Unha «alta de gas» sempre refire a unha nova instalación de gas, xa sexa na túa vivenda/local individual ou en toda unha comunidade de veciños.
Para iniciar a alta debes poñerte en contacto coa distribuidora de gas da túa zona, que é a responsable da rede de gas e che indicará os pasos que hai que realizar para a instalación, que será máis ou menos fácil dependendo da túa situación. A distribuidora orientarate sobre empresas instaladoras de gas que poden axudarte.
Cando teñas a instalación realizada e dispoñible para contratar a subministración de gas cunha comercializadora de gas, daranche o código CUPS e o certificado IRI. O CUPS é o código único da túa instalación e dato necesario para contratar, e o certificado indica que a instalación está realizada con todas as medidas requiridas.