POLÍTICA DE PRIVACIDADE NATURGY RECARGA
POLÍTICA DE PRIVACIDADE NATURGY RECARGA
I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO
Naturgy Iberia, S.A. (en diante Naturgy), con domicilio en Avda. América, n.º 38, 28028 Madrid, e con CIF A-08431090, é a entidade responsable do tratamento dos seus datos persoais.
II. FINALIDADE DO TRATAMENTO, BASE LEGAL, DESTINATARIOS E PRAZO DE CONSERVACIÓN
No cadro que se achega a continuación, encontrará a seguinte información para cada un dos tratamentos de datos realizados por Naturgy:
Finalidade do tratamento: motivo polo que Naturgy trata os seus datos persoais.
Base xurídica: base legal que permite o tratamento dos seus datos persoais por parte de Naturgy para cada unha das finalidades descritas. Cando a base sexa o seu consentimento, significa que os seus datos soamente serán tratados con esa finalidade cando vostede previamente manifeste, mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, a súa conformidade co devandito tratamento, en cuxo caso vostede terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo, se así o desexa. Cando a base sexa o interese lexítimo, Naturgy terá realizado un xuízo de ponderación entre o interese lexítimo perseguido por Naturgy e os seus intereses ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, concluíndo que o primeiro prevalece sobre os segundos. Vostede pode solicitar máis información sobre o devandito xuízo de ponderación dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos a través das canles indicadas nesta Política de Privacidade. Así mesmo, recordámoslle que vostede ten dereito a opoñerse a calquera tratamento dos seus datos persoais que estea baseado no interese lexítimo, e poderá exercitar o devandito dereito a través das canles que se indican nesta Política de Privacidade.
Destinatarios: aqueles terceiros aos que, se é o caso, poderían comunicarse os seus datos persoais e o motivo da devandita comunicación. Con carácter xeral, para calquera das finalidades que se describirán neste Apartado II, Naturgy terá que comunicar os seus datos persoais a aqueles terceiros aos que por mandato legal estea obrigada a entregárllelos. Por outra banda, tamén poderán ter acceso aos seus datos persoais algúns provedores e prestadores de servizos contratados por Naturgy para que, en calidade de encargados do tratamento, a asistan na consecución da finalidade do tratamento correspondente. Os devanditos provedores actuarán suxeitos a un contrato de encarga do tratamento para garantir o cumprimento legal en materia de protección de datos de carácter persoal.
Prazo de conservación: prazo durante o cal Naturgy tratará os seus datos persoais. Non obstante, conforme o disposto na lexislación aplicable, os seus datos poderán permanecer bloqueados posteriormente para a súa posta á disposición de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas.
A. ANTES DE CONTRATAR O PRODUTO NATURGY RECARGA
En ocasións, vostede, sexa cliente ou non, pode dirixirse a Naturgy para solicitar información, ofertas ou orzamentos, formular consultas, pedir cita previa para atención presencial en tenda, ou ben interactuar ou realizar outras xestións varias con Naturgy á marxe da existencia ou non dunha relación contractual previa con Naturgy, polo que nos facilita para tal efecto algúns dos seus datos persoais. Os devanditos datos poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades descritas a continuación:
FINALIDADE DO TRATAMENTO | BASE XURÍDICA | DESTINATARIOS | PRAZO DE CONSERVACIÓN | OBSERVACIÓNS |
---|---|---|---|---|
Xestionar e atender a petición, consulta ou requirimento efectuado por vostede a Naturgy, non relacionado cun contrato previamente asinado con Naturgy. | O consentimento prestado por vostede ao realizar a devandita petición, consulta ou requirimento a través dalgunha das canles habilitadas por Naturgy para tal efecto. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: | Os datos que serán tratados por Naturgy con esta finalidade son aqueles facilitados por vostede con ocasión da petición, consulta ou requirimento correspondente. |
B. DESPOIS DE ADQUIRIR A CONDICIÓN DE CLIENTE
Os seus datos persoais poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades que se describirán a continuación, algunhas das cales só terán lugar se vostede prestou o seu consentimento, o cal se lle solicita xeralmente no momento de contratar. Naturgy poderá seguir tratando os seus datos para algunhas das finalidades descritas aínda cando vostede finalice a súa condición de cliente, tal e como se desprende do apartado “Prazo de Conservación”:
FINALIDADE DO TRATAMENTO | BASE XURÍDICA | DESTINATARIOS | PRAZO DE CONSERVACIÓN | OBSERVACIÓNS |
---|---|---|---|---|
