades debidas a Naturgy etc.

  • Datos de produtos e servizos contratados como, por exemplo, a tipoloxía de produtos e servizos contratados, números de contrato, tarxeta de recarga asignada etc.

  • Datos das cargas realizadas: localización das estacións nas que repón, detalles das cargas (día, hora e tarxeta asignada (se procede), tipo de combustible, cantidade reposta, importe e modo de pagamento), historial de facturación, consultas, peticións e reclamacións realizadas, así como calquera outra información asociada a estes contratos.

  • Datos profesionais, como por exemplo, actividade profesional, entidade na que traballa, cargo, pertenza a asociacións, grupos profesionais ou outras organizacións.

  • Datos de navegación e de uso das canles dixitais de Naturgy (cando o consentise), datos de xeolocalización e outros recollidos a través do uso das apps ou dispositivos de Naturgy (cando o autorizase habilitando os permisos correspondentes na app de Naturgy que os requira, ou cando o consentise doutro xeito).


II. FINALIDADE DO TRATAMENTO, BASE LEGAL, DESTINATARIOS E PRAZO DE CONSERVACIÓN

No cadro que se achega a continuación, encontrará a seguinte información para cada un dos tratamentos de datos realizados por Naturgy:

  • Finalidade do tratamento: motivo polo que Naturgy trata os seus datos persoais.

  • Base xurídica: base legal que permite o tratamento dos seus datos persoais por parte de Naturgy para cada unha das finalidades descritas. Cando a base sexa o seu consentimento, significa que os seus datos soamente serán tratados con esa finalidade cando vostede previamente manifeste, mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, a súa conformidade co devandito tratamento, en cuxo caso vostede terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo, se así o desexa. Cando a base sexa o interese lexítimo, Naturgy realizará un xuízo de ponderación entre
    o interese lexítimo perseguido e os seus intereses ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, no que conclúe que o primeiro prevalece sobre os segundos.
    Vostede pode solicitar máis información sobre o devandito xuízo de ponderación dirixíndose ao delegado de Protección de Datos a través das canles indicadas nesta Política de Privacidade. Así mesmo, recordámoslle que vostede ten dereito a opoñerse a calquera tratamento dos seus datos persoais que estea baseado no interese lexítimo, e poderá exercitar o devandito dereito a través das canles que se indican nesta Política de Privacidade.

  • Destinatarios: aqueles terceiros aos que, se é o caso, poderían comunicarse os seus datos persoais, e o motivo da devandita comunicación. Con carácter xeral, para calquera das finalidades que se describirán neste Apartado III, Naturgy terá que comunicar os seus datos persoais a aqueles terceiros aos que por mandato legal estea obrigada a entregárllelos. Por outra banda, tamén poderán ter acceso aos seus datos persoais algúns provedores e prestadores de servizos contratados por Naturgy para que, en calidade de encargados do tratamento, a asistan na consecución da finalidade do
    tratamento correspondente. Os devanditos provedores actuarán suxeitos a un contrato de encarga do tratamento para garantir o cumprimento legal en materia de protección de datos de carácter persoal.

  • Prazo de conservación: prazo durante o cal Naturgy tratará os seus datos persoais. Non obstante, conforme o disposto na lexislación aplicable, os seus datos poderán permanecer bloqueados posteriormente para a súa posta á disposición de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas.


A. CANDO VOSTEDE ADQUIRE A CONDICIÓN DE CLIENTE

Os seus datos persoais poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades que se describirán a continuación, algunhas das cales só terán lugar se vostede prestou o seu consentimento, o cal se lle solicita xeralmente no momento de contratar. Naturgy poderá seguir tratando os seus datos para algunhas das finalidades descritas aínda cando vostede finalice a súa condición de cliente, tal e como se desprende do apartado “Prazo de Conservación”:


FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar a súa solicitude de
contratación
da subministración de
gas natural vehicular ou
recarga eléctrica.

A execución do contrato asinado con vostede ou a aplicación por petición de vostede
de medidas precontractuais.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a
finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que se complete o proceso de contratación.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola
lexislación.

Para poder levar a cabo o proceso de contratación da subministración de GNV ou de
recarga eléctrica, solicitaránselle
algúns datos que son imprescindibles
para tal fin, polo que non poderemos
xestionar a súa solicitude e informalo
do estado desta no caso de non
os facilitar.

O mantemento, desenvolvemento
e xestión da relación
contractual
(p. ex., facturación,
atención ao cliente, xestión de
reclamacións etc.).

A execución do contrato asinado con vostede.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a
finalidade antes indicada.

