POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE NATURGY CLIENTES, S.A.U.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE NATURGY CLIENTES, S.A.U.
I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO
Naturgy Clientes, S.A.U. (en diante Naturgy), con domicilio en Av. América, 38, 28028, Madrid, e con N.I.F. A-67760876, é a entidade responsable do tratamento dos seus datos persoais.
II. FINALIDADE DO TRATAMENTO, BASE LEXAL, DESTINATARIOS E PRAZO DE CONSERVACIÓN
No cadro que se achega a continuación atopará a seguinte información para cada un dos tratamentos de datos realizados por Naturgy:
· Finalidade do tratamento: motivo polo que Naturgy trata os seus datos persoais.
· Base xurídica: base legal que permite o tratamento dos seus datos persoais por parte de Naturgy para cada unha das finalidades descritas. Cando a base sexa o seu consentimento, significa que os seus datos só serán tratados con esa finalidade cando vostede previamente manifestase, mediante unha declaración ou unha acción afirmativa clara, a súa conformidade con dito tratamento; nese caso, vostede terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo. Cando a base sexa o interese lexítimo, Naturgy terá realizado un xuízo de ponderación entre o interese lexítimo perseguido e os seus intereses ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, concluíndo que o primeiro prevalece sobre os segundos. Vostede pode solicitar máis información sobre ese xuízo de ponderación dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos polos canais indicados nesta Política de Privacidade. Así mesmo, lembrámoslle que vostede ten dereito a opoñerse a calquera tratamento baseado no interese lexítimo, podendo exercer ese dereito polos canais indicados nesta Política de Privacidade.
· Destinatarios: aqueles terceiros aos que, se é o caso, se poderían comunicar os seus datos persoais e o motivo desa comunicación. Con carácter xeral, para calquera das finalidades descritas neste Apartado II, Naturgy terá que comunicar os seus datos persoais aos terceiros aos que por mandato legal estea obrigada a entregalos. Doutra banda, tamén poderán acceder aos seus datos persoais determinados provedores e prestadores de servizos contratados por Naturgy para que, en calidade de encargados do tratamento, lle asistan na consecución da finalidade correspondente. Estes provedores actuarán suxeitos a un contrato de encargo de tratamento que garante o cumprimento da normativa en materia de protección de datos.
· Prazo de conservación: período durante o cal Naturgy tratará os seus datos persoais. Non obstante, conforme á lexislación aplicable, os seus datos poderán permanecer posteriormente bloqueados para seren postos á disposición de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, para a exixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento, e só polo prazo de prescrición das mesmas.
RESPECTO DE PERSOAS DE CONTACTO E REPRESENTANTES LEGAIS DE ENTIDADES, ASÍ COMA DE EMPRESARIOS INDIVIDUAIS E PROFESIONAIS LIBERAIS, OU BEN REPRESENTANTES DE COMUNIDADES DE PROPIETARIOS
En ocasións, Naturgy pode manter unha relación profesional coa persoa xurídica na que vostede presta os seus servizos, coa comunidade de propietarios que vostede representa, ou ben con vostede se é empresario individual ou profesional liberal. Nestes casos, pode ocorrer que Naturgy dispoña dos seus datos de contacto e, en ocasións, dos relativos á función ou posto desempeñado por vostede (no seu conxunto, os Datos de Contacto Profesional). Estes datos poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades descritas a continuación:
FINALIDADE DO TRATAMENTO | BASE XURÍDICA | DESTINATARIOS | PRAZO DE CONSERVACIÓN | OBSERVACIÓNS |
Manter unha relación profesional con (segundo corresponda): (i) A persoa xurídica na que vostede presta os seus servizos (ii) Vostede, na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal.
