POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE GAS NATURAL COMERCIALIZADORA, S.A.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE GAS NATURAL COMERCIALIZADORA, S.A.

 

I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO

Gas Natural Comercializadora, S.A. (en diante, GNCOM), con domicilio en Av. San Luis n.º 77, 28033 Madrid, e con NIF A61797536, é a entidade responsable do tratamento dos seus datos persoais.

II. DATOS PERSOAIS QUE TRATAMOS


II.1. Orixe dos datos persoais que tratamos

Os datos persoais que son tratados por GNCOM poden provir das seguintes fontes:

  • Datos achegados por vostede  (p. ex., nome, apelidos, DNI, función ou posto desempeñado, teléfono, correo electrónico etc.) no marco da relación contractual iniciada entre:
    (i) GNCOM e vostede (se vostede é un empresario individual ou profesional liberal), ou ben entre
    (ii) GNCOM e a entidade ou persoa xurídica á que vostede representa ou na que vostede presta os seus servizos.
  • Datos achegados por vostede en accións para facer contactos ou en reunións profesionais con membros de GNCOM.
  • Datos achegados por vostede con ocasión da formulación de consultas ou outras peticións, ou da súa participación en eventos organizados por GNCOM á marxe da citada relación contractual (p. ex., xestión de eventos ou concursos, exercicios de dereitos, reclamacións etc.).
  • Datos procedentes de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado ou ben facilitados a GNCOM pola entidade ou organismo no que vostede presta os seus servizos ou por aquela outra entidade ou organismo superior do que depende.

Polo xeral, GNCOM só tratará os datos achegados por vostede, e unicamente utilizará datos procedentes dalgunha das outras fontes sinaladas naqueles casos nos que así se especifica no apartado III desta política.

 

II.2. Categorías dos datos persoais que tratamos

GNCOM poderá chegar a tratar datos persoais de diferentes tipoloxías en función da finalidade á que se vaian destinar, a xeito de exemplo: 

  • Datos identificativos e de contacto, tales como: nome e apelidos, DNI, pasaporte ou NIE, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, enderezo IP, sinatura manuscrita ou electrónica, e voz (p. ex., gravación de comunicacións telefónicas).
  • Datos de usuario e contrasinal para rexistro e acceso en Apps ou plataformas web de GNCOM.
  • Datos económicos e financeiros, tales como: cantidades debidas a GNCOM e información sobre a súa solvencia patrimonial (no caso de ser vostede un empresario individual ou profesional liberal).
  • Datos académicos e profesionais, tales como: actividade profesional, CNAE, entidade na que traballa e cargo que desempeña.

​III. FINALIDADE DO TRATAMENTO, BASE LEGAL, DESTINATARIOS E PRAZO DE CONSERVACIÓN

No cadro que se achega a continuación, encontrará a seguinte información para cada un dos tratamentos de datos realizados por GNCOM:

  • Finalidade do tratamento: motivo polo que GNCOM trata os seus datos persoais.
  • Base xurídica: base legal que permite o tratamento dos seus datos persoais por parte de GNCOM para cada unha das finalidades descritas. Cando a base sexa o seu consentimento, significa que os seus datos soamente serán tratados con esa finalidade cando vostede previamente manifeste, mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, a súa conformidade co devandito tratamento, en cuxo caso vostede terá dereito a revogar o seu consentimento en calquera momento, sen efecto retroactivo, se así o desexa. Cando a base sexa o interese lexítimo, GNCOM terá realizado un xuízo de ponderación entre o interese lexítimo perseguido por GNCOM e os seus intereses ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, concluíndo que o primeiro prevalece sobre os segundos. Vostede pode solicitar máis información sobre o devandito xuízo de ponderación dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos a través das canles indicadas nesta Política de Privacidade. Así mesmo, recordámoslle que vostede ten dereito a opoñerse a calquera tratamento dos seus datos persoais que estea baseado no interese lexítimo, e poderá exercitar o devandito dereito a través das canles que se indican nesta Política de Privacidade.
  • Destinatarios: aqueles terceiros aos que, se é o caso, poderían comunicarse os seus datos persoais, e o motivo da devandita comunicación. Con carácter xeral, para calquera das finalidades que se describirán neste Apartado III, GNCOM terá que comunicar os seus datos persoais a aqueles terceiros aos que por mandato legal estea obrigada a entregárllelos. Por outra banda, tamén poderán ter acceso aos seus datos persoais algúns provedores e fornecedores de servizos contratados por GNCOM para que, en calidade de encargados do tratamento, a asistan na consecución da finalidade do tratamento correspondente. Os devanditos provedores actuarán suxeitos a un contrato de encarga do tratamento para garantir o cumprimento legal en materia de protección de datos de carácter persoal.
  • Prazo de conservación: prazo durante o cal GNCOM tratará os seus datos persoais. Non obstante, conforme o disposto na lexislación aplicable, os seus datos poderán permanecer bloqueados posteriormente para a súa posta á disposición de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas.