Os datos persoais conservaranse mentres subsista a relación contractual para a que foron solicitados.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola
lexislación.

Aqueles datos que se identifiquen como
obrigatorios durante o proceso de
contratación son necesarios para podercompletar a contratación do produto/servizo, polo que non
poderemos xestionar a súa contratación no
caso de non os facilitar.

Remitirlle comunicacións
informativas
relacionadas co
produto ou servizo
contratado, ou sobre a súa relación
contractual con Naturgy (p. ex.,
información explicativa da súa
factura, información sobre
puntos de recarga, posibilidade
de realizar xestións a través
da app, campañas de
actualización dos seus datos
etc.).
Non son comunicacións
comerciais.

O interese lexítimo de Naturgy de informar os seus clientes sobre aspectos relacionados cos produtos ou servizos que teñen contratados, ou
sobre aspectos da súa relación contractual con Naturgy.
Estímase que todo cliente ten unha expectativa razoable de ser informado sobre tales aspectos relativos
á súa relación con Naturgy.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a
finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes
eventos:
(i) Finalice a relación contractual
entre Naturgy e vostede.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de
oposición.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos
seus datos con esta finalidade en calquera
momento e de forma gratuíta, dirixindo a
súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de
dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Analizar os consumos que
vostede realiza nas estacións
de recarga
para estimar os
prezos globais das
estacións.

O interese lexítimo de Naturgy en determinar os prezos globais máis axeitados.
Non se aprecia prexuízo ningún derivado para vostede deste tratamento, e estímase
que vostede ten unha expectativa razoable sobre o tratamento dos seus datos para esta finalidade.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que
subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a
finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus
datos persoais con esta finalidade (i) mentres sexa titular dun contrato de subministración e (ii) mentres sexa requirido para analizar e estimar os prezos
globais.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola
lexislación.

Para realizar este tipo de análise, Naturgy utilizará exclusivamente a información sobre vostede da que dispón como consecuencia do seu contrato de subministración de GNV ou de recarga eléctrica, tales como os datos identificativos e de contacto, datos dos vehículos e datos das cargas realizadas. Estes datos obtéñense mediante os dispositivos de telemedida.
Os datos analizados non serán
completados con información procedente doutras fontes distintas.
Para realizar este tipo de análise, Naturgy utilizará exclusivamente a información sobre vostede da que dispón como consecuencia do seu contrato de subministración de GNV ou de recarga eléctrica, tales como os datos identificativos e de contacto, datos dos vehículos e datos das cargas realizadas. Estes datos obtéñense mediante os dispositivos de
telemedida
. Os datos analizados non serán completados con información procedente doutras fontes distintas.
A realización do seu perfil básico non implicará a adopción de ningunha decisión que produza efectos xurídicos sobre vostede ou o afecte significativamente de xeito semellante, o que non implica, en ningún
caso, que a vostede se lle impida contratar calquera
produto ou servizo de Naturgy.
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos
seus datos con esta finalidade en calquera
momento e de forma gratuíta, dirixindo a
súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Elaborar un perfil complexo
sobre vostede con fins
comerciais
.

O consentimento prestado por vostede.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que
subscribísemos os correspondentes contratos.

Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o consentimento prestado.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola
lexislación.

Os seus datos soamente serán tratados con
esta finalidade cando vostede dea
previamente o seu consentimento.
Confeccionar un perfil complexo sobre
vostede implica a realización de análises
máis elaboradas que permiten a Naturgy
ter un maior coñecemento sobre os seus
hábitos e circunstancias persoais, para
deste xeito facer predicións que supoñemos máis precisas sobre as súas
necesidades ou preferencias en relación
co tipo de produtos e servizos
comercializados por Naturgy.
Para elaborar un perfil complexo sobre
vostede, Naturgy utilizará non soamente os
datos achegados por vostede e aqueles
datos observados por Naturgy ou
xerados como consecuencia do
desenvolvemento, tramitación e mantemento
da relación iniciada entre vostede e
Naturgy, senón tamén datos procedentes
do resto de fontes enumeradas no
Apartado II.1 desta Política de
Privacidade.
Os datos que poden ser tratados con
esta finalidade, e obtidos de calquera d
as fontes citadas, poden
pertencer a calquera das categorías
enumeradas no Apartado II.2 desta
Política de Privacidade, e estarán referidos
como máximo aos 3 últimos anos.
Non se tratarán categorías especiais de
datos (relixión, ideoloxía, saúde etc.).
Polo tanto, na elaboración dun
perfil complexo, Naturgy poderá ter en
conta información que lle permitirá
coñecer algúns dos seus hábitos de
conduta que son de interese para
Naturgy (p. ex., localización das estacións nas
que repón, detalles das cargas por día,
hora e tarxeta asignada (se procede), tipo
de combustible, cantidade reposta,
importe e modo de pagamento).
A análise de toda esta información
permite a Naturgy ofrecerlle non
soamente información comercial xeral
sobre os seus produtos e servizos, senón
información comercial que supoñemos
moito máis adaptada ás súas circunstancias
e hábitos de conduta (p. ex., prezos
axeitados aos seus hábitos de consumo e
recarga).
Por todo iso, Naturgy unicamente realizará
este tipo de perfilado complexo cando conte co seu consentimento expreso, que vostede poderá retirar en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de
dereitos sobre protección de datos, se
indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede por calquera
medio, mesmo por
correo electrónico ou outro
medio de comunicación
electrónica equivalente,
para facerlle chegar
comunicacións comerciais
referentes a produtos ou
servizos de Naturgy
que sexan
similares aos que xa ten
contratados.

