Cando as túas placas solares descansan, o teu aforro continúa

Aproveita o prezo máis baixo adaptado ás túas necesidades de autoconsumo

Tarifa Solar

As horas máis baratas
Val 0,110000€/kWh
Chairo 0,145000€/kWh
Punta 0,218000€/kWh

*Prezos sen impostos

Como funciona a Tarifa Solar para placas solares?

Como funciona a Tarifa Solar para placas solares?

 A Tarifa Solar está pensada para complementar a enerxía que xeran as túas placas, ofrecéndoche un prezo adaptado cando necesitas consumir electricidade da rede.

    • Durante o día, as túas placas solares producen enerxía e os excedentes que xeres seranche compensados a 0,06 €/kWh sen impostos (0,0726 €/kWh con IVE do 21 %).

    • Durante a noite, cando as túas placas non producen, esta é a tarifa máis económica. Por iso tamén a chamamos Tarifa Noite e aparecerá así na túa factura.

    O prezo da Tarifa Solar

    O prezo da Tarifa Solar

    Termo de enerxía

    • Período Val (P3)

      0,110000 €/kWh

       

      00:00 – 08:00
      (lunes a viernes)
      24h los fines de semana y festivos

    • Período Chairo (P2)

      0,145000 €/kWh

       

      08:00 – 10:00
      14:00 – 18:00
      22:00 – 00:00
      (de lunes a viernes)

    • Período Punta (P1)

      0,218000 €/kWh

       

      10:00 – 14:00
      18:00 – 22:00
      (de lunes a viernes)

    Termo de potencia

    • Período Punta (P1)

      0,123030 €/kW*día

       

      08:00 – 00:00 (lunes a viernes)

    • Período Val (P2)

      0,061562 €/kW*día

       

      00:00 – 08:00 (lunes a viernes)
      24h los fines de semana

    Compensación de excedentes:
    0.000000 €/kWh (sen impostos) / 0.000000 €/kWh (con imposto do 21% de IVE)

    Aplicaranse no prezo indicado as variacións á alza ou á baixa dos impostos correspondentes e dos conceptos regulados (a modo enunciativo e non limitativo, cargos do sistema, peaxes, alugueiro de contador...). Así mesmo, poderá trasladarse ao prezo calquera concepto regulado, taxa ou imposto de nova creación ou que substitúan os actuais que sexan de aplicación durante o período de duración do presente contrato.

    A partir do 1 de xuño de 2026, finaliza a redución proposta no Real decreto lei 7/2026, do 20 de marzo. Aplicarase un tipo impositivo de IVE do 21 % e un imposto de especial sobre electricidade (IEE) do 5,1127 %.


    Nas subministracións situadas en Canarias, en lugar do IVE aplicarase o imposto xeral indirecto canario (IXIC) correspondente, e en Ceuta e Melilla aplicarase o imposto sobre a produción, os servizos e a importación (IPSI) que resulte de aplicación conforme a súa normativa específica.

    Os prezos non inclúen o custo regulado asociado ao mecanismo de financiamento do bono social, que se repercutirá na factura nunha alínea á parte baixo o concepto «Financiamento do Bono Social».

    Válido para novas contratacións de luz con tarifa de acceso 2.0TD para persoas físicas, potencia contratada ≤15 kW, consumo de electricidade ata 10.000 kWh/ano e sen Bono Social. As condicións manteranse vixentes 12 meses desde o inicio de vixencia do contrato. ​Tarifa sen permanencia.​​

    Vixencia ata o 30/11/2026 e non acumulable a outras promocións.

    Naturgy garante que adquirirá un volume de enerxía renovable que equivalerá ao consumo da Tarifa Noite Luz e dispoñerá duns certificados de garantía de orixe da enerxía (GdO); o cliente poderá consultar a aplicación destes ao seu CUPS a través da web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (www.cnmc.es).

    Se xa dispós de autoconsumo, cando se active o teu contrato de enerxía, empezarás a compensar os excedentes na túa factura automaticamente. Porén, se aínda non solicitaches a alta en autoconsumo, cando se active o teu contrato de luz, poderás facelo dende aquí. Cubre o formulario ou chámanos o  900 900 413 e xestionarémosche a compensación de excedentes.

    Vantaxes da tarifa de luz con discriminación horaria

    Con Tarifa Solar gozas dun prezo adaptado aos teus horarios de consumo, con franxas horarias diferenciadas para axudarche a aforrar máis cando utilizas a electricidade nos momentos de menor custo.

    • Ser flexible e aforrar é posible. Benefíciate do prezo máis baixo cando as túas placas non producen enerxía.

    • Prezo estable durante 12 meses. Que as flutuacións do prezo da luz non che quiten o sono.

    • Sen permanencia. Podes cambiar de tarifa cando queiras sen ningún custo.

    • Enerxía 100% comprometida. A tarifa de luz responsable co medio ambiente.

