Novas contratacións

L-V de 8:00 a 22:00 h
S de 9:00 a 14:00 h
(horario peninsular)

Consulta nuestro horario de atención a la contratación.

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Chámanos gratis. Ou déixanos o teu teléfono e chamámosche.

O número introducido é incorrecto. Por favor, inténteo de novo. Grazas. Chámame

Atención ao cliente

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Ola
Área de clientes
Tarifa Solar para comunidade de propietarios
  •  

    A nosa Tarifa Solar para comunidades é a máis competitiva se tes placas solares.

  •  

    A tranquilidade de ter prezos estables todo o ano.

  •  

    Asesoramento personalizado para a túa comunidade de veciños.

Tarifa Solar para comunidade de propietarios

(Consumo anual < 400 MWh)

As horas máis baratas

Goza do consumo de enerxía da túa comunidade de veciños,
sempre ao prezo máis baixo.

Goza do consumo de enerxía da túa comunidade de veciños,
sempre ao prezo máis baixo.

Cando as túas placas non produzan, a túa comunidade consumirá enerxía ao mellor prezo garantido durante 1 ano, que se adapta ás necesidades de autoconsumo da túa comunidade.

A nosa tarifa solar para comunidades de propietarios equivale á Tarifa Fixa de luz con franxas horarias.

Como funciona a Tarifa Solar
con placas para comunidades?

Como funciona a Tarifa Solar
con placas para comunidades?

A Tarifa Solar adáptase ás necesidades de consumo da túa comunidade de propietarios xunto á túa instalación de autoconsumo:

  • Durante o día, as túas placas solares producen enerxía e os excedentes que xeres seranche compensados a 0,11 €/kWh (sen impostos) e 0,133100 €/kWh (co imposto do 21 % de IVE).
  • Durante a noite, cando as túas placas non producen, esta é a tarifa máis económica. Por iso tamén a chamamos Plan fixo Luz Franxas horarias.

A Tarifa Solar ten tres prezos para o termo de enerxía: punta, chairo e val nos seguintes tramos horarios:

Cal é o prezo da Tarifa Solar para comunidade de propietarios?

Cal é o prezo da Tarifa Solar para comunidade de propietarios?

Tarifa Solar

  • Tarifa 2.0TD
  • Tarifa 2.0TD Trihoraria
  • Tarifa 3.0
  • Tarifa 6.1
Termo de potencia (€/kW*dia)
Período 1 : 0,116318 €/kW*dia
Período 2 : 0,044521 €/kW*dia
Termo de enerxía (€/kWh)
Período 1 : 0,114599 €/kWh
Compensación de excedentes:
0.110000 €/kWh (sen impostos) / 0.133100 €/kWh (con imposto do 21% de IVE)

Os prezos mostrados na Tarifa Solar para a túa comunidade de propietarios non inclúen impostos (IVE/IXIC e imposto de electricidade).

De conformidade co Real Decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro, considerarase  aplicable  IVE do 5 %  ata o 31/12/2023 para potencia contratada inferior a 10 kW e sempre que o prezo medio da enerxía do mercado por xunto do último mes natural anterior ao do último día do período de facturación supere os 45 €/MWh. Para potencias iguais ou superiores a 10 kW, o tipo aplicable será do 21%.

Os prezos non inclúen o custo regulado do mecanismo de axuste de custos de produción para a redución do prezo de electricidade no mercado por xunto establecido no Real Decreto-lei 10/2022, que se incluirá en liña á parte na factura baixo o concepto “Mecanismo Ibérico”. Os prezos tampouco inclúen o custo regulado asociado ao mecanismo de financiamento do bono social, que se engadirá en liña á parte baixo o concepto “Financiamento do Bono Social”.

Aplicaranse no prezo indicado as variacións á alza ou á baixa dos impostos aplicables e dos conceptos regulados (a modo enunciativo e non limitativo, cargos do sistema, peaxes, alugueiro de contador...). Así mesmo, poderá trasladarse ao prezo calquera concepto regulado, taxa ou imposto de nova creación ou que substitúan os actuais que sexan de aplicación durante o período de duración do presente contrato.

Adicionalmente  facturaranse, se procede, os excesos de enerxía reactiva e de potencia. Os períodos horarios corresponden, en todo momento, cos da tarifa de acceso contratada.

Vixencia ata o 15/10/2024.

Válido para novas contratacións de luz con tarifa de acceso 2.0TD, 3.0 TD e 6.1 TD. Condicións económicas aplicables para consumos inferiores a 400.000 kWh/ano.

As condicións manteranse vixentes 12 meses desde o inicio do contrato. Revisión anual con IPC (Índice de Prezos ao Consumo interanual do mes de Novembro). 

En caso de resolución unilateral anticipada do contrato de subministración de electricidade por parte do Cliente, antes de iniciada a primeira prórroga, poderá aplicárselle unha penalización de ata un 5 % do prezo do contrato pola enerxía estimada pendente de subministración. 

Condicións xerais do contrato de enerxías e servizos (PDF 58 kB)

Vantaxes da Tarifa Solar para comunidades de veciños

Vantaxes da Tarifa Solar para comunidades de veciños

Benefíciate das horas sen sol

Aproveita o prezo máis baixo cando as placas solares da túa comunidade non produzan enerxía.