O interese lexítimo de Naturgy de ofrecer aos seus clientes outros produtos ou servizos
de Naturgy.
E cando a devandita comunicación se realice por correo electrónico ou outro medio de
comunicación electrónica equivalente, basearase no disposto no artigo 21.2
da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e
de comercio electrónico, que exime a Naturgy de obter o seu consentimento para o envío destas comunicacións.
Dada a relación contractual existente entre Naturgy e vostede, estímase que vostede
ten unha expectativa razoable de recibir este tipo de comunicacións comerciais.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do
tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes
eventos:
(i) Finalice a relación contractual entre Naturgy e vostede.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola
lexislación.

Para facerlle chegar estas comunicacións
comerciais, Naturgy utilizará os seus datos
identificativos e de contacto.
Cando Naturgy lle remita estas comunicacións por medios electrónicos,
ofreceralle en cada unha delas a
posibilidade de manifestar a súa oposición
a seguir recibíndoas.
E, en calquera caso, vostede poderá
opoñerse ao tratamento dos seus datos con
esta finalidade en calquera momento e de
xeito gratuíto, dirixindo a súa solicitude a
calquera dos enderezos que, para o
exercicio de dereitos sobre protección de
datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede por calquera
medio, mesmo por
correo electrónico ou outro medio de
comunicación electrónica
equivalente,
para facerlle chegar comunicacións
comerciais referentes a
produtos ou servizos de
terceiros colaboradores de
Naturgy, ou referentes a
produtos ou servizos de
Naturgy, aínda que non sexan similares aos que xa ten
contratados
, mesmo despois
de finalizar a relación
contractual.

O consentimento prestado por vostede.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do
tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o
consentimento outorgado ou se opoña ao tratamento dos seus datos con esta finalidade.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola
lexislación.

Os seus datos soamente serán tratados con
esta finalidade cando vostede dea
previamente o seu consentimento.
Estas comunicacións comerciais
remitidas por Naturgy poden referirse a
calquera produto e servizo de
Naturgy, e tamén a produtos e
servizos doutras entidades coas que
Naturgy teña acordos de colaboración,
pertencentes aos sectores de actividade
que aparecen enumerados na seguinte
ligazón: www.naturgy.es/sectores
Para facerlle chegar estas comunicacións
comerciais, Naturgy utilizará os seus datos
identificativos e de contacto.
Así mesmo, Naturgy poderá servirse do
perfil básico para definir o contido
destas comunicacións comerciais.
Cando Naturgy lle remita estas
comunicacións por medios electrónicos,
ofreceralle en cada unha delas
a posibilidade de manifestar a súa oposición a
seguir recibíndoas.
E, en calquera caso, vostede ten dereito a
retirar o seu consentimento ou opoñerse ao
tratamento dos seus datos con esta
finalidade en calquera momento e de
forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a
calquera dos enderezos que, para o
exercicio de dereitos sobre protección de
datos, se indican nesta Política de
Privacidade.

Comunicar os seus datos
persoais a empresas do
Grupo Naturgy e outras
entidades
coas que
teñamos acordos de
colaboración, para que lle poidan
enviar, mesmo por medios
electrónicos, comunicacións
comerciais relativas aos
seus produtos e servizos.

