Inspección
periódica

Velamos polas túas instalacións

Visita de diagnóstico e conservación


Todas as instalacións de gas natural pasan inspeccións periódicas obrigatorias para garantir un aproveitamento óptimo da enerxía e ter a maior seguridade posible. Esta comprobación realízana as empresas instaladoras habilitadas ou a túa empresa distribuidora de gas natural.


 

O noso persoal

Confía no noso persoal técnico para a conservación da túa instalación de gas.

Para establecer a data de visita, os titulares da comunidade de veciños reciben unha carta, e carteis de aviso, onde se informa da data exacta da inspección. Sempre se programan as visitas con varios días de antelación.
O persoal sempre ten que ir debidamente acreditado. Este debe exhibir a acreditación de Naturgy e, a requirimento, un documento que acredite a súa identidade como pode ser o propio D.N.I.
Que se comproba nunha inspección periódica?
img_inspeccion

 A ausencia de fugas de gas.

 As zonas visibles e accesibles das canalizacións do gas do edificio. 

 A situación dos contadores. 

 As condicións de ventilación da infraestrutura. 

 A conexión dos aparatos á instalación de gas natural. 

 Os condutos de evacuación de quentadores e caldeiras. 

 A combustión en quentadores, caldeiras e cociñas de gas natural. 

Lembra que...

A inspección da instalación individual págase a través da factura do gas, nunca no momento.

Se se detectan anomalías na túa instalación podes pedir o xustificante de corrección de anomalías.
img_altavoz
Respondemos ás túas dúbidas
  • Que di a lei?

    A lexislación vixente obriga o titular das instalacións de gas e os seus usuarios a exercer un bo uso, mantemento e conservación destas.

    Segundo o Real decreto 984/2015, do 30 de outubro, polo que se regula o mercado organizado de gas, as empresas instaladoras habilitadas ou os distribuidores de gases combustibles por canalización deben efectuar cada 5 anos unha inspección das instalacións receptoras dos usuarios.

  • Cales son os posibles resultados da inspección periódica?

    • Satisfactorio. A instalación quedou en regra no momento da inspección.

    • Non satisfactorio. Detectáronse anomalías que hai que solucionar.

    • Ausente. Non se puido realizar a inspección e hai que concertar unha nova visita. 


    Xustificante corrección de anomalías

  • Que sucede se non permito que se leve a cabo a inspección?

    Se non pasa a inspección, notificarase ao organismo competente da túa comunidade autónoma e pode interromperse a subministración de gas natural.

  • Como manter a instalación de gas en bo estado?

    • Mantén a zona da caldeira limpa e accesible.

    • Non manipules a instalación sen asistencia profesional.

    • Non obstrúas as saídas de aire.

    • Non colgues obxectos das canalizacións do gas.

    • Non almacenes produtos combustibles preto dos aparatos que funcionan con gas.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477493480486

argssite - GNF