| O interese lexítimo de Naturgy, de conformidade co artigo 19 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). | Poderán acceder aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que se subscribisen os correspondentes contratos necesarios para cumprir coa finalidade indicada. | Naturgy conservará e tratará os seus Datos de Contacto Profesional con esta finalidade ata que vostede solicite a súa supresión ou exerza o seu dereito de oposición. Posteriormente, poderá aplicarse a obrigación de bloqueo imposta pola lexislación. | Os seus Datos de Contacto Profesional poden teren sido obtidos: (i) Con motivo da celebración ou execución dun contrato ou dunha relación profesional entre Naturgy e a persoa xurídica na que vostede presta servizos, ou ben con vostede na súa condición de empresario individual ou profesional liberal. (ii) A través de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, ou ben mediante información pública ou fontes de acceso público. (iii) Mediante networking ou reunións profesionais con membros de Naturgy. (iv) Ou ben facilitados a Naturgy por vostede ou pola entidade na que presta servizos ou pola entidade superior da que dependa. O tratamento dos seus Datos de Contacto Profesional ten por obxecto xestionar adecuadamente a relación de Naturgy coa entidade na que vostede presta servizos, ou con vostede na súa condición de profesional, pero os seus datos non serán tratados para xestionar unha relación con vostede como persoa física. |
Manter unha relación profesional coa Comunidade de Propietarios á que vostede representa. | O interese lexítimo de Naturgy de ofrecer os seus servizos, manter e xestionar relacións comerciais cunha Comunidade de Propietarios, sendo a interlocución con esta só posible a través do Presidente da Comunidade ou doutra persoa que ostente a súa representación legal. Naturgy considera que as persoas que representan a Comunidade de Propietarios teñen unha expectativa razoable de seren contactadas para os fins indicados. | Poderán acceder aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento. | Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede solicite a súa supresión ou exerza o seu dereito de oposición. Posteriormente, poderá aplicarse a obrigación de bloqueo establecida pola lexislación. | Os seus Datos de Contacto Profesional poden teren sido obtidos: (i) Por teren sido facilitados por vostede ou pola Comunidade de Propietarios que representa. (ii) A través de terceiros ou mediante fontes de acceso público. (iii) Mediante encontros profesionais con membros de Naturgy. O tratamento dos seus Datos de Contacto Profesional ten por obxecto xestionar a relación de Naturgy coa Comunidade que vostede representa, non con vostede como persoa física.
|
No caso de que vostede sexa empresario individual ou profesional liberal e estea a solicitar a contratación dun produto ou servizo, consultar información sobre a súa solvencia patrimonial e sobre o incumprimento de obrigas dinerarias, financeiras ou de crédito, mediante o sistema de información crediticia ASNEF, xestionado por EQUIFAX IBERIA, S.L., ou outro que se lle informe oportunamente, así como consultar información sobre a existencia de débedas coa propia Naturgy. Estas consultas darán lugar a unha decisión automatizada sobre a aprobación ou denegación da súa solicitude de contratación. | A consulta e tratamento da información obtida dos sistemas de información crediticia baséase no interese lexítimo de Naturgy en garantir a viabilidade económica da contratación solicitada, conforme ao disposto no art. 20.1.e) da Lei Orgánica 3/2018. A adopción dunha decisión automatizada realízase por ser necesaria para a celebración do contrato con vostede, conforme ao art. 22.2.a) do Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD).
| Poderán acceder aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento. | Os datos obtidos das consultas conservaranse ata que finalice o proceso de contratación. Posteriormente poderá aplicarse o bloqueo legal. | Un sistema informático realiza as consultas e, cando das mesmas se desprende información relativa ao incumprimento por parte súa de obrigas dinerarias, financeiras ou de crédito por importe superior ao límite establecido, o sistema, automaticamente e sen intervención humana, rexeita a súa solicitude de contratación. En todo caso, vostede ten dereito a obter intervención humana no proceso, expresar o seu punto de vista e impugnar a decisión, dirixíndose a clientesarco@naturgy.com |
Xestionar os impagos e o cobro de débedas (no caso de producirse algún impago por parte súa como empresario individual ou profesional liberal). | O interese lexítimo de Naturgy en garantir o respecto dos seus dereitos contractuais e facer efectivo o cobro dos importes debidos. Consideramos que calquera cliente ten unha expectativa razoable de que lle sexan reclamados os importes que adebede a Naturgy polos produtos ou servizos contratados. O interese lexítimo de Naturgy, de conformidade co artigo 20 da Lei Orgánica 3/2018. | Os datos relativos ao incumprimento de obrigas dinerarias poderán ser comunicados ao sistema de información crediticia ASNEF ou outro que se lle informe oportunamente, conforme ao art. 20 da LOPDGDD. Así mesmo, poderán acceder aos seus datos os prestadores de servizos e provedores de Naturgy. | Naturgy conservará e tratará os seus datos mentres sexan necesarios para a finalidade descrita. As comunicacións ao sistema de información crediticia manteranse mentres persista o incumprimento, cun máximo de cinco anos desde o vencemento da obriga dineraria. Posteriormente poderá aplicarse o bloqueo legal. | En relación coa comunicación de datos a sistemas de información crediticia, infórmaselle de que Naturgy e a entidade que xestiona o sistema crediticio son corresponsables do tratamento, conforme ao art. 20 da LOPDGDD e ao art. 26 do RGPD. Pode solicitar os aspectos esenciais do acordo dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos.
