1. O PORTAL
 
1.1 As presentes disposicións regulan o uso do portal de Internet (en diante, o “Portal”) que NATURGY IBERIA, S.A. (en diante, a “SOCIEDADE”), a través do enderezo URL
www.naturgy.es pon á disposición dos usuarios deste (en diante, “Usuario” ou “Usuarios”, segundo o caso) para o acceso a unha ampla gama de produtos, servizos e contidos, relacionados coa subministración e consumo de enerxía, así como de equipamento e asistencia no fogar (en diante, “Produtos ou Servizos”).
 
1.2 Os datos identificativos do responsable do Portal son os que figuran a continuación:
 
NATURGY IBERIA, S.A.
Avenida San Luis, 77.
28033 Madrid.
CIF: A-08431090.
Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 36955, folio 1, folla M-660799, inscrición 1ª.
 
2. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO DO PORTAL
 
O acceso ao Portal comporta a lectura previa polo Usuario das presentes Condicións Xerais de Acceso e Uso (en diante, "Condicións Xerais"). Mediante o acceso e uso do portal, entenderase que o Usuario manifesta o seu acordo ao contido de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais na súa versión publicada no Portal no momento do acceso. Se o Usuario non estiver de acordo co contido das presentes Condicións Xerais, deberá absterse de usar o Portal e de operar a través deste. O Portal reserva o dereito a modificar as presentes Condicións Xerais advertindo diso aos Usuarios mediante os correspondentes avisos no Portal, co fin de que poidan tomar coñecemento do seu contido dende o primeiro momento. A contratación ou uso de determinados Produtos ou Servizos pode requirir a identificación do Usuario no Portal e a aceptación previa de determinadas condicións particulares (en diante, "Condicións Particulares") que veñen desenvolver, complementar ou, eventualmente, modificar as presentes Condicións Xerais. O Usuario deberá ler, así mesmo, coa máxima atención o contido das correspondentes Condicións Particulares ou outros avisos legais que aparecen no Portal. Como Usuario, vostede declara ser maior de idade e dispoñer da capacidade xurídica e de obrar suficiente para vincularse polas presentes Condicións Xerais (e, se é o caso, polas Condicións Particulares que regulen o uso de determinados Produtos ou Servizos) e para utilizar e, se é o caso, contratar os Produtos ou Servizos que se ofrecen no Portal. O Usuario acepta, de forma expresa, plena, sen reservas nin excepcións, que o acceso e a utilización do Portal e dos seus contidos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade. No suposto de que exista algunha contradición entre as condicións xerais de acceso e uso do Portal e as correspondentes Condicións Particulares, prevalecerán estas sobre aquelas, salvo que as Condicións Xerais resulten máis beneficiosas para o Usuario que as Condicións Particulares.

3. CONTIDO DO PORTAL
 
3.1 O Usuario do Portal asume, coñece e acepta, polo feito mesmo de navegar por el, que os datos e informacións sobre Produtos ou Servizos, e o resto de datos e informacións contidos no Portal aparecen, única e exclusivamente, para efectos informativos, como información de carácter preliminar disposta á atención do Usuario, e que nun momento dado poden conter erros, imprecisións ou non estar actualizados.

3.2 A SOCIEDADE reserva o dereito a modificar, á súa discreción e de forma unilateral, en calquera momento e sen aviso previo, a configuración do Portal, así como o contido e extensión dos Produtos ou Servizos publicados ou prestados a través do Portal e das condicións de acceso a estes. Así mesmo, a SOCIEDADE reserva a facultade de incorporar novos Produtos ou Servizos e contidos no Portal, así como o dereito de eliminar, limitar, suspender ou impedir o acceso a través do Portal, xa for de xeito temporal ou definitivo, cando concorran os motivos previstos nestas Condicións Xerais.
 