O consentimento prestado por vostede.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará
os seus datos con esta finalidade
ata que vostede revogue o
consentimento outorgado ou se
opoña ao tratamento dos seus
datos con esta finalidade.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Para facerlle chegar estas comunicacións
comerciais, Naturgy utilizará os seus datos
identificativos e de contacto.
Así mesmo, Naturgy poderá servirse do
perfil básico para definir o contido
destas comunicacións comerciais.
Cando Naturgy lle remita estas
comunicacións por medios electrónicos,
ofreceralle en cada unha delas
a posibilidade de manifestar a súa oposición a
seguir recibíndoas.
E, en calquera caso, vostede poderá
opoñerse ao tratamento dos seus datos con
esta finalidade en calquera momento e de
xeito gratuíto, dirixindo a súa solicitude a
calquera dos enderezos que, para o
exercicio de dereitos sobre protección de
datos, se indican nesta Política de
Privacidade.

Xestionar os impagos e
o cobramento de débedas
(no caso de
que se produza algún impago por
parte de vostede).

O interese lexítimo de Naturgy
en buscar vías para
garantir que se respecten os seus dereitos contractuais e
así facer efectivo o cobramento dos
importes que lle son
debidos.
Consideramos que calquera
cliente ten unha expectativa
razoable de que lle sexan
reclamados aqueles
importes que deba a
Naturgy polos produtos ou
servizos contratados.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a
finalidade descrita.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Poñerse en contacto con vostede para
coñecer o seu grao de
satisfacción e calidade do
servizo recibido
en relación
coa súa instalación ou punto de
subministración. Pode requirir a
gravación da chamada que,
se é o caso, se realice.

O interese lexítimo de Naturgy
en avaliar a calidade do
servizo ofrecido, tanto pola
propia Naturgy como por
aqueles colaboradores ou
terceiros cos que traballa
en relación cos devanditos
servizos, por ser
fundamental para garantir uns estándares de calidade
adecuados.
Naturgy considera que, ao
recibir un servizo por parte
de Naturgy, vostede ten unha
expectativa razoable de ser
consultado a este respecto.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará
e tratará os seus datos con esta
finalidade ata que aconteza o
primeiro dos seguintes
eventos:
(i) Vostede deixe de ser titular dun
punto de subministración.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de
oposición
. Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

A resposta a estas enquisas será
sempre voluntaria.
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos
seus datos con esta finalidade en calquera
momento e de forma gratuíta, dirixindo
a súa solicitude a calquera dos
enderezos que, para o exercicio dos
dereitos sobre protección de datos, se
indican nesta Política de Privacidade.

Xestionar o seu rexistro como
usuario na aplicación
Naturgy Vehicular
ou Easy
Recarga cando vostede o
solicitase), o que lle permitirá
acceder a ela e usar
as funcionalidades que
ofrece.

O consentimento ofrecido
por vostede ao darse de alta a
través da aplicación móbil.

Poderán ter acceso aos seus
datos os fornecedores de
servizos e provedores de
Naturgy, en calidade de
encargados do tratamento,
cos que subscribísemos
os correspondentes
contratos para poder
cumprir a finalidade
antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade ata
que aconteza o primeiro dos
seguintes eventos:
(i) Vostede xestione a súa baixa como
usuario de Naturgy Vehicular ou
de Easy Recarga.
(ii) Vostede retire o seu
consentimento ou,
posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Aqueles datos que aparezan marcados
como obrigatorios no correspondente
formulario de rexistro son necesarios
para poder xestionar axeitadamente o seu
rexistro como usuario, polo que non
poderá rexistrarse no caso de non
facilitalos.
Naturgy soamente destinará a esta finalidade os datos facilitados por vostede
durante o seu proceso de rexistro na Área
Privada.
Vostede ten dereito a retirar o
seu consentimento en calquera momento e de
forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude
a calquera dos enderezos que, para
o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de
Privacidade.
A revogación do devandito consentimento
implicará a imposibilidade de seguir
sendo usuario da Área Privada de
Naturgy, o cal lle impide acceder a
esta e facer uso das funcionalidades
que ofrece.



B. CANDO VOSTEDE CONTACTA CON NATURGY CON DIFERENTES FINS

En ocasións, vostede, xa for titular dun contrato, de subministración de GNV ou de recarga eléctrica ou non, pode dirixirse a Naturgy para solicitar información, orzamentos, formular consultas, participar en promocións organizadas por Naturgy, ou ben interactuar ou realizar outras xestións varias con Naturgy á marxe da existencia ou non dunha relación previa contractual ou doutro tipo con Naturgy, polo que nos facilita para tal efecto algúns dos seus datos persoais. Os devanditos datos poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades descritas a continuación:


FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Xestionar e atender a
petición, consulta,
solicitude de
información ou
requirimento
efectuado por vostede
a
Naturgy, non relacionado
cun contrato
previamente asinado
con Naturgy ou coa
titularidade previa dun
contrato ou servizo.