 

A. RESPECTO DE PERSOAS DE CONTACTO E REPRESENTANTES LEGAIS DE ENTIDADES, ASÍ COMO DE EMPRESARIOS INDIVIDUAIS E PROFESIONAIS LIBERAIS OU BEN REPRESENTANTES DE COMUNIDADES DE PROPIETARIOS

GNCOM pode manter unha relación profesional coa persoa xurídica na que vostede preste os seus servizos, coa comunidade de propietarios á que vostede represente ou ben con vostede mesmo de ser un empresario individual ou un profesional liberal.

Nestes casos, pode acontecer que GNCOM dispoña dos seus datos de contacto e, en ocasións, dos relativos á función ou posto desempeñado por vostede (no seu conxunto, os Datos de Contacto Profesional). Os devanditos datos poderán ser tratados por GNCOM coas finalidades descritas a continuación:

 

FINALIDADE DO TRATAMENTOBASE XURÍDICADESTINATARIOSPRAZO DE CONSERVACIÓNOBSERVACIÓNS

Manter unha relación profesional con (segundo corresponda):
(i) A persoa xurídica na que vostede preste os seus servizos
(ii) Vostede, na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal.

O interese lexítimo de GNCOM, de conformidade co artigo 19 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus Datos de Contacto Profesional con esta finalidade ata que vostede solicite a súa supresión ou exerza o seu dereito de oposición.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os seus Datos de Contacto Profesional puideron ser obtidos:

(i) Con motivo da formalización ou execución dun contrato ou dunha relación profesional entre GNCOM e a persoa xurídica á que vostede ofrece os seus servizos, ou ben con vostede na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal.

(ii) A través de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, ou ben a través de información pública ou de fontes de acceso público.

(iii) Mediante networking ou reunións profesionais con membros de GNCOM.

(iv) Ou ben ter sido facilitados a GNCOM por vostede ou pola entidade ou organismo no que vostede ofrece os seus servizos ou por aquela outra entidade ou organismo superior do que depende. 

O tratamento dos seus Datos de Contacto Profesional ten por obxecto xestionar axeitadamente calquera relación de GNCOM coa persoa xurídica á que vostede represente ou na que vostede ofreza os seus servizos, ou ben con vostede na súa calidade de empresario individual ou profesional liberal, pero os seus datos non serán tratados para xestionar unha relación con vostede como persoa física. A devandita relación, nos termos descritos, pode abranguer, de maneira enunciativa, mais non limitativa, as seguintes accións:

·         Xestionar o contrato existente,

·         Realizar enquisas de satisfacción cos servizos prestados,

·         Tramitar o rexistro e acceso de usuarios á Oficina Virtual para a xestión do contrato e o uso das funcionalidades que esta ofrece,

·         Envío de comunicacións comerciais.

Manter unha relación profesional coa comunidade de propietarios á que vostede representa.

O interese lexítimo de GNCOM de ofrecer os seus servizos, manter e xestionar calquera relación de negocios cunha comunidade de propietarios, polo que a interlocución coa devandita entidade unicamente é posible a través da persoa do presidente da devandita comunidade de propietarios, ou daquela outra persoa que exerza a representación legal desta.
GNCOM considera que os interesados que exercen a representación da comunidade de propietarios teñen unha expectativa razoable de que os seus datos sexan tratados para os fins sinalados. 