    Contrata 100 % online en 3 minutos

    Contrata 100 % online en 3 minutos

    1. Selecciona Tarifa Solar
    2. Introduce os teus datos persoais e da subministración
    3. Engade servizos adicionais, se o desexas
    4. Encargámonos de tramitar o cambio coa túa anterior compañía
    1. Selecciona Tarifa Solar
    2. Introduce os teus datos persoais e da subministración
    3. Engade servizos adicionais, se o desexas
    4. Encargámonos de tramitar o cambio coa túa anterior compañía

    Todo sobre Tarifa Solar

    Todo sobre Tarifa Solar

    Se tes placas solares instaladas e queres sacarlle o máximo partido á túa tarifa de luz, esta é a túa tarifa!

    Pola noite, cando as túas placas solares non produzan enerxía, terás o mellor prezo e grazas a iso, conseguirás un aforro considerable na túa factura da luz.

    A Tarifa Solar ten tres prezos para o termo de enerxía: punta, chairo e val.

    • O prezo punta aplica de 10 h a 14 h y de 18 h a 22 h de luns a venres laborables.
    • O prezo chairo de 8 h a 10 h, de 14 h a 18 h y de 22 h a 24 h de luns a venres laborables.
    • O prezo val o resto do día e fins de semana e festivos.

    Tamén ten dous períodos de potencia: o período con prezo punta é o que vai de 8 h a 24 h de luns a venres, e o val o resto de horas, fins de semana e festivos.

    É sinxelo! O primeiro que precisarás é o número CUPS. É un código de entre 20 e 22 caracteres que comeza por 'ES' e que identifica a instalación do teu punto de subministración. Poderalo atopar na cara/dorso da túa factura. Tamén precisarás os datos bancarios (número de conta en formato IBAN: en España ten 24 díxitos e comeza con 'ES'.)

    Se xa estás dedicid@, ben podes contratala a través do noso teléfono gratuíto, a través da nosa web ou, se queres, en calquera das nosas tendas (aquí podes ver a túa tenda máis próxima).

    Non, non é necesario. Non obstante, para sacarlle o máximo partido á túa Tarifa Solar, tes que ter instaladas placas solares.

    Non, manteremos o teu prezo fixo de luz durante 12 meses. Tanto o prezo do kWh do teu consumo de luz como o prezo do kW das potencias contratadas non variarán nun ano, agás que haxa cambios nos conceptos regulados por lei.

    Podes acceder a toda a información relativa á túa contratación na túa Área Clientes e realizar o máximo de xestións de xeito autónomo.

    É doado, pero antes explicámosche os requisitos para solicitar a compensación de excedentes:

    1. A túa instalación eléctrica debe estar recoñecida oficialmente como de autoconsumo, tanto polo teu Concello (ou organismo competente da túa Comunidade Autónoma) como, posteriormente, pola túa distribuidora eléctrica. Debes dispoñer do Certificado de Instalacións Eléctricas (CIE) de xeración que así o recoñece. Maior información en Guía de Excedentes.
    2. Tes que ter contratada unha tarifa de luz por consumo con Naturgy. Hai dúas situacións que requirirían un axuste: non podería ser unha tarifa plana nin tampouco calquera tarifa que teña aplicado un plan de cotas fixas. Nós recomendámosche a , ideal para unha instalación fotovoltaica.

    Nas túas facturas de luz, os prezos do  Termo de Potencia e do Termo de Enerxía aparecerán sen impostos.

    Actualmente, no caso da luz, aplícanse as seguintes medidas para mitigar a escalada de prezos e que verás reflectidas na túa factura:

    • IVE da luz: 10 % para contratos con potencia contratada igual ou inferior a 10 kW. Para potencias superiores a 10 kW, o IVE segue sendo do 21 %.

    • O Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) redúcese do 5,11 % ao 0,5 %, cun mínimo garantido de 1 €/MWh

    Has de ter en conta que podes ver outros conceptos, como o alugamento de contador, financiamento do Bono Social, impostos, tarifa de acceso, peaxes ou un servizo de mantemento.

    No tocante á compensación de excedentes, se no período facturado o teu tipo de autoconsumo xerou excedentes atoparás na túa factura este concepto, o número de kWh e o importe que hai que descontar no período facturado. E lembra, no mes seguinte comezaranse a contar os excedentes dende cero.

    Que servizos adicionais hai para unha instalación solar?

    Que servizos adicionais hai para unha instalación solar?

    Aproveita o prezo máis baixo adaptado ás túas necesidades de autoconsumo.

    Prezos das modalidades con excedentes acollidas a compensación

    Naturgy calculará o importe resultante de multiplicar os kWh de excedentes (enerxía xerada e non autoconsumida) polo prezo vixente en cada momento. O prezo poderá ser revisable mensualmente.

    O prezo é de 0,06 €/kWh sen impostos e 0,0726 €/kWh con IVE do 21 %.

    O resultado restarase do valor económico da enerxía consumida da rede no período de facturación. En ningún caso, o valor económico da enerxía excedentaria poderá ser superior ao valor económico da enerxía consumida da rede no período de facturación.

    Modalidade non compatible coa Tarifa Plana.