O mantemento, desenvolvemento e xestión da relación contractual (p. ex. facturación, atención ao cliente, xestión de reclamacións etc.). | A execución do contrato asinado con vostede. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Os datos persoais conservaranse mentres subsista a relación contractual para a que foron solicitados. | Aqueles datos que se identifiquen como obrigatorios durante o proceso de contratación son necesarios para poder completar a contratación do produto/servizo ofertado, polo que non poderemos xestionar a súa contratación no caso de non os facilitar. |
Remitirlle comunicacións | O interese lexítimo de Naturgy de informar os seus clientes sobre aspectos relacionados cos produtos ou servizos que teñen contratados, ou sobre aspectos da súa relación contractual con Naturgy. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: | Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade. |
Elaborar un perfil básico sobre vostede con fins comerciais. | O interese lexítimo de Naturgy en (i) coñecer mellor os seus clientes, (ii) mellorar a oferta de produtos e (iii) adaptar as comunicacións comerciais ao perfil de cada cliente. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: | Elaborar un perfil consiste en analizar os seus datos persoais para predicir aspectos relativos ás súas necesidades ou preferencias en relación co tipo de produtos e servizos comercializados por Naturgy. |
Contactalo por calquera medio, mesmo por | O interese lexítimo de Naturgy de ofrecer aos seus clientes outros produtos ou servizos de Naturgy. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: | Para facerlle chegar estas comunicacións comerciais, Naturgy utilizará os seus datos identificadores e de contacto. |
Xestionar os impagos e o cobramento de débedas (no caso de que se produza algún impago por parte de vostede). | O interese lexítimo de Naturgy en buscar vías para garantir que se respecten os seus dereitos contractuais e así facer efectivo o cobramento dos importes que lle son debidos. | Os datos relativos ao incumprimento das súas obrigas pecuniarias poderán ser comunicados ao sistema de información crediticia ASNEF, xestionado pola mercantil EQUIFAX IBÉRICA, S.L., ou a calquera outro do que se lle informará oportunamente. Iso realizarase conforme o disposto no artigo 20 da LOPDGDD. | Naturgy conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita. | Respecto da comunicación de datos a sistemas de información crediticia, informámolo de que, de conformidade co previsto no artigo 20 da LOPDGDD e o artigo 26 do Regulamento UE 2016/679 (RGPD), Naturgy e a entidade que xestiona o mencionado sistema de información crediticia subscribiron un acordo como corresponsables do tratamento. Os aspectos esenciais do devandito acordo están á súa disposición, só ten que solicitar información sobre estes ao Delegado de Protección de Datos a través das canles indicadas nesta Política de Privacidade. |
Contactar con vostede para realizar estudos de mercado. | O interese lexítimo de Naturgy en coñecer a percepción que a poboación ten do sector da enerxía en xeral, e da imaxe de Naturgy e dos seus produtos e servizos en particular, así como coñecer os seus intereses e necesidades. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: | Un estudo de mercado é unha investigación realizada por Naturgy na que, entre outros elementos, formula preguntas aos seus clientes, co obxecto de coñecer a súa opinión sobre diferentes aspectos do mercado da enerxía ou dos produtos e servizos dispoñibles ou demandados neste, e así, en función dos resultados que se obteñan, poder tomar decisións sobre a forma na que actuar no devandito mercado. |
Xestionar o seu rexistro como usuario da Área Clientes de Naturgy (cando vostede o solicitase), o que lle permitirá acceder a esta e facer uso das funcionalidades que lle ofrece. | O consentimento prestado por vostede ao solicitar o seu rexistro como usuario da Área Clientes de Naturgy. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade mentres vostede sexa usuario da Área Clientes de Naturgy. | Aqueles datos que aparezan marcados como obrigatorios no correspondente formulario de rexistro son necesarios para poder xestionar axeitadamente o seu rexistro como usuario, polo que non poderá rexistrarse no caso de non os facilitar. |
C. OUTROS TRATAMENTOS
Os seus datos persoais poderán ser tratados por Naturgy coas finalidades que se describirán a continuación, algunhas das cales só terán lugar se vostede prestou o seu consentimento, o cal lle foi solicitado xeralmente ao realizar unha petición ou consulta a Naturgy a través dalgunha das canles habilitadas para tal efecto, ou ben no momento de contratar con Naturgy. Estes tratamentos, segundo corresponda, poderán ter lugar tanto na fase previa á contratación dun produto ou servizo de Naturgy ou ben, se é o caso, con posterioridade a adquirir a condición do cliente.