O consentimento
outorgado por vostede ao
realizar a devandita petición,
consulta ou requirimento
a través dalgunha das
canles habilitadas por
Naturgy para tal efecto.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará
e tratará os seus datos con esta
finalidade ata que aconteza o
primeiro dos seguintes
eventos:
(i) Finalice a xestión da súa
petición ou consulta.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou
revogue o consentimento
outorgado.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Os datos que serán tratados por Naturgy
con esta finalidade son aqueles facilitados
por vostede con ocasión da petición,
consulta ou requirimento
correspondente.
Vostede ten dereito a retirar o seu
consentimento en calquera momento e
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude
a calquera dos enderezos que, para
o exercicio de dereitos sobre protección
de datos, se indican nesta Política de
Privacidade.
A revogación do devandito consentimento
implica a renuncia a que sexa atendida a
súa petición ou consulta.

Xestionar a
organización e
o desenvolvemento,
ata a súa
conclusión, dos
seminarios,
conferencias, accións
formativas ou lúdicas, e
outros eventos
(no
sucesivo, o ‘Evento’’)
de Naturgy nos que
vostede se inscribise.
Pode incluír, se é o
caso, a emisión dos
correspondentes
certificados de
asistencia.

O consentimento
outorgado por vostede ao
inscribirse no Evento.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade ata
que aconteza o primeiro dos
seguintes eventos:
(i) Transcorresen tres (3)
meses dende a conclusión do
Evento.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou
revogue o consentimento
outorgado.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Os datos que serán tratados por Naturgy
con esta finalidade son aqueles que vostede
facilite no momento de inscribirse no
Evento.
Aqueles datos que aparezan marcados
como obrigatorios no correspondente
formulario de inscrición son necesarios
para poder xestionar axeitadamente a súa
participación no Evento, polo que non
poderá inscribirse no caso de non
os facilitar.
Vostede ten dereito a retirar o seu
consentimento en calquera momento e
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude
a calquera dos enderezos que, para
o exercicio de dereitos sobre protección
de datos, se indican nesta Política de
Privacidade.
A revogación do consentimento
outorgado ao inscribirse implicará a
renuncia a participar no Evento.

Xestionar a
organización e
o desenvolvemento, ata a súa
conclusión, da
promoción, concurso,
sorteo ou similar
(no
sucesivo, a
"Promoción’") de
Naturgy na que vostede
se inscribise.
En
particular, para
identificar os usuarios
participantes,
seleccionar os
gañadores e xestionar a
entrega do premio a
estes últimos.

O consentimento
prestado por vostede ao
inscribirse na
Promoción.

Poderán ter acceso aos seus
datos os fornecedores de
servizos e provedores de
Naturgy, en calidade de
encargados do tratamento,
cos que subscribísemos
os correspondentes
contratos para poder
cumprir a finalidade
antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade ata
que aconteza o primeiro dos
seguintes eventos:
(i) Transcorresen tres (3)
meses dende a conclusión da
Promoción.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou
revogue o consentimento
outorgado.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Os datos que serán tratados por Naturgy
con esta finalidade son aqueles que vostede
facilite no momento de inscribirse na
Promoción.
Aqueles datos que aparezan marcados
como obrigatorios no correspondente
formulario de inscrición son necesarios
para poder xestionar axeitadamente a súa
participación na Promoción, polo que non
poderá inscribirse no caso de non
os facilitar.
Vostede ten dereito a retirar o seu
consentimento en calquera momento e
de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude
a calquera dos enderezos que, para
o exercicio de dereitos sobre protección
de datos, se indican nesta Política de
Privacidade.
A revogación do consentimento
outorgado ao inscribirse implicará a
renuncia a participar na Promoción.

Utilizar as imaxes e
voz tomadas sobre a súa
persoa
, para difundir
os Eventos ou
Promocións
organizados por
Naturgy en medios
públicos ou privados,
mesmo redes sociais,
coa publicación das
imaxes ou voz
captados durante a
súa realización.

O consentimento
prestado por vostede.

