Novas contratacións

L-V de 8:00 a 22:00 h
S de 9:00 a 14:00 h
(horario peninsular)

Consulta nuestro horario de atención a la contratación.

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Chámanos gratis. Ou déixanos o teu teléfono e chamámosche.

O número introducido é incorrecto. Por favor, inténteo de novo. Grazas. Chámame

Atención ao cliente

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Ola
Área de clientes
 

Radiadores de resistencias

Contámosche o seu funcionamento e vantaxes

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Son equipos independentes que emiten calor a través de resistencias eléctricas situadas no interior da carcasa do radiador. Estes equipos non son enerxeticamente eficientes, e só se deben utilizar como apoio a outras instalacións. Estes equipos adoitan ter tres opcións de funcionamento, de menor a maior potencia.

Estes equipos son pouco eficientes, xa que consumen moita enerxía e non quentan de forma homoxénea a vivenda; por iso, recomendámosche que instales unha bomba de calor. Estes radiadores pódelos utilizar como sistema de apoio; compra os máis eficientes que encontres no mercado e con potencias que se axusten ás túas necesidades.

Estes equipos só ofrecen calefacción. Se desexas climatizar a túa vivenda, terás que instalar un equipo independente para a produción de frío ou un equipo que che ofreza tanto calefacción coma refrixeración, como por exemplo unha bomba de calor.

Vantaxes:

  1. Doado uso e mantemento.
  2. Son equipos móbiles.



Desvantaxes
:

  • Sistemas moi ineficientes polo seu alto consumo eléctrico.

  • Alto custo do equipo, xa que se ten que instalar un en cada estancia.

  • O sistema non ofrece unha calor uniforme, non quenta a estancia de forma homoxénea.

Os radiadores de resistencias eléctricas son de uso moi sinxelo: só debes acender o radiador e poñelo á potencia desexada; adoitan ter tres opcións de funcionamento, de menor a maior potencia.

Sabías que...?

Os radiadores de aceite son de doado uso e mantemento.

Os equipos son totalmente independentes e podes movelos a calquera parte da casa sen ter que realizar cambios nas instalacións.