Prezo estable durante 12 meses

Que as flutuacións do prezo da luz non che quiten o sono.

Flexibilidade

Se varían os hábitos de consumo da túa comunidade, podes cambiar a tarifa cando o desexes.

Opción de enerxía 100% renovable

Podes elixir que a enerxía da túa comunidade sexa completamente renovable (pode supoñer unha variación no prezo final).

Image

meuxestornaturgy

Ao contratar con Naturgy, contas cun servizo exclusivo que pon á túa disposición un xestor persoal experto en enerxía*.

Contrata a Tarifa Solar para a túa comunidade de propietarios en 4 pasos

Contrata a Tarifa Solar para a túa comunidade de propietarios en 4 pasos

Así de fácil é contratar a enerxía solar na túa comunidade de veciños connosco. Benvido a Naturgy!

Selecciona a túa Tarifa Solar

Indica os datos do punto de subministración

Engade servizos adicionais, se o desexas

Revisa a información e confirma

Preguntas frecuentes do Plan Solar en comunidades de propietarios

Preguntas frecuentes do Plan Solar en comunidades de propietarios

Se o consumo anual de electricidade da túa comunidade é inferior a 400 MWh anuais, podes apostar pola Tarifa solar para a túa comunidade con prezo fixo no termo de enerxía, así poderás controlar os custos da túa comunidade.

Ademais, este produto ofrece estabilidade á túa comunidade para que o gasto en enerxía non dependa das flutuacións do prezo de mercado de electricidade e terás a seguridade de ter un bo prezo pechado por anticipado. Soamente che trasladaremos as variacións de IPC e as variacións dos custos regulados, segundo a evolución.

É un produto con máxima flexibilidade, se non che encaixa, podes cambiar de tarifa, cando queiras e sen custo ningún.

Se o consumo anual de electricidade da túa comunidade é superior a 400 Mwh,cubre cubre o formulario e un asesor personalizado porase en contacto coa túa comunidade. 

É sinxelo! O primeiro que precisarás é o número CUPS. É un código de entre 20 e 22 caracteres que comeza por 'ES' e que identifica a instalación do teu punto de subministración. Poderalo atopar na cara/dorso da túa factura. Tamén precisarás os datos bancarios (número de conta en formato IBAN: en España ten 24 díxitos e comeza con 'ES'.)

Se xa estás decidido, ben a podes contratar a través do teléfono gratuíto 900 897 022 ,a traves de nuestra web  o si quieres en cualquiera de nuestras tiendas (aquí podes ver a tenda máis próxima).

Abofé que si. É unha opción moi recomendable para a túa comunidade de propietarios e para iso  deberás  completar un proceso moi sinxelo:

  1. Legalizar a instalación no organismo autonómico: é dicir, comunícalle á túa comunidade autónoma que a instalación se acollerá á modalidade de compensación simplificada de excedentes.
  2. A comunidade autónoma envía os datos da instalación fotovoltaica á distribuidora eléctrica da túa zona.
  3. A distribuidora comunícallo á túa comercializadora eléctrica.
  4. Por último, recibirás unha carta da comercializadora para comprobar que os datos da instalación son correctos.
  5. Se, a túa instalación de placas solares é de Naturgy poñémoscho doado. Ocupámonos de todos os trámites!

Se precisas máis información, consulta a nosa páxina Compensación de excedentes para comunidades.

É un xestor persoal experto en enerxía que che axudará por seres cliente de Naturgy na xestión e optimización das túas subministracións. Dirixido a comunidades de propietarios con polo menos un contrato eléctrico con tarifa 3.0 TD ou 6.X TD (potencia eléctrica superior a 15 kW) ou tarifas de gas RL.4 ou RL.5 (consumo superior a 50.000 kWh/ano).

A túa comunidade de veciños terá liña directa co teu xestor. Poderás comunicarte con el por teléfono ou correo electrónico, cando e como queiras.

Este servizo non supón ningún custo para ti, forma parte das vantaxes de teres contratada a enerxía con Naturgy.

Instalar placas solares na túa comunidade de veciños permitirache aforrar a ti e os teus veciños na vosa factura da luz, xerando enerxía verde para cubrir o consumo de cada veciño ou os gastos de zonas comúns como ascensores, escaleiras, relanzos, portais, piscinas e máis.
Con Naturgy poderás instalar paneis solares na túa comunidade de veciños sen preocuparte de nada, con facilidades de pagamento, garantías (12 anos de produción de paneis e 10 anos para inversores) e a seguridade dunha empresa experta en solucións enerxéticas.   
Aproveita agora as vantaxes do autoconsumo grazas ás deducións fiscais, as subvencións e axudas autonómicas e europeas, e a nova normativa do autoconsumo fotovoltaico que farán moito máis fácil a túa transición á enerxía verde!

Ofrecemos asesoramento enerxético para todos os nosos clientes. Ademais, os clientes con contratos eléctricos con tarifa 3.0 TD ou 6.X TD (potencia eléctrica superior a 15 kW) ou tarifas de gas RL4 E RL5, fóra das Administracións públicas, terán un xestor persoal asignado experto en optimización enerxética (O meu xestor Naturgy)

Tarifa solar para comunidades

As horas de enerxía máis baratas para a túa instalación solar

Ver prezos

Tarifa solar para comunidades

As horas de enerxía máis baratas para a túa instalación solar

Ver prezos