Català   Galego    

Cambios nas tarifas de acceso de gas natural


Tranquilo! Explicámoscho en detalle para que te despreocupes.

Todo sobre as novas tarifas de gas
 

O 1 de outubro entrou en vigor a nova normativa que se recolle na Circular 6/2020, do 22 de xullo, da CNMC, que modificou a metodoloxía de cálculo utilizada para determinar os prezos que pagan os consumidores para cubrir os custos regulados do sistema gasista.

Este importe está
regulado polo Goberno e a CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia) e aplícase tanto no termo fixo coma no termo variable da túa factura.

Estes son os cambios principais

veciños

Detalle dos custos regulados 

O concepto único de peaxes de acceso de gas pasou a partir de outubro a analizarse en dous conceptos distintos: peaxes de acceso e cargos do sistema.
Ver detalle

 

Tarifa de acceso de gas en función do consumo

A nova tarifa de acceso de gas só ten en conta o consumo. Xa non se ten en conta a presión da rede á que se conecte a subministración.
 

Novas tarifas de acceso

Para os clientes domésticos e a maioría de pequenas e medianas empresas, que son os consumidores conectados á rede de baixa presión, pasamos de ter 4 tarifas de acceso a ter 6. E o número total de tarifas de acceso ao sistema reduciuse de 14, establecidas por nivel de consumo e rango de presión da rede, a un total de 11, diferenciadas unicamente polo consumo.
Tarifas para consumidores domésticos e Pymes
Resto de tarifas industriais e de gran consumo

 

Revisión anual da túa tarifa de acceso

A distribuidora actualiza e cambia, se procede, a túa tarifa de acceso se variaches de tramo de consumo anual. Coa nova normativa, esta análise e actualización deixa de coincidir co ano natural (1 de xaneiro a 31 de decembro) e pasa a ser do 1 de outubro ao 30 de setembro.

Queres saber máis?

Explicámoscho no seguinte artigo:

Cóntame máis

Si, si, pero, como me afecta?
 

Tranquilo, ti non tes que facer nada. En Naturgy xa axustamos os prezos para incorporar todos os cambios nos custos regulados, sen afectar os demais compoñentes de prezo da túa tarifa comercial.

A continuación, resolvemos as túas dúbidas:


 
  • Cando cambiaron?

    As novas tarifas de acceso entraron en vigor o 1 de outubro de 2021 e veralo reflectido nas facturas que inclúan o consumo de gas dende esa data. O consumo realizado ata o 30 de setembro foi facturado coa metodoloxía anterior e a partir do 1 de outubro xa se aplica a metodoloxía nova.

  • Dende outubro, pago máis ou menos?

    Depende do teu consumo anual, e o de cada factura en concreto. No rango de consumo das vivendas, o consumidor medio verá a súa factura reducida. Aínda que os hábitos de consumo serán sempre o que máis impacte na factura.

    Recorda que verás o cambio de tarifas de acceso na primeira factura que recibas a partir do 1 de outubro, con consumos facturados a partir desa data.

    Nas facturas a partir desa data, tamén é posible que vexas un cambio de denominación no teu produto de gas. Trátase só dun cambio de nome, o teu prezo mantense nas mesmas condicións que tiñas, agás no axuste derivado do cambio de peaxes, que supón unha actualización dos custos regulados imputables a cada subministración de gas.

    Se aínda non che chegou unha nova factura con consumos posteriores a setembro de 2021, a seguinte táboa permite identificar a nova tarifa de acceso en función do consumo anual, para os consumidores que tiñan unha tarifa entre 3.1 e 3.4 segundo o anterior esquema:

     

    •  As tarifas RL.1, RL.2 e RL.3 serán as habituais para consumidores domésticos.

    •  Podes ter unha idea da orde de magnitude do teu consumo anual consultando os teus consumos na Área Cliente ou ben a partir do consumo acumulado da túa última factura.

    Consumo anual Tarifa de acceso
    A partir do 1 de outubro Tarifa de acceso anterior máis probable
    Ata 5.000 kWh RL.1 3.1
    Superior a 5.000 e ata 15.000 kWh RL.2
    3.2
    Superior a 15.000 e ata 50.000 kWh RL.3
    Superior a 50.000 e ata 300.000 kWh RL.4 3.3 (Ata 100.000 kWh)
    3.4 (Máis de 100.00 kWh)
    Superior a 300.000 e ata 1.500.000 kWh RLTB.5 3.4
    Superior a 1.500.000 e ata 5.000.000 kWh RLTB.6 3.4

    Ten en conta que, para a asignación de
    novas tarifas, este consumo avaliouse dende o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021 e que a táboa é meramente orientativa. 

    Xa sei a miña nova tarifa de acceso, como estimo a variación dos meus prezos?

    Se es un consumidor doméstico e tes unha modalidade de produto na que pagas un termo fixo e un termo variable segundo a enerxía consumida, a continuación, nas seguintes táboas axudámosche a estimar como varían os teus prezos polo cambio a partir de outubro de 2021, en función da túa nova tarifa de acceso regulada (“Tarifa destino”, na primeira columna) e do prezo do termo fixo que tiveras na túa última factura recibida antes do 1 de outubro (na primeira fila).