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede solicite a súa supresión ou exerza o seu dereito de oposición.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os seus Datos de Contacto Profesional puideron ser obtidos:
(i) Foron facilitados a GNCOM por vostede ou pola comunidade de propietarios á que representa.
 (ii) A través de terceiros, pertencentes ao sector público ou privado, ou ben a través de información pública ou de fontes de acceso público.
(iii) Mediante networking ou reunións profesionais con membros de GNCOM.
O tratamento dos seus Datos de Contacto Profesional ten por obxecto xestionar adecuadamente calquera relación de GNCOM coa comunidade de propietarios á que vostede representa, pero os seus datos non serán tratados para xestionar unha relación con vostede como persoa física. A devandita relación, nos termos descritos, pode abranguer, de maneira enunciativa, mais non limitativa, as seguintes accións:

·         Xestionar o contrato existente,

·         Realizar enquisas de satisfacción cos servizos prestados,

·         Tramitar o rexistro e acceso de usuarios á Oficina Virtual para a xestión do contrato e o uso das funcionalidades que esta ofrece,

·         Envío de comunicacións comerciais.

No caso de ser vostede un empresario individual ou profesional liberal e estea solicitando a contratación dun produto ou servizo, consultar información sobre a súa solvencia patrimonial e de incumprimento de obrigas diñeirarias, financeiras ou de crédito, a través do sistema de información crediticia ASNEF, xestionado pola mercantil ASNEF-EQUIFAX Servicios de Información sobre Solvencia y Crédito, S.L., ou de calquera outro que se informará oportunamente, así como consultar información sobre a existencia de débedas coa propia GNCOM. 

A consulta e tratamento da información obtida dos sistemas de información crediticia realízase sobre a base do interese lexítimo de GNCOM en garantir a viabilidade económica da contratación solicitada por vostede e conforme o previsto no art. 20.1.e) da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

Os datos obtidos das consultas realizadas a sistemas de información crediticia conservaranse ata que finalice o proceso de contratación.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Un sistema informático realiza as consultas sinaladas, e cando obtén destas información relativa ao incumprimento por parte de vostede de obrigas diñeirarias, financeiras ou de crédito, o resultado da devandita consulta é valorado por un experto que decide sobre a aceptación ou denegación súa solicitude de contratación do produto ou servizo de GNCOM. 

Xestionar os impagos e o cobramento de débedas (no caso de producirse algún impago por parte de vostede na súa condición de empresario individual ou profesional liberal).

 

O interese lexítimo de GNCOM en buscar vías para garantir que se respecten os seus dereitos contractuais e así facer efectivo o cobramento dos importes que lle son debidos.

Consideramos que calquera cliente ten unha expectativa razoable de que lle sexan reclamados aqueles importes que deba a GNCOM polos produtos ou servizos contratados.


Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.

 

Comunicar á compañía distribuidora de gas e electricidade, segundo corresponda, os Datos de Contacto Profesional actualizados dos empresarios individuais ou profesionais liberais e dos representantes das comunidades de propietarios ou das persoas xurídicas titulares das subministracións correspondentes.

 

O interese lexítimo da súa compañía distribuidora de dispoñer dos datos actualizados dos titulares dos puntos de subministración conectados á súa rede de distribución, para así (i) asegurar o cumprimento dos principios recollidos no artigo 5 do RGPD (ex. ‘exactitude’) e, deste xeito, (ii) no caso dos Datos de Contacto Profesional, poder contactar cos titulares dos puntos de subministración para cumprir de xeito áxil e trazable algunhas obrigas establecidas na normativa sectorial aplicable á actividade de distribución.

Así mesmo, tamén se realiza sobre a base do interese lexítimo de GNCOM de mellorar os seus tempos de resposta e calidade do servizo aos seus clientes naquelas actividades que, para cumprir a normativa sectorial, debe levar a cabo necesariamente a través das empresas distribuidoras.

A compañía distribuidora de gas ou electricidade.

Así mesmo, poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Finalice a relación contractual entre GNCOM e vostede.

(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Estímase que todo titular dun punto de subministración ten unha expectativa razoable de que os seus datos de contacto sexan actualizados á súa empresa distribuidora para que poida levar a cabo as súas actividades reguladas de distribución en relación co seu punto de subministración.