3.3 A SOCIEDADE informa o Usuario de que a través do Portal poderá acceder a Produtos ou Servizos ofertados polas empresas que forman parte do Grupo Naturgy, así como, se é o caso, a Produtos ou Servizos ofertados por outros terceiros que en cada momento se achen dispoñibles, cuxa contratación polo Usuario estará suxeita aos termos e condicións que as devanditas entidades dispoñan en cada momento. A SOCIEDADE non asume responsabilidade ningunha nin dá garantía ningunha sobre os produtos e servizos das referidas entidades.

4. CONDICIÓNS PARTICULARES DOS SERVIZOS DO PORTAL
 
Os Produtos ou Servizos ofrécense ao Usuario, con carácter xeral, de forma gratuíta. Non obstante o anterior, algúns Produtos ou Servizos poden establecer o pagamento dunha contraprestación determinada, circunstancia que se indicará expresamente nas correspondentes Condicións Xerais ou Condicións Particulares do Produto ou Servizo en cuestión.

5. IDENTIFICACIÓN COMO USUARIO DO PORTAL
 
A contratación e o uso de determinados Produtos ou Servizos ofrecidos pola SOCIEDADE requirirá da identificación previa do Usuario no Portal a través do formulario que aparecerá no momento de selección do Produto ou Servizo concreto. De igual modo, a contratación e uso dos Produtos ou Servizos específicos que ofrecen outras empresas a través do Portal requirirá que o Usuario cumpra cos requisitos que cada entidade determine e dos que se informará ao Usuario dende o portal ou os respectivos sitios web. Ningún Usuario do Portal poderá acceder aos Produtos e Servizos das devanditas entidades sen identificarse previamente. En todo caso, o Usuario manifesta baixo a súa responsabilidade que os datos que achega no formulario de identificación son veraces e vixentes.

6. POLÍTICA DE PRIVACIDADE.
 
Para cumprir o disposto na normativa relativa á protección de datos persoais, infórmase do seguinte:

I. RESPONSABLE DO TRATAMENTO
 
O responsable do tratamento de datos é a SOCIEDADE con domicilio en avda. de San Luis n.º 77, 28033 Madrid.
 
Para garantir a adecuada xestión no tratamento dos seus datos persoais, a SOCIEDADE dispón dun Delegado de Protección de Datos. Os datos de contacto son os seguintes:
 

  • Enderezo Postal: Plaça del Gas, 1 - C.P. 08003 Barcelona.
  • Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com
 
II. FINALIDADE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS
 
A continuación, infórmase o Usuario das finalidades do tratamento automatizado ás que van ser sometidos os seus datos:
  1. Manter e cumprir a relación de negocio ou comunicación que inicie coa SOCIEDADE mediante a contratación ou uso dos Produtos e Servizos que se lle ofrecen, ou se lle podan ofrecer no futuro, relacionados coa subministración e consumo de enerxía, telecomunicacións, Internet, servizos financeiros e de seguros, asistencia sanitaria e en estrada, e de equipamento e asistencia no fogar e nas empresas e actividades de lecer.
  2. Coñecer as súas preferencias co propósito de adecuar as ofertas dos nosos Produtos e Servizos das Empresas Comercializadoras aos seus intereses e necesidades particulares. Para tal efecto, o noso servidor enviará ao seu ordenador un ficheiro ("cookie") que, coa información que nos facilitará sobre as páxinas que visite, nos permitirá coñecer os seus hábitos de navegación como Usuario e personalizar, deste xeito, as súas preferencias para facilitar a navegación a través da nosa web. En calquera caso, o Usuario ten a posibilidade de configurar o seu ordenador de forma que este rexeite a instalación das devanditas "cookies". Para maior información, pode consultar a Política de Cookies.
  3. Xestionar o seu rexistro no Portal.
  4. Cumprir con todas as obrigas legais que afectan á SOCIEDADE.
  5. Tramitar e xestionar as solicitudes realizadas en relación a Produtos e Servizos ofrecidos pola SOCIEDADE, así como para manter, desenvolver e controlar as relacións de negocio existentes entre as partes, incluíndo para iso a avaliación, valoración e seguimento mediante técnicas de scoring.
  6. Determinar o nivel de solvencia patrimonial e de crédito en relación ao cumprimento de obrigas monetarias, e para comunicar, en caso de impagamento, a ficheiros de solvencia patrimonial os datos de impagamento cumprindo para iso todos os requisitos legais establecidos na normativa vixente que resulte de aplicación.
  7. Elaborar perfís mediante estudos de márketing e técnicas e procedementos estatísticos e de segmentación que permitan introducir melloras e escoller ofertas adecuadas de Produtos ou Servizos ás súas características e necesidades.
  8. Facilitar información e remitir, por calquera medio, comunicacións comerciais sobre os Produtos ou Servizos.
  9. A remisión de comunicacións comerciais por parte das empresas do Grupo Naturgy relacionadas cos Produtos ou Servizos.
  10. Conservar os datos persoais unha vez finalizada a relación coa SOCIEDADE co obxecto de remitirlle comunicacións comerciais sobre os Produtos ou Servizos, así como para coñecer a súa valoración sobre os Produtos ou Servizos e poder melloralos.
 
