IBAN - Mandato SEPA

Contámosche todas as características de IBAN Mandato SEPA

  • Que é o IBAN?

    O Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) é un número de identificación que permite validar internacionalmente unha conta bancaria que teña un cliente nunha entidade financeira.

    É un estándar creado polo Comité Europeo de Estándares Bancarios (ECSB) co obxectivo de facilitar a identificación homoxénea das contas bancarias en todos os países.

    Tanto o IBAN coma o CCC (estándar español de contas) identifican a mesma conta bancaria.

    O IBAN só se admite en domiciliacións na Zona SEPA (28 países CE + Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Mónaco e Croacia).

  • Vantaxes do IBAN

    Cada país dispón dun sistema e dunhas normas propias de identificación de contas bancarias, e non se poden aplicar as normas doutros países, o que non facilita as transaccións de pagamentos internacionais. Iso provoca atrasos, incidencias e custos non desexados.

    O IBAN resolve esta situación e achega, entre outras, as seguintes vantaxes:

    Diminución dos erros de imputación.

    Transmisión correcta dos datos relativos ao número de conta bancaria.

    Facilidade no tratamento automatizado ao longo de todo o circuíto.

    Redución das intervencións manuais.

    Rapidez de transmisión.

    Redución de custos.

  • Formato IBAN

    O IBAN consta dun máximo de 34 carácteres alfanuméricos, en función do país. Os dous primeiros son de carácter alfabético e identifican ao país. Os dous seguintes son díxitos de control que permiten verificar a exactitude do IBAN. Os restantes son o número de conta bancaria.
     

    Formato español:

    Para España, o IBAN ten 24 díxitos e componse do seguinte xeito:

    "ES" (código de país para España —dúas letras—, especificado na norma ISO 3166).

     Un número de control (2 díxitos).

     O CCC completo da correspondente conta corrente bancaria (20 díxitos).

     

    Formato electrónico:

    A presentación en formato electrónico do IBAN realízase sen espazos de separación, é dicir, con todos os díxitos seguidos.
     

    Formato papel:

    A representación en papel do IBAN é a mesma que en formato electrónico, coas seguintes excepcións:

    As iniciais "IBAN" preceden ao IBAN e van seguidas dun espazo.

    O IBAN divídese en grupos de catro caracteres separados por un espazo. O último grupo ten unha extensión variable de ata catro caracteres.

  • IBAN e BIC ou Swift

    O Código Internacional de Identificación Bancaria (BIC), tamén chamado "código bancario SWIFT", é o código internacional que permite unha identificación única de cada entidade de crédito e/ou das súas oficinas. Este código é necesario para automatizar o envío dos pagamentos ás caixas e bancos receptores.

    Ao realizar un pagamento transfronteirizo é importante indicar o IBAN do beneficiario e o código BIC da entidade destinataria, posto que utilizalo comporta unha maior rapidez e fiabilidade no trato do pagamento.
    Por outra banda, se recibes pagamentos procedentes do estranxeiro, interésache indicar o IBAN e o BIC en todas as facturas ou facilitárllelo a todos os provedores/debedores, porque che permitirá gañar tempo na recepción de pagamentos ao teu favor.

  • Que é o Mandato SEPA?

    O mandato asinado polo debedor (pagador) serve para autorizar, tanto ao acredor ao realizar o cobramento, como á súa entidade de crédito para atender os devanditos pagamentos. O mandato ha de ser emitido en papel e asinado polo debedor.
    O mandato debe estar vixente no momento da emisión do recibo. Caduca se transcorren 36 meses dende o último cobramento.
    O acredor debe custodiar o mandato asinado polo debedor por un mínimo de 14 meses despois do último recibo.

     

    Características:

    Acordo privado entre o emisor e o seu debedor (debe conter os datos identificativos do cliente, do debedor, do servizo e o consentimento do debedor para realizar o pagamento).

    Asinado polo titular da conta de cargo.

    Vixente na data de presentación do recibo.

    Naturgy dispón dun modelo definido segundo a normativa para todos os seus clientes.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477478351284

argssite - GNF