A súa imaxe e voz poderán ser
obxecto de reprodución,
difusión ou comunicación a
terceiros, nos termos que
en cada caso lle
informen ao inscribirse no
Evento ou Promoción
correspondente.
Tamén poderán ter
acceso aos seus
datos persoais os fornecedores
de servizos e provedores de
Naturgy, en
calidade de encargados do tratamento,
cos que subscribísemos os
correspondentes
contratos para poder cumprir
a finalidade
antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade ata que
vostede revogue o seu
consentimento ou solicite a súa
supresión.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Vostede ten dereito a retirar o seu
consentimento en calquera momento,
dirixindo a súa solicitude a calquera dos
enderezos que, para o exercicio de
dereitos sobre protección de datos, se
indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede
para coñecer o seu grao
de satisfacción co
servizo recibido
, ou co
Evento ou a
Promoción nos que
participase.

O interese lexítimo de
Naturgy en avaliar a
calidade dos servizos
ofrecidos, tanto pola
propia Naturgy como por
aqueles colaboradores ou
terceiros cos que
traballa en relación cos
devanditos servizos, por ser
fundamental para
garantir uns
estándares de calidade
adecuados.
Consideramos que, ao
facer uso ou recibir un
servizo de Naturgy, vostede
ten unha expectativa
razoable de ser
consultado a este
respecto.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará
e tratará os seus datos con esta
finalidade ata que aconteza o
primeiro dos seguintes
eventos:
(i) Se complete a finalidade
descrita.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de
oposición.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos
seus datos con esta finalidade en calquera
momento e de forma gratuíta, dirixindo
a súa solicitude a calquera dos
enderezos que, para o exercicio dos
dereitos sobre protección de datos, se
indican nesta Política de Privacidade.



C. RESPECTO DE PERSOAS DE CONTACTO E REPRESENTANTES LEGAIS DE ENTIDADES, ASÍ COMO DE EMPRESARIOS INDIVIDUAIS E PROFESIONAIS LIBERAIS

En ocasións, Naturgy pode manter unha relación profesional coa persoa xurídica á que vostede preste os seus servizos, ou ben con vostede mesmo se é vostede un empresario individual ou un profesional liberal. Nestes casos, pode acontecer que Naturgy dispoña dos seus datos de contacto e, en ocasións, os relativos á función ou posto desempeñado por vostede (no seu conxunto, os Datos de Contacto Profesional). Os devanditos datos poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades descritas a continuación:

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Manter unha
relación profesional

con (segundo
corresponda):
(i) A persoa xurídica
á que vostede ofreza
os seus servizos;
(ii) Vostede, na súa calidade de empresario
individual ou
profesional liberal.

O interese lexítimo de
Naturgy, de conformidade
co artigo 19 da
Lei orgánica 3/2018, do 5
de decembro, de
protección de datos
persoais e garantía dos
dereitos dixitais
(LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus
Datos de Contacto Profesional
con esta finalidade ata que
vostede solicite a súa supresión ou
exerza o seu dereito de oposición.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Os seus Datos de Contacto Profesional
puideron ser obtidos:
(i) Con motivo da formalización ou
execución dun contrato ou dunha
relación profesional entre Naturgy e a
persoa xurídica á que vostede ofrece
os seus servizos, ou ben con vostede
mesmo na súa calidade de empresario
individual ou profesional liberal.
(ii) A través de terceiros, pertencentes ao
sector público ou privado, ou ben a
través de información pública ou de
fontes de acceso público.
(iii) Mediante networking ou reunións
profesionais con membros de Naturgy.
(iv) Ou ben que os facilitase a
Naturgy vostede mesmo ou a entidade ou
organismo no que vostede presta os seus
servizos, ou aquela outra entidade ou
organismo superior do que depende.
O tratamento dos seus Datos de Contacto
Profesional ten por obxecto xestionar
axeitadamente calquera relación de
Naturgy coa persoa xurídica á
que vostede preste os seus servizos, ou ben
con vostede na súa calidade de empresario
individual ou profesional liberal, pero os
seus datos non serán tratados para xestionar
unha relación con vostede como persoa
física.

Xestionar os impagos
e o cobramento de débedas

(no caso de producirse
algún impago por parte de
vostede na súa condición
de empresario
individual ou
profesional liberal).

O interese lexítimo de
Naturgy en buscar vías
para garantir que se
respecten os seus dereitos
contractuais e así facer
efectivo o cobramento dos
importes que lle son
debidos.
Consideramos que
calquera cliente ten
unha expectativa
razoable de que lle sexan
reclamados aqueles
importes que deba a
Naturgy polos
produtos ou servizos contratados.
O interese lexítimo de
Naturgy, de conformidade co
artigo 20 da
Lei orgánica 3/2018, do 5
de decembro, de
protección de datos
persoais e garantía dos
dereitos dixitais
(LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os seus
datos con esta finalidade mentres
sexan necesarios para a finalidade
descrita.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.


