Mediante a instalación de baterías de condensadores, que axudan a compensar enerxía reactiva, a túa empresa conseguirá:
Aforro na factura eléctrica: Eliminación de recargas e penalizacións de enerxía reactiva dende o primeiro momento e redución de perdas de enerxía útil.
Redución de custos: Redución de investimentos necesarios en novas instalacións, aumento da capacidade dispoñible de liñas e transformadores e aumento da vida útil dos equipos. Co aforro económico conseguido a amortización dos equipos é rápida, ademais de mellorar a eficiencia enerxética da instalación.