FINALIDADE DO TRATAMENTO | BASE XURÍDICA | DESTINATARIOS | PRAZO DE CONSERVACIÓN | OBSERVACIÓNS |
---|---|---|---|---|
Poñerse en contacto con vostede para coñecer o seu grao de satisfacción co servizo recibido ou produto contratado e así avaliar a calidade deste. | O interese lexítimo de Naturgy en avaliar a calidade dos produtos ofertados e dos servizos prestados, tanto pola propia Naturgy como por aqueles colaboradores ou terceiros cos que traballa en relación cos devanditos produtos e servizos, por ser fundamental para garantir uns estándares de calidade adecuados. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: | A resposta a estas enquisas será sempre voluntaria. |
Contactalo por calquera medio, mesmo por | O consentimento prestado por vostede. | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o consentimento outorgado ou se opoña ao tratamento dos seus datos con esta finalidade. | Os seus datos soamente serán tratados con esta finalidade cando vostede dese previamente o seu consentimento, o cal xeralmente lle terá sido solicitado cando vostede se dirixise a Naturgy para realizar algunha solicitude ou xestión, ou ben ao contratar un produto ou servizo. |
Comunicar os seus datos persoais a empresas do Grupo Naturgy e outras entidades coas que teñamos acordos de colaboración, para que lle poidan enviar, mesmo por medios electrónicos, comunicacións comerciais relativas aos seus produtos e servizos. | O consentimento prestado por vostede. | Os seus datos persoais poderán ser comunicados ás sociedades do Grupo Naturgy e a outras entidades pertencentes aos sectores de actividade descritos na columna “Observacións”. | Naturgy conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o consentimento outorgado ou se opoña ao tratamento dos seus datos con esta finalidade. | Os seus datos soamente serán tratados con esta finalidade cando vostede dese previamente o seu consentimento, o cal xeralmente lle terá sido solicitado cando vostede se dirixise a Naturgy para realizar algunha solicitude ou xestión, ou ben ao contratar un produto ou servizo. |
Xestionar as solicitudes presentadas por vostede para o exercicio dos seus dereitos individuais en materia de protección de datos de carácter persoal. | O cumprimento da obriga legal imposta ao responsable do tratamento polo Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). | Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de Naturgy, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada. | Naturgy conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita. | Para facerlle chegar estas comunicacións comerciais, Naturgy utilizará os seus datos identificadores e de contacto. |
Cumprir con obrigas legais impostas pola normativa aplicable a Naturgy. | O cumprimento dunha obriga legal aplicable a Naturgy. | Os seus datos persoais serán comunicados a aqueles terceiros aos que Naturgy estea legalmente obrigada a comunicar. | Naturgy conservará e tratará os datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita. | En ocasións, Naturgy ten que tratar os seus datos persoais, xeralmente comunicándoos a un terceiro, para dar cumprimento a unha obriga legal que lle é aplicable.