    Variación do termo fixo se teño un prezo fixo ou unha fórmula, en €/mes:

     
    Tarifa destino Prezo actual do Termo Fixo (en €/día)
      0.065753 0.140055 0.263671 0.300585 entre 0,163397 e 0,186575 entre 0,306082 e 0,363682 entre 1,736975 e 1,783562 entre 2,662027 e 2,708614
    Tarifa
    destino
    Variación do Termo Fixo (en €/día) (1) (2) (3)
    RL.1 0.038795 0.038795 -0.084822 -0.096697 0.038906 -0.085015 -1.604867 -2.529919
    RL.2 0.196274 0.196274 0.072658 0.08283 0.196414 0.072493 -1.447359 -2.372411
    RL.3 0.582904 0.582904 0.459288 0.523588 0.582732 0.458811 -1.061041 -1.986093
    RL.4 * * * * 1.740864 1.616943 0.097091 -0.827961
    RLTB.5 * * * * 3.715386 3.591465 2.071613 1.146561
    RLTB.6 * * * * 38.932866 38.808945 37.289093 36.36404
    *Tarifa de acceso destino non compatible. O teu prezo está referenciado á tarifa de último recurso (TUR) e a nova tarifa de acceso seleccionada non dispón dunha referencia de prezos TUR.

    Variación do termo variable se teño un prezo fixo ou unha fórmula, en €/kWh:

     
    Tarifa destino Prezo actual do Termo Fixo (en €/día)
      0.065753 0.140055 0.263671 0.300585 entre 0,163397 e 0,186575 entre 0,306082 e 0,363682 entre 1,736975 e 1,783562 entre 2,662027 e 2,708614
    Tarifa
    destino
    Variación do Termo Fixo (en €/día) (1) (2) (3)
    RL.1 -0.713174 -0.528277 0.234423 0.22739 -0.011705 -0.004078 -0.000752 0.001941
    RL.2 -1.174384 -0.869914 -0.107214 -0.103998 -0.015122 -0.007495 -0.004169 -0.001476
    RL.3 -1.518619 -1.124903 -0.362203 -0.351337 -0.017672 -0.010045 -0.006719  -0,004026
    RL.4 * * * * -0.014457 -0.00683 -0.003504 -0.000811
    RLTB.5 * * * * -0.015077 -0.00745 -0.004124 -0.001431
    RLTB.6 * * * * -0.021734 -0.014107 -0.010781  -0,008088
     *Tarifa de acceso destino non compatible. O teu prezo está referenciado á tarifa de último recurso (TUR) e a nova tarifa de acceso seleccionada non dispón dunha referencia de prezos TUR.
     
    (1) As variacións de prezo mostradas non aplican para tarifas planas de gas. Os valores mostrados son orientativos e en ningún caso teñen valor vinculante ou contractual, ademais, non recollen as variacións debidas a outros conceptos diferentes á implantación do novo sistema de peaxes e cargos regulados.

    (2) Se o teu prezo está referenciado á tarifa de último recurso, TUR, con prezos que varían trimestralmente, o valor mostrado é a diferenza de prezos entre o terceiro e cuarto trimestre de 2021. Neste caso, ata setembro 2021 existían 2 tarifas de referencia (TUR1 e TUR2), e a partir do 1 de outubro desdóbranse en 3 (TUR1, TUR2 e TUR3). Dende esa data, o teu produto vincúlase automaticamente á nova TUR que che corresponda segundo a nova tarifa de acceso que che asignase a túa distribuidora, en función do teu consumo anual actual.

    (3) Para o resto de produtos, a variación de prezos mostrada é a asociada ao cambio de peaxes e aplicará ata a renovación do contrato. Especificamente, se o teu prezo aplicable á enerxía consumida (Termo Variable) está determinado por unha fórmula, as variacións mostradas non incorporan as orixinadas pola actualización trimestral da propia fórmula.
  • Teño un desconto, séguese aplicando?

    Si, séguese a aplicar calquera desconto do que esteas a gozar neste momento.

  • Cal é a normativa que desenvolve o novo sistema de peaxes de gas?

    Se queres afondar máis, a nova normativa que establece a metodoloxía de cálculo das peaxes de transporte, distribución e regasificación é a Circular 6/2020, do 22 de xullo, da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, e a que determina o cálculo dos cargos e as peaxes dos almacenamentos subterráneos é o Real decreto 1184/2020, do 29 de decembro. 

    Os prezos das peaxes de acceso para o ano de gas 2022, aplicables a partir do 1 de outubro de 2021, publicáronse na Resolución do 27 de maio de 2021, da CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia). 

    Os cargos do sistema gasista e a retribución e os canons dos almacenamentos subterráneos básicos para o ano de gas 2022 (que comeza o 1 de outubro de 2021) publicáronse na Orde TED/1023/2021, do 27 de setembro de 2021.

rgpdactive desactivado

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1615583633188

argssite - GNF