Non realizar este tratamento de datos suporía que as empresas distribuidoras poderían estar usando datos inexactos ou obsoletos, o que provoca atrasos e mesmo, a imposibilidade de execución de certas actividades que, de acordo coa normativa sectorial, deben ser levadas a cabo polas devanditas compañías.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

 

B. RESPECTO DAQUELAS PERSOAS QUE CONTACTAN CON GNCOM CON DIFERENTES FINS

En ocasións, vostede pode dirixirse a GNCOM como persoa física particular, á marxe da súa condición de empresario individual ou profesional liberal, ou de representante dunha entidade ou persoa xurídica, para solicitar información e formular consultas, participar en promocións ou eventos organizados por GNCOM, ou ben interactuar ou realizar outras xestións varias con GNCOM, polo que nos facilita para tal efecto algúns dos seus datos persoais. Os devanditos datos poderán ser tratados por GNCOM coas finalidades descritas a continuación:

FINALIDADE DO TRATAMENTOBASE XURÍDICADESTINATARIOSPRAZO DE CONSERVACIÓNOBSERVACIÓNS

Xestionar e atender a petición, consulta ou requirimento efectuado por vostede a GNCOM.

O consentimento outorgado por vostede ao realizar a devandita petición, consulta ou requirimento a través dalgunha das canles habilitadas por GNCOM para tal efecto.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:
(i) Finalice a xestión da súa petición ou consulta.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou revogue o consentimento outorgado.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os datos que serán tratados por GNCOM con esta finalidade son aqueles facilitados por vostede con ocasión da petición, consulta ou requirimento correspondente.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento, en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

A revogación do devandito consentimento implica a renuncia a que sexa atendida a súa petición ou consulta.

Xestionar a organización e o desenvolvemento, ata a súa conclusión, dos seminarios, conferencias, accións formativas ou lúdicas, e outros eventos (en diante, o ‘Evento’’) de GNCOM nos que vostede se inscribise. Pode incluír, se é o caso, a emisión dos correspondentes certificados de asistencia.

O consentimento prestado por vostede ao inscribirse no Evento.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: 
(i) Transcorresen tres (3) meses dende a conclusión do Evento.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou revogue o consentimento outorgado.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os datos que serán tratados por GNCOM con esta finalidade son aqueles facilitados por vostede no momento de inscribirse no Evento.

Aqueles datos que aparezan marcados como obrigatorios no correspondente formulario de inscrición son necesarios para poder xestionar axeitadamente a súa participación no Evento, polo que non poderá inscribirse no caso de non os facilitar.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento, en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

A revogación do consentimento prestado ao inscribirse implicará a renuncia a participar no Evento.

Cando se organicen eventos presenciais nos que estea previsto dispoñer de servizos de cátering ou semellantes, é posible que no formulario de inscrición se recollan datos relativos a intolerancias ou alerxias para poder adaptarnos ás necesidades dos asistentes. Estes datos só se tratarán se vostede nolos comunica voluntariamente, polo que vostede dá o seu consentimento para o seu tratamento, sen que sexan obrigatorios para inscribirse nin para asistir ao evento.

Xestionar a organización e o desenvolvemento, ata a súa conclusión, da promoción, concurso, sorteo ou semellante (en diante, a ‘Promoción’’) de GNCOM na que vostede se inscribise.

O consentimento prestado por vostede ao inscribirse para participar na Promoción.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos: 
(i) Transcorresen tres (3) meses dende a conclusión da Promoción.
(ii) Vostede solicite a súa supresión ou revogue o consentimento outorgado.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Os datos que serán tratados por GNCOM con esta finalidade son aqueles facilitados por vostede no momento de inscribirse na Promoción.

Aqueles datos que aparezan marcados como obrigatorios no correspondente formulario de inscrición son necesarios para poder xestionar axeitadamente a súa participación na Promoción, polo que non poderá inscribirse no caso de non os facilitar.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento, en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

A revogación do consentimento prestado ao inscribirse implicará a renuncia a participar na Promoción.

Utilizar as imaxes e voz tomadas sobre a súa persoa para difundir os eventos ou promocións organizados por GNCOM en medios públicos ou privados, mesmo redes sociais, coa publicación das imaxes ou voz captados durante a realización destes.