 III. DATOS TRATADOS E FONTES DAS QUE PROCEDEN
 
Os datos que a SOCIEDADE trata como consecuencia das interaccións realizadas polo Usuario proveñen das seguintes fontes:
  1. Datos achegados polo Usuario.
  2. Datos xerados como consecuencia do desenvolvemento, tramitación e mantemento da relación iniciada entre o Usuario e a SOCIEDADE.
  3. Datos procedentes de terceiros ou de fontes de acceso público.
 
A SOCIEDADE poderá tratar datos persoais das seguintes tipoloxías, en función da relación iniciada co Usuario:
  1. Datos identificativos (p. ex., nome e apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, enderezo IP, etc.).
  2. Datos económicos, financeiros e de seguros (p. ex., datos bancarios).
  3. Datos de características persoais e circunstancias sociais (p. ex., idade, data de nacemento, gustos, afeccións e estilo de vida, etc.).

IV. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS DATOS

A SOCIEDADE trata os datos de carácter persoal facilitados polo Usuario de acordo coas seguintes bases lexitimadoras, en función da tipoloxía de datos que sexan facilitados polo Usuario, así como das interaccións que este inicie coa SOCIEDADE.
 
A base legal do tratamento dos datos persoais encóntrase no desenvolvemento e execución da relación contractual formalizada co Usuario. Así mesmo, tamén ten a condición de base legal do tratamento dos seus datos persoais o interese lexítimo para coñecer a solvencia patrimonial e de crédito con anterioridade á realización de actividades relativas ao cumprimento e incumprimento de obrigas monetarias.
 
Os seguintes tratamentos dos datos persoais están baseados no consentimento, que poderá revogar en calquera momento, e refírense a:
  1. Tratar os seus datos mediante estudos de márketing e técnicas estatísticas e de perfilado ou segmentación para o envío, por calquera medio, de información e comunicacións comerciais sobre os produtos e ofertas da SOCIEDADE ou de terceiros colaboradores relacionados coa subministración e consumo de enerxía, mantemento de instalacións de gas ou electricidade, de equipamento e asistencia no fogar, actividades de lecer, produtos financeiros ou para a realización de prospeccións relacionadas co sector enerxético que mellor se axusten ás súas características.
  2. Comunicar os seus datos ás empresas do Grupo Naturgy coa finalidade de remitirlle por calquera medio as comunicacións comerciais relacionadas cos Produtos ou Servizos. A devandita cesión cumprirá en todo momento coa legalidade vixente.
  3. Conservar os datos persoais unha vez finalizada a relación coa SOCIEDADE coa finalidade de remitirlle comunicacións comerciais sobre os Produtos ou Servizos do Grupo Naturgy e de terceiros colaboradores, así como para coñecer a súa valoración sobre estes e poder melloralos.