- Comunicación de datos ás compañías distribuidoras de gas ou de electricidade, ou ben á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, cando así o impón a normativa que regula os procesos de acceso ás redes de gas e electricidade, altas, baixas, cambios de subministrador, facturación de consumos, e outros procesos propios da actividade de Naturgy que están completamente regulados e deben executarse conforme esixe a normativa, fundamentalmente a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, a Lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, e o resto de normativa complementaria que as desenvolve. |
III. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS.
Se, para o tratamento dos seus datos coas finalidades indicadas, estes tivesen que ser transferidos fóra do Espazo Económico Europeo (EEE), as devanditas transferencias realizaríanse sobre a base da sinatura coas devanditas compañías localizadas fóra do EEE de cláusulas tipo de protección de datos adoptadas pola Comisión Europea para transferencias internacionais, ou ben sobre a base da adopción dalgunha das outras garantías adecuadas previstas pola normativa aplicable. Na columna “Destinatarios” do apartado anterior, pode encontrar información máis detallada naqueles casos nos que existan este tipo de transferencias.
IV. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Naturgy designou un Delegado de Protección de Datos, cuxos datos de contacto son os seguintes:
- Enderezo postal: Av. América, 38, C.P. 28028, Madrid
- Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com
V. DEREITOS SOBRE OS SEUS DATOS PERSOAIS
Os dereitos que legalmente o asisten e que poderá exercitar, cando proceda, son os seguintes
DEREITO | CONTIDO |
Acceso | Poderá consultar os seus datos persoais que están a ser obxecto de tratamento por Naturgy. |
Rectificación | Poderá modificar os seus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos. |
Supresión | Poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais. |
Oposición | Poderá solicitar que non se traten os seus datos persoais sobre a base do interese lexítimo. Así mesmo, poderá opoñerse a que os seus datos persoais sexan tratados con fins de mercadotecnia directa, inclusive á elaboración de perfís na medida que estea relacionada coa devandita mercadotecnia directa. |
Limitación do tratamento | Poderá solicitar a limitación ao tratamento dos seus datos: |
Non Decisións Automatizadas | Poderá solicitar non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos. |
Retirar consentimento | Poderá retirar en calquera momento, sen efecto retroactivo, o consentimento que vostede prestase previamente para autorizar o tratamento dos seus datos para unha finalidade determinada. |
Portabilidade | Poderá recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase, así como transmitilos a outra entidade. |
Poderá exercitar os mencionados dereitos a través das seguintes canles:
- Correo electrónico: clientesarco@naturgy.com
- Enderezo postal: A la atención de Derechos LOPD Cliente, Plaça del Gas n.º 1, 08003 Barcelona.
Na súa comunicación, deberá constar como referencia “Solicitud Protección de Datos – Naturgy Recarga”. Posto que estes son dereitos individuais, Naturgy debe vixiar que son exercidos polo interesado ou persoa autorizada. Para iso, debe verificar que efectivamente son exercidos por vostede ou persoa autorizada. Por iso, se Naturgy tivese dúbidas sobre a súa identidade, poderá solicitarlle información adicional para confirmar esta, como por exemplo copia do seu DNI, NIE, Pasaporte ou documento equivalente que o identifique. Vostede tamén poderá utilizar a súa sinatura electrónica en lugar do DNI. No caso de que exerza os seus dereitos unha persoa autorizada por vostede, deberá evidenciar a identidade do autorizado e achegar documento que acredite a devandita autorización.
Naturgy facilitará a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
Se considera que non tratamos os seus datos persoais adecuadamente, pode contactar co Delegado de Protección de Datos a través das canles antes indicadas.
En calquera caso, informámolo de que, se considera que no tratamento dos seus datos persoais se cometeu unha infracción da normativa aplicable en materia de protección de datos, tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (p. ex. Axencia Española de Protección de Datos - www.aepd.es)