O consentimento prestado por vostede.

A súa imaxe e voz poderán ser obxecto de reprodución, difusión ou comunicación a terceiros, nos termos que en cada caso lle informen ao inscribirse no Evento ou Promoción correspondente. 

Tamén poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que vostede revogue o seu consentimento ou solicite a súa supresión. 

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Vostede ten dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Contactar con vostede para coñecer o seu grao de satisfacción co servizo recibido, ou co evento ou promoción nos que participase.

O interese lexítimo de GNCOM en avaliar a calidade dos servizos ofrecidos, tanto pola propia GNCOM como por aqueles colaboradores ou terceiros cos que traballa en relación cos devanditos servizos, por ser fundamental para garantir uns estándares de calidade adecuados.

Consideramos que, ao facer uso ou recibir un servizo de GNCOM, vostede ten unha expectativa razoable de ser consultado a este respecto.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:
(i) Se complete a finalidade descrita.
(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

                                                                                                    

 

C.- OUTROS TRATAMENTOS

GNCOM poderá realizar outros tratamentos de datos persoais segundo indicamos a continuación:  

FINALIDADE DO TRATAMENTOBASE XURÍDICADESTINATARIOSPRAZO DE CONSERVACIÓNOBSERVACIÓNS

Avaliar a calidade do servizo prestado na chamada cando vostede contacta por teléfono con GNCOM, ou cando GNCOM contacta por teléfono con vostede.

O interese lexítimo de GNCOM en avaliar a calidade do servizo que se presta, tanto por GNCOM coma polas súas empresas colaboradoras, cando se pon en contacto telefónico con GNCOM, en relación con algunha das finalidades descritas nesta política, por ser fundamental para garantir uns estándares de calidade adecuados.

Consideramos que, ao recibir un servizo de GNCOM, vostede ten unha expectativa razoable de que se avalíe a súa calidade.

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM unicamente conservará e tratará os seus datos con esta finalidade ata que aconteza o primeiro dos seguintes eventos:

(i) Se complete a finalidade descrita.

(ii) Vostede exerza o seu dereito de oposición.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

Dado que a súa voz é un dato persoal, no caso de que a chamada vaia ser gravada coa finalidade descrita, vostede será informado diso no momento de iniciar a conversación.

Vostede poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos con esta finalidade en calquera momento e de forma gratuíta, dirixindo a súa solicitude a calquera dos enderezos que, para o exercicio de dereitos sobre protección de datos, se indican nesta Política de Privacidade.

Xestionar as solicitudes presentadas por vostede para o exercicio dos seus dereitos individuais en materia de protección de datos de carácter persoal.

O cumprimento da obriga legal imposta ao responsable do tratamento polo Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Poderán ter acceso aos seus datos persoais os fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

 

Formular ou contestar reclamacións, denuncias, demandas e semellantes ante as autoridades xudiciais ou administrativas competentes.

O interese lexítimo de GNCOM en facer efectivo o seu dereito á tutela xudicial efectiva ou, se for o caso, a facer valer os seus dereitos ante as autoridades xudiciais ou administrativas competentes.

Consideramos que vostede ten unha expectativa razoable de que GNCOM, do mesmo xeito que calquera outra entidade ou persoa, poida defender os seus intereses ante os xulgados, tribunais e autoridades competentes.

Os datos poderán comunicarse aos avogados, procuradores, peritos e asesores que, se for o caso, sexan contratados para poder asesorar e defender adecuadamente os intereses lexítimos de GNCOM.

Así mesmo, poderán ter acceso aos seus datos persoais os prestadores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.

Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

 

Cumprir con obrigas legais impostas pola normativa aplicable a GNCOM.

O cumprimento dunha obriga legal aplicable a GNCOM.

Os seus datos persoais serán comunicados a aqueles terceiros aos que GNCOM estea legalmente obrigada a comunicar. 

Así mesmo, poderían ter acceso aos seus datos fornecedores de servizos e provedores de GNCOM, en calidade de encargados do tratamento, cos que subscribísemos os correspondentes contratos para poder cumprir a finalidade antes indicada.