D. OUTROS TRATAMENTOS

FINALIDADE DO TRATAMENTO

BASE XURÍDICA

DESTINATARIOS

PRAZO DE CONSERVACIÓN

OBSERVACIÓNS

Avaliar a calidade do
servizo ofrecido
nos
contactos
telefónicos con
Naturgy.

O interese lexítimo de
Naturgy en avaliar a
calidade do servizo que se
ofrece, tanto por Naturgy
como polas súas empresas
colaboradoras, cando
vostede contacta por
teléfono con Naturgy ou
cando Naturgy contacta
con vostede, en relación
con algunha das
finalidades descritas
nesta Política, por ser
fundamental para
garantir uns
estándares de calidade
adecuados.
Consideramos que,
ao recibir un servizo de
Naturgy, vostede ten unha
expectativa razoable de
que se avalíe a
súa calidade.

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy unicamente conservará
e tratará os seus datos con esta
finalidade ata que aconteza o
primeiro dos seguintes
eventos:
(i) Se complete a finalidade
descrita.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de
oposición.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Dado que a súa voz é un dato persoal, no
caso de que a súa chamada vaia ser
gravada coa finalidade descrita, vostede será
informado diso no momento de
iniciar a conversación.
Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos
seus datos con esta finalidade en calquera
momento e de forma gratuíta, dirixindo
a súa solicitude a calquera dos
enderezos que, para o exercicio dos
dereitos sobre protección de datos, se
indican nesta Política de Privacidade.

Videovixilancia das
instalacións de carga
ou recarga de
combustible para
garantir a
seguridade de
persoas, bens e
instalacións.

O cumprimento dunha
misión de interese público.

Os seus datos persoais poderán
ser comunicados a forzas e
corpos de seguridade do
Estado, así como a xulgados
e tribunais de xustiza ou outra
autoridade competente.
Así mesmo, poderían ter
acceso aos seus datos
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir a
finalidade antes indicada.

Os datos persoais serán
suprimidos no prazo máximo
dun mes dende a súa captación,
agás cando debesen ser
conservados para acreditar a
comisión de actos que atenten
contra a integridade de persoas,
bens ou instalacións.

O único dato persoal obxecto de
tratamento é a imaxe captada sobre
vostede a través das cámaras de
videovixilancia.
No suposto de que se cometan actos
que atenten contra a integridade de
persoas, bens ou instalacións,
facilitaranse as imaxes captadas á
autoridade competente no prazo
máximo de setenta e dúas horas dende
que se tivese coñecemento da
existencia da gravación.

Xestionar as
solicitudes
presentadas por vostede
para o exercicio dos
seus dereitos
individuais en
materia de protección
de datos
de carácter
persoal.

O cumprimento da
obriga legal imposta
ao responsable do
tratamento polo
Regulamento (UE)
2016/679 (RGPD) e a Lei
orgánica 3/2018, do 5 de
decembro, de protección
de datos persoais e
garantía dos dereitos
dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus
datos persoais os
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir
a finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade mentres
sexan necesarios para a finalidade
descrita.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

Cumprir con
obrigas legais

impostas pola
normativa aplicable a
Naturgy.

O cumprimento dunha
obriga legal aplicable
a Naturgy.

Os seus datos persoais serán
comunicados a aqueles
terceiros aos que Naturgy
estea legalmente obrigada a
comunicar.
Así mesmo, poderían ter
acceso aos seus datos
fornecedores de servizos e
provedores de Naturgy, en
calidade de encargados do
tratamento, cos que
subscribísemos os
correspondentes contratos
para poder cumprir a
finalidade antes indicada.

Naturgy conservará e tratará os
seus datos con esta finalidade mentres
sexan necesarios para a finalidade
descrita.
Posteriormente, podería ser de
aplicación a obriga de
bloqueo imposta pola
lexislación.