V. COMUNICACIÓN DOS DATOS

Os datos persoais tratados para alcanzar as finalidades detalladas anteriormente poderán ser comunicados aos seguintes destinatarios en función da base lexitimadora da comunicación. En virtude do anterior, as seguintes comunicacións de datos perseguen garantir o correcto desenvolvemento da relación contractual, así como dar cumprimento a obrigas legais que esixen realizar as mencionadas comunicacións:
  1. A ficheiros de solvencia relativos ao cumprimento e incumprimento de obrigas monetarias.
  2. A organismos e administracións públicas.
  3. Ás empresas de gas e electricidade ás que legalmente corresponda.
  4. Aos provedores que sexan necesarios, co fin de cumprir coa relación de negocio creada. En ningún caso poderán realizar os devanditos terceiros provedores accións comerciais ou de promoción directas ao Usuario nin comunicar eses datos a terceiros, nin sequera a entidades do seu mesmo grupo, calquera que fose a finalidade da comunicación, polo que recae exclusivamente sobre os devanditos provedores a responsabilidade que corresponda en caso de incumprimento do anterior.

VI. CONSERVACIÓN DE DATOS

A SOCIEDADE conservará os seus datos persoais durante o tempo necesario para a prestación do servizo solicitado ou para alcanzar a finalidade de tratamento perseguida. Posteriormente, os seus datos serán conservados durante os prazos legais que en cada caso resulten de aplicación, tendo en conta a tipoloxía de datos, así como a finalidade do tratamento.

VII. DATOS QUE DEBE FACILITAR EN CADA CASO

A SOCIEDADE informa que, cando os datos persoais sexan solicitados a través dun formulario posto á disposición a través do Portal ou outras canles habilitadas, será necesario que o Usuario achegue, polo menos, aqueles datos marcados cun asterisco (*) ou cuxa obrigatoriedade se indique de calquera outra forma. Se o Usuario non cubre todos os campos que aparecen como obrigatorios no formulario de contratación, isto pode impedir que se proceda a realizar a contratación de Produtos ou Servizos.

VIII. GARANTÍA DOS DATOS ACHEGADOS

O Usuario garante que os datos que achega son verdadeiros, exactos, completos e están actualizados, polo que é responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionar como consecuencia do incumprimento de tal obriga. O Usuario comprométese e está na obriga de comunicar de forma inmediata á SOCIEDADE calquera modificación dos seus datos de carácter persoal co fin de que a información contida nos seus ficheiros estea en todo momento actualizada e non conteña erros.

IX. MEDIDAS ADOPTADAS PARA PROTEXER OS SEUS DATOS

Co fin de garantir a seguridade e confidencialidade dos datos, a SOCIEDADE comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal do Usuario e a facer uso destes exclusivamente para as finalidades indicadas neste documento. A SOCIEDADE adoptou as medidas axeitadas en materia de protección de datos e ten implantadas as medidas necesarias que protexan os dereitos e liberdades dos interesados, e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación, a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables.

X. DEREITOS SOBRE OS SEUS DATOS PERSOAIS
 
A SOCIEDADE informa que o Usuario, en materia de protección de datos, ten os seguintes dereitos:
  1. Dereito de acceso aos seus datos persoais para saber cales están a ser obxecto de tratamento e as operacións de tratamento levadas a cabo con eles, así como a solicitar unha copia destes.
  2. Dereito de rectificación de calquera dato persoal inexacto.
  3. Dereito de supresión dos seus datos persoais, cando iso sexa posible.
  4. Dereito a solicitar, en determinadas circunstancias, a limitación do tratamento dos seus datos persoais.
  5. Dereito á oposición ao tratamento de datos persoais, cando iso sexa posible.
  6. Dereito á portabilidade dos datos persoais.
  7. Dereito a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando proceda.
  8. Calquera outro dereito recoñecido en materias de protección de datos.
 
