Un bo mantemento é clave para conseguir a máxima enerxía e deste xeito obter un maior rendemento da instalación da túa comunidade. En Naturgy poñémoscho moi doado porque temos o mellor servizo para as placas solares da túa comunidade!
Coñece o noso servizo ServiSolar GC: terás unha revisión anual preventiva da instalación solar coa que detectar calquera anomalía a tempo. Estaremos ao teu lado as 24 h do día os 365 días do ano co noso servizo de asistencia telefónica. E, se o precisas,un técnico acudirá á túa casa, no caso de avaría, fallos no funcionamento, desconfiguración dos inversores ou da conexión wifi coa nosa asistencia técnica ou servizo de reparacións se a túa instalación fotovoltaica non funciona.
Lembra: atenderémoste telefonicamente a calquera hora e día do ano e no caso de precisar unha visita presencial, contacto co técnico asignado en menos de 3 h dende a recepción para concertar a cita e en menos de 48 h en horario laboral estaremos no teu fogar. Este servizo inclúe o desprazamento e as 3 primeiras horas de man de obra cun máximo de 2 visitas presenciais por vixencia de contrato.
E, se a instalación de placas solares foi realizada por Naturgy, ofrecémosche o soporte para a xestión de garantía dos equipos da túa comunidade. Agora podes contratarGCServisolar GC.