GNCOM conservará e tratará os seus datos con esta finalidade mentres sexan necesarios para a finalidade descrita.
Posteriormente, podería ser de aplicación a obriga de bloqueo imposta pola lexislación.

En ocasións, GNCOM ten que tratar os seus datos persoais, xeralmente comunicándoos a un terceiro, para dar cumprimento a unha obriga legal que lle é aplicable. 


 

 

IV. TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS.
GNCOM non prevé a realización de transferencias internacionais no curso do tratamento dos seus datos persoais.  

Non obstante, se para o tratamento dos seus datos coas finalidades indicadas, estes tivesen que ser transferidos fóra do Espazo Económico Europeo (“EEE”), as devanditas transferencias realizaríanse sobre a base da sinatura coas devanditas compañías localizadas fóra do EEE de cláusulas tipo de protección de datos adoptadas pola Comisión Europea para transferencias internacionais, ou ben sobre a base da adopción dalgunha das outras garantías adecuadas previstas pola normativa aplicable.



V. DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
GNCOM designou un delegado de Protección de Datos, cuxos datos de contacto son os seguintes:
- Enderezo postal: Av. América, 38, C.P. 28028, Madrid
- Correo electrónico: 
dpd-dpo@naturgy.com

VI. DEREITOS SOBRE OS DATOS PERSOAIS
Os dereitos que legalmente o asisten e que poderá exercitar, cando proceda, son os seguintes
 

DEREITOCONTIDO

Acceso

Poderá consultar os seus datos persoais que están a ser obxecto de tratamento por GNCOM.

Rectificación

Poderá modificar os seus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos.

Supresión

Poderá solicitar a eliminación dos seus datos persoais.

Oposición

Poderá solicitar que non se traten os seus datos persoais sobre a base do interese lexítimo. Así mesmo, poderá opoñerse a que os seus datos persoais sexan tratados con fins de mercadotecnia directa, inclusive á elaboración de perfís na medida que estea relacionada coa devandita mercadotecnia directa.

Limitación do tratamento

Poderá solicitar a limitación ao tratamento dos seus datos:

  • Mentres se comprobe a impugnación da exactitude dos seus datos.
  • Cando o tratamento sexa ilícito, pero vostede se opoña á supresión dos seus datos, e solicite a limitación do seu uso.
  • Cando GNCOM xa non necesite tratar os seus datos, pero vostede os requira para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  • Cando vostede se opoña ao tratamento dos seus datos para o cumprimento dunha misión de interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os seus.

Non decisións automatizadas

Poderá solicitar non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Retirar consentimento

Poderá retirar en calquera momento, sen efecto retroactivo, o consentimento que vostede prestase previamente para autorizar o tratamento dos seus datos para unha finalidade determinada.

Portabilidade

Poderá recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase, así como transmitilos a outra entidade.


Poderá exercitar os mencionados dereitos de forma rápida e sinxela remitindo un correo electrónico ao seguinte enderezo: clientesarcogncom@naturgy.com. Ou ben escribirnos por correo postal ao seguinte enderezo: A la atención de Dpto. Atención al Cliente Industrial Naturgy, Av. San Luis, 77, 28033 Madrid.

Na súa comunicación, deberá constar como referencia “Solicitud Protección de Datos GNCOM-Ejercicio de derechos”. Posto que estes son dereitos individuais, GNCOM debe verificar que efectivamente son exercidos polo interesado ou persoa autorizada. Por iso, se GNCOM tivese dúbidas sobre a súa identidade, poderá solicitarlle información adicional para confirmala, como por exemplo copia do seu DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente que o identifique. Vostede tamén poderá utilizar a súa sinatura electrónica en lugar do DNI. No caso de que exerza os seus dereitos unha persoa autorizada polo interesado, deberá evidenciar a identidade do autorizado e achegar documento que acredite a devandita autorización.


GNCOM facilitaralle a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. 

Se considera que non tratamos os seus datos persoais adecuadamente, pode contactar co Delegado de Protección de Datos a través das canles antes indicadas.

En calquera caso, informámolo de que, se considera que no tratamento dos seus datos persoais se cometeu unha infracción da normativa aplicable en materia de protección de datos, tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (p. ex. Axencia Española de Protección de Datos - www.aepd.es) 

Decembro 2024