En ocasións, Naturgy ten que tratar
os seus datos persoais, xeralmente comunicándoos
a un terceiro, para dar
cumprimento a unha obriga legal que
lle é aplicable.
A continuación, sinalámoslle os casos
máis relevantes derivados da normativa
do sector da enerxía:
Información remitida a MINCOTUR,
información sobre emisións de gases de
efecto invernadoiro, en virtude do Real
decreto 235/2018, do 27 de abril.
Envío anual de cantidades vendidas
en instalacións terrestres xerais,
conforme a Orde ITC/2308/2007, do
25 de xullo, pola que se determina a
forma de remisión de información ao
Ministerio para a Transición Ecolóxica e
o Reto Demográfico sobre as actividades
de subministración de produtos petrolíferos.
A iso sumaríanse aqueles outros
supostos nos que Naturgy ten a
obriga legal de comunicar os datos
persoais que, se é o caso, lle sexan
requiridos pola autoridade xudicial ou
administrativa competente, así como polos
corpos e forzas de seguridade. Por
exemplo, aqueles derivados da
seguinte normativa:
- Art. 7 da Lei orgánica 7/2021, do 26
de maio, de protección de datos
persoais tratados para fins de
prevención, detección, investigación e
axuizamento de infraccións penais
e de execución de sancións penais.
- Art. 18 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento
administrativo común das
Administracións públicas.



IV. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS.

Se, para o tratamento dos seus datos coas finalidades indicadas, estes tivesen que ser transferidos fóra do Espazo Económico Europeo (EEE), as devanditas transferencias realizaríanse sobre a base da sinatura coas devanditas compañías localizadas fóra do EEE de cláusulas tipo de protección de datos adoptadas pola Comisión Europea para transferencias internacionais, ou ben sobre a base da adopción dalgunha das outras garantías adecuadas previstas pola normativa aplicable. Na columna “Destinatarios” do apartado anterior, pode encontrar información máis detallada naqueles casos nos que existan este tipo de transferencias.


V. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

NATURGY designou un Delegado de Protección de Datos, cuxa información de contacto é a seguinte:
- Enderezo postal: Avenida de América, 38 – CP 28028 Madrid
- Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com


VI. DEREITOS SOBRE OS DATOS PERSOAIS

Os dereitos que legalmente o asisten e que poderá exercitar, cando proceda, son os seguintes

DEREITOCONTIDO

Acceso

Poderá consultar os seus datos persoais que están a ser obxecto de tratamento por Naturgy.

Rectificación

Poderá modificar os seus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos.

Supresión

Poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais.

Oposición

Poderá solicitar que non se traten os seus datos persoais sobre a base do interese lexítimo. Así mesmo, poderá opoñerse a que os seus datos persoais sexan tratados con fins de mercadotecnia directa, inclusive á elaboración de perfís na medida que estea relacionada coa devandita mercadotecnia directa.

Limitación do tratamento

Poderá solicitar a limitación ao tratamento dos seus datos:

- Mentres se comprobe a impugnación da exactitude dos seus datos.
- Cando o tratamento sexa ilícito, pero vostede se opoña á supresión dos seus datos e solicite a limitación do seu uso.
- Cando Naturgy xa non necesite tratar os seus datos, pero vostede os requira para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Cando vostede se opuxese ao tratamento dos seus datos para o cumprimento dunha misión de interese público ou para a
satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os
seus.

Non Decisións Automatizadas

Poderá solicitar non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Retirar consentimento

Poderá retirar en calquera momento, sen efecto retroactivo, o consentimento que vostede prestase previamente para autorizar o tratamento dos seus datos para unha finalidade determinada.

Portabilidade

Poderá recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase, así como transmitilos a outra entidade.

Poderá exercitar os mencionados dereitos a través das seguintes canles:

- Correo electrónico: clientearconne@naturgy.com
- Enderezo postal: Á atención da unidade que atenda Naturgy, Avenida de América, n.º 38 28028 Madrid.

Na súa comunicación, deberá constar como referencia “Solicitud Protección de Datos – Ejercicio de Derechos”. Posto que estes son dereitos individuais, Naturgy
debe verificar que efectivamente son exercidos polo interesado ou persoa autorizada. Por iso, se Naturgy tivese dúbidas sobre a súa identidade, poderá solicitarlle
información adicional para confirmala, como por exemplo, a copia do seu DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente que o identifique. Vostede tamén
poderá utilizar a súa sinatura electrónica en lugar do DNI. No caso de que exerza os seus dereitos unha persoa autorizada polo interesado, deberá evidenciar a identidade
do autorizado e achegar o documento que acredite a devandita autorización.
Naturgy facilitará a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous
meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
Se considera que non tratamos os seus datos persoais adecuadamente, pode contactar co Delegado de Protección de Datos a través das canles antes
indicadas.
En calquera caso, informámolo de que, se considera que no tratamento dos seus datos persoais se cometeu unha infracción da normativa aplicable en
materia de protección de datos, tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (p. Ex., a Axencia Española de Protección
de Datos - www.aepd.es).


Outubro 2022