|
Xestionar as solicitudes presentadas por vostede para o exercicio dos seus dereitos individuais en materia de protección de datos. | O cumprimento da obriga legal imposta ao responsable do tratamento polo Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e pola Lei Orgánica 3/2018. | Poderán acceder aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de Naturgy. | Naturgy conservará e tratará os seus datos mentres sexan necesarios para a finalidade descrita. Posteriormente poderá aplicarse o bloqueo legal. |
|
III. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS.
Naturgy non prevé a realización de transferencias internacionais no curso do tratamento dos seus datos persoais para as finalidades indicadas.
Se para o tratamento dos seus datos fose necesario transferilos fóra do Espazo Económico Europeo (“EEE”), estas transferencias realizaríanse mediante cláusulas contractuais tipo ou outras garantías adecuadas previstas pola normativa aplicable.
IV. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Naturgy designou un Delegado de Protección de Datos, cuxos datos de contacto son os seguintes:
- Enderezo postal: Av. América, 38, C.P. 28028, Madrid
- Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com
V. DEREITOS SOBRE OS SEUS DATOS PERSOAIS
Os dereitos que legalmente lle asisten e que poderá exercer, cando proceda, son os seguintes:
DEREITO | CONTIDO |
Acceso | Poderá consultar os datos persoais que están sendo tratados por Naturgy. |
Rectificación | Poderá modificar os seus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos. |
Supresión | Poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais. |
Oposición | Poderá solicitar que non se traten os seus datos persoais baseándose no interese lexítimo. Así mesmo, poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con fins de mercadotecnia directa, incluída a elaboración de perfís. |
Limitación do tratamento | Poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos: - Mentres se comprobe a impugnación da exactitude dos datos. - Cando o tratamento sexa ilícito, pero vostede se opoña á supresión dos datos e solicite a limitación do seu uso. - Cando Naturgy xa non necesite tratar os seus datos, pero vostede os necesite para o exercicio ou defensa de reclamacións. - Cando vostede se opoña ao tratamento para o cumprimento dunha misión de interese público ou dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos do tratamento prevalecen sobre os seus. |
Non Decisións Automatizadas | Poderá solicitar non seren obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos. |
Retirar consentimento | Poderá retirar o consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo. |
Portabilidade | Poderá recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase, así como transmitilos a outra entidade. |
Poderá exercer os mencionados dereitos a través dos seguintes canais:
- Correo electrónico: arconaturgyclientes@naturgy.com
- Enderezo postal: Á atención de Dereitos LOPD Cliente, Praza do Gas nº 1, 08003 Barcelona.
Na súa comunicación deberá constar a referencia “Solicitude Protección de Datos–Exercicio de Dereitos”. Ao tratarse de dereitos individuais, Naturgy debe verificar que son exercidos pola persoa interesada ou alguén debidamente autorizado. Se Naturgy tivese dúbidas sobre a identidade, poderá solicitar documentación adicional, como copia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente. Tamén poderá empregar sinatura electrónica. No caso de actuar mediante persoa autorizada, deberá achegarse documentación que acredite a representación.
Naturgy facilitará a información solicitada no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude, prorrogable por outros dous meses en caso necesario pola complexidade ou volume de solicitudes.
Se considera que os seus datos non foron tratados correctamente, pode contactar co Delegado de Protección de Datos polos canais indicados.
En calquera caso, informámoslle de que tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control competente (por exemplo, a Axencia Española de Protección de Datos – www.aepd.es).
Abril 2022