Para o exercicio de calquera destes dereitos, o Usuario ou o seu representante legal ou voluntario, segundo o caso, poderá dirixirse ao servizo de Atención ao Cliente a través das seguintes canles:
  • Mediante a remisión dun escrito a Plaça del Gas n.º 1 08003 de Barcelona ou
  • mediante o enderezo a derechoslopdcliente@naturgy.com

 
En ambos os dous casos, deberá indicar a referencia “Protección de datos” e acompañar unha copia de DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente, polas dúas caras, co fin de acreditar a identidade do Usuario. A SOCIEDADE facilitaralle a información solicitada no prazo máximo dun mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
 
A SOCIEDADE infórmao de que poderá presentar reclamación ante a Autoridade de Control competente en materia de protección de datos. Non obstante, en primeira instancia, poderá presentar reclamación ante o Delegado de Protección de Datos, quen resolverá a reclamación no prazo máximo de dous meses.

7. MANIFESTACIÓNS E GARANTÍAS DE CARÁCTER XERAL

7.1 A SOCIEDADE manifesta e garante que o portal dispón da tecnoloxía (software e hardware) necesaria, na actualidade, para permitir o acceso e utilización deste. Non obstante, a Sociedade non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por calquera terceiro, que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos do Usuario, nin polas consecuencias prexudiciais que estas poidan producir nos sistemas informáticos do Usuario. O Usuario acepta plenamente o anterior e comprométese, pola súa parte, a despregar a máxima dilixencia e prudencia cando acceda e utilice os Produtos ou Servizos que se ofrecen a través do Portal. En particular, aínda que non soamente, o usuario deberá observar as recomendacións de seguridade que se mostra no portal.

7.2 O Usuario acepta que o Portal foi creado e desenvolvido de boa fe pola SOCIEDADE con información procedente de fontes internas e externas e ofréceo no seu estado actual, polo que poderá, non obstante, conter falsidades, inexactitudes, omisións relevantes, imprecisións ou erratas. A Sociedade, en consecuencia, non garante en ningún caso a veracidade, exactitude, actualidade como tampouco a exhaustividade dos contidos do portal. Por iso, o usuario exonera a Sociedade de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, utilidade ou falsas expectativas que o portal puidese producirlle ou xerarlle durante a súa navegación por este.

7.3. O Usuario garante que calquera actividade por el desenvolvida a través do Portal se adecuará á lei, á moral, aos bos costumes aceptados xeralmente e á orde pública, e que en ningún caso resultará ofensiva para o bo nome e imaxe comercial da SOCIEDADE, do Grupo Naturgy, para o resto de usuarios do Portal ou para os terceiros provedores de servizos. En particular, o Usuario comprométese a utilizar os Produtos ou Servizos de forma correcta e dilixente, así como absterse de utilizalos con fins ou efectos ilícitos ou prohibidos polas presentes Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar os devanditos Produtos ou Servizos os equipos informáticos de terceiros, así como os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados nos seus equipos informáticos ou impedir a normal utilización ou gozo dos servizos por parte de terceiros.

7.4 En particular, a título simplemente enunciativo e non limitativo, o Usuario comprométese a non utilizar os Produtos ou Servizos con finalidade de (i) suplantar a identidade dun terceiro; (ii) vulnerar dereitos fundamentais e liberdades públicas recoñecidas na normativa nacional e nos tratados ou convenios internacionais e, en particular, a non lesionar a honra, a intimidade persoal, a imaxe ou a propiedade de bens e dereitos de terceiros; (iii) incitar ou promover accións delituosas, denigrantes, difamatorias, ofensivas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública; (iv) inducir ou promover actuacións ou ideas discriminatorias por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou crenzas; (v) incorporar, poñer á disposición ou permitir acceder a produtos, elementos, mensaxes ou servizos delituosos, violentos, pornográficos, ofensivos ou, en xeral, contrarios á lei, á moral ou á orde pública; (vii) vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros; (vii) vulnerar a normativa sobre segredo empresarial, segredo das comunicacións, normativa de publicidade ou normativa de competencia desleal; (viii) transmitir a través do Portal con dolo ou culpa correo electrónico, programas ou datos (incluídos virus e soporte lóxico nocivo) que causen ou poidan causar danos ou prexuízos en calquera grao aos sistemas informáticos da SOCIEDADE ou doutros Usuarios ou de terceiros, así como falsificar a orixe do correo electrónico ou doutro material contido nun arquivo que se transmita a través do Portal. (ix) Empregar a información contida no portal con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade e (x) enviar mensaxes non solicitadas dirixidas a unha xeneralidade máis ou menos ampla de persoas con independencia da súa finalidade. & SP;

8. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE DE CARÁCTER XERAL

8.1 A Sociedade non efectúa manifestacións nin ofrece garantías de ningunha clase, xa sexan explícitas ou implícitas, en canto ao funcionamento do portal ou á información, contido, software, materiais, ou produtos incluídos neste na medida que o permita a lexislación aplicable. Así mesmo, a SOCIEDADE queda exonerada de prestar calquera garantía, xa for explícita ou implícita, incluídas, entre outras, as garantías implícitas de idoneidade para un fin determinado. A Sociedade non será responsable dos danos ou prexuízos de calquera índole que poidan derivarse do uso deste portal, incluídos, entre outros, os danos directos e indirectos.

8.2 A SOCIEDADE non se fai responsable de calquera dano ou prexuízo directo ou indirecto que puidese derivarse da interrupción do Portal, así como da súa continuidade. Así mesmo, a SOCIEDADE non se fai responsable dos posibles erros ou deficiencias de seguridade que se puidesen producir pola utilización, por parte do Usuario, dun navegador cunha versión non actualizada ou insegura, así como pola activación dos dispositivos de conservación de claves ou códigos de identificación do Usuario rexistrado no navegador ou dos danos, erros ou inexactitudes que se puidesen derivar do seu mal funcionamento.

8.3 A SOCIEDADE exclúe toda responsabilidade pola licitude, contido e calidade dos Produtos e Servizos ofrecidos ou comercializados por terceiros a través do Portal.

8.4 A SOCIEDADE non outorga garantías de natureza ningunha, nin expresa nin implicitamente, respecto da información que se transmita, distribúa, publique ou almacene no Portal, nin da utilización que os usuarios fagan desta. Así mesmo, a SOCIEDADE non responderá no caso de incapacidade de calquera Usuario ou da suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un Usuario.

8.5. En calquera caso de responsabilidade esixible á SOCIEDADE, esta tan só responderá polos danos e prexuízos efectiva e directamente causados por ela, sen incluír en ningún caso compensación por lucro cesante.

8.6. O Usuario responderá polos danos e prexuízos de calquera natureza que a SOCIEDADE poida sufrir como consecuencia, directa ou indirecta, do incumprimento por parte do Usuario das Condicións Xerais.

9. VÍNCULOS OU LIGAZÓNS HIPERTEXTUAIS CO PORTAL

9.1 Os usuarios ou os titulares doutros sitios web que pretendan crear unha ligazón de hipertexto (en diante, link) ao Portal deberán asegurar e comprometerse ao respecto das regras da SOCIEDADE sobre ligazóns na rede. As devanditas regras consisten en (i) non establecer ligazóns a páxinas ou subpáxinas distintas á home page do Portal; (ii) non establecer ligazóns que permitan a reprodución total ou parcial das páxinas da home page do Portal; (iii) non realizar xunto ao link manifestacións falsas, inexactas, incorrectas, que poidan inducir a erro ou confusión ou, en xeral, que sexan contrarias á lei, a moral ou os bos costumes; (iv) non incluír ningunha marca comercial ou signo susceptible de protección distinto do enderezo de URL do Portal, e (v) non establecer links con páxinas que conteñan contidos, manifestacións ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatoria contra os dereitos humanos e, en xeral, poidan prexudicar de calquera modo o bo nome comercial, a reputación ou a imaxe da SOCIEDADE ou dos seus clientes. En calquera caso, a inclusión de vínculos ou ligazóns ao portal por parte doutros sitios web non implica que a SOCIEDADE manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web na que se estableza a ligazón nin, tanto menos, que a SOCIEDADE promova, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais ou sitios web.

9.2 Pola súa banda, o portal pode conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados pola Sociedade. A SOCIEDADE declina calquera responsabilidade polas informacións contidas nos devanditos portais ou sitios web aos que se poida acceder por ligazóns ("links") ou buscadores das páxinas web da SOCIEDADE . A presenza de ligazóns ("links") nas páxinas web da SOCIEDADE ten finalidade simplemente informativa. Polo tanto, a SOCIEDADE non se responsabiliza nin outorga garantía de ningunha natureza, nin expresa nin implicitamente respecto a: (i) a comerciabilidade, idoneidade, calidade, cantidade, características, procedencia ou orixe, comercialización ou calquera outro aspecto dos Produtos ou Servizos que se ofrezan e comercialicen a través do Portal; (ii) os danos e prexuízos directos, indirectos ou de calquera outro tipo que puidesen xerar os Produtos ou Servizos que se ofrezan, comercialicen, adquiran, vendan ou presten a través do Portal; (iii) os prezos ofertados ou pactados polos Usuarios coas entidades oferentes; (iv) nin as transaccións ou operacións que se leven a cabo entre eles; (v) nin do bo fin destas; (vi) nin sobre os termos e condicións que entre eles pacten nos seus negocios e condicións de usos, nin das súas modificacións, cumprimento e execución, facturación, forma e medios de pagamentos e resolución; (vii) nin do aseguramento da entrega dos Produtos ou Servizos; (viii) nin das informacións que entre eles poidan intercambiarse; (ix) nin do contido e uso das informacións de carácter persoal ou non que as devanditas entidades requiran o Usuario para captar e levar a cabo as operacións; (x) nin do contido e uso das informacións de carácter persoal que a SOCIEDADE transmita ás devanditas entidades co único e exclusivo fin de cumprir coa relación de negocio iniciada ou creada, conforme ao indicado no formulario de rexistro de Usuario (xi) nin da publicidade que poidan facer uso os Usuarios, nin do uso que os Usuarios poidan realizar dos signos distintivos dun terceiro ou dos seus propios.

9.3 Todos os contidos do portal (incluídos, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, patentes, modelos de utilidade e industriais, debuxos, gráficos, arquivos de texto, audio, vídeo e software) son propiedade da Sociedade, ou dos provedores de contidos, despois de, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión, por parte destes, e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual e industrial. A compilación (entendéndose como tal a recompilación, deseño, ordenación e montaxe) de todo o contido do Portal é propiedade exclusiva da SOCIEDADE e atópase protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

9.4 Todo o software utilizado no deseño das pantallas, navegación e uso e desenvolvemento do portal é propiedade da Sociedade ou dos seus provedores de software e encóntrase protexido polas leis nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.
 
9.5 As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos da Sociedade que aparecen no portal son titularidade da Sociedade e están debidamente rexistrados ou en proceso de rexistro. As denominacións doutros produtos, servizos e compañías que aparezan neste documento ou no Portal poden ser marcas ou outros signos distintivos rexistrados dos seus respectivos e lexítimos propietarios

9.6. Todos os textos, debuxos gráficos, vídeos ou soportes de audio son propiedade da SOCIEDADE, ou dos seus provedores de contidos, polo que non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, alteración, transformación, reprodución, adaptación ou tradución por parte do Usuario ou de terceiros sen a expresa autorización por parte dos titulares dos devanditos contidos.

9.7 A posta á disposición dos usuarios para o seu uso das bases de datos, debuxos, gráficos, imaxes e fotografías, arquivos de texto, audio, vídeo e software propiedade da SOCIEDADE ou dos seus provedores que figuran no portal non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación en favor do usuario, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do portal.

9.8 Queda terminantemente prohibido calquera uso dos contidos do Portal e, en xeral, de todos os dereitos mencionados nas epígrafes precedentes que se realice sen a autorización da SOCIEDADE, incluída a súa explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquera medio, posterior publicación, exhibición, comunicación pública ou representación total ou parcial, as cales, de se produciren, constituirán infracción dos dereitos de propiedade intelectual da SOCIEDADE, sancionados pola lexislación vixente.

10. FORZA MAIOR

Para os efectos das presentes Condicións Xerais, entenderase por forza maior, a título enunciativo pero non limitativo, (i) todo suceso non culposo imposible de prever ou que, previsto ou previsible, for inevitable; (ii) os fallos no acceso ás distintas páxinas web; (iii) os fallos na subministración de rede eléctrica ou telefónica; (iv) os danos producidos por terceiros ou ataques ao servidor do Portal (virus) que afecten á calidade dos Produtos e Servizos e non sexan imputables nin á SOCIEDADE nin ao usuario; (v) os fallos na transmisión, difusión, almacenamento ou posta á disposición de terceiros das bases de datos e resto de contidos do Portal e, (vi) os problemas ou erros na recepción, obtención ou acceso ao Portal ou aos Produtos e Servizos por parte dos devanditos terceiros.

11. SUSPENSIÓN DO ACCESO AO PORTAL E DOS SERVIZOS

11.1 A Sociedade esforzarase en manter a dispoñibilidade continuada do portal. Non obstante, calquera modalidade de operación de proba, control e mantemento serán libremente elixidas e realizadas pola SOCIEDADE en calquera momento, sexan cales foren os procedementos e medios empregados para levalas a cabo. A Sociedade procurará, sempre que iso sexa razoablemente posible, avisar os usuarios mediante un anuncio no portal da realización dunha operación de mantemento ou outra actividade que puidese afectar ao portal.

11.2 A SOCIEDADE reserva a plena liberdade para modificar as capacidades de transmisión, seguimento ou outros medios ou servizos técnicos utilizados para o acceso ou utilización do Portal.

11.3. A SOCIEDADE poderá suspender de forma temporal ou definitiva os Produtos ou Servizos que se ofrecen a través do Portal, sen que iso xere ningún tipo de indemnización a favor do Usuario, cando concorran calquera das seguintes circunstancias: (i) cando sexa necesario para realizar labores de mantemento, (ii) cando sexa necesario para preservar a integridade ou a seguridade dos Produtos ou Servizos que se prestan, dos equipos, dos sistemas ou das redes da SOCIEDADE ou de terceiros, sempre que afecten ou poidan afectar aos servizos da SOCIEDADE, (iii) cando así o xustifiquen razóns operativas propias ou de terceiros que afecten á prestación dos Produtos ou Servizos da SOCIEDADE; (iv) cando exista unha causa de forza maior, a SOCIEDADE procurará manter informado o Usuario da suspensión e das súas causas, sempre que sexa posible.

12. TERMINACIÓN

O Portal poderá dar por rematadas as Condicións Xerais de uso sen necesidade de ningún aviso previo ao Usuario cando: (i) teña coñecemento da realización por parte do Usuario dalgunha actividade ilícita a través dos Servizos; (ii) o Usuario incumprise algunha das súas obrigas esenciais, segundo estas Condicións Xerais, e especialmente no caso de uso indebido do código de acceso; e en caso de vulneración ou impugnación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Portal, todo iso sen prexuízo do exercicio de cantas accións legais lle correspondan en defensa dos seus intereses.

13. NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz, e subsistirá, en todo o demais, o resto de Condicións Xerais, ademais de considerarse tal disposición, ou a parte desta que resulte afectada, por non posta, agás que, por resultar esencial ás presentes Condicións Xerais, debese afectalas de forma integral.

14. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

14.1 As presentes Condicións Xerais interpretaranse e rexeranse de conformidade coa lexislación española.

14.2 Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Condicións Xerais, serán competentes os xulgados e tribunais do domicilio do Usuario en España.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies