Con ServiSolar GC terás unha revisión anual preventiva da instalación solar coa que detectar calquera anomalía a tempo na túa comunidade. Estaremos ao teu lado as 24 h do día os 365 días do ano co noso servizo de asistencia telefónica. E, se o precisas,un técnico acudirá á túa comunidade, no caso de avaría, fallos no funcionamento, desconfiguración dos inversores ou da conexión wifi coa nosa asistencia técnica ou servizo de reparacións se a túa instalación fotovoltaica non funciona.
Lembra: Atenderémoste telefonicamente a calquera hora e día do ano e, no caso de precisar unha visita presencial, contacto co técnico asignado en menos de 3 h desde a recepción para concertar a cita e, en menos de 48 h en horario laboral, estaremos na túa comunidade. Este servizo inclúe o desprazamento e as 3 primeiras horas de man de obra cun máximo de 2 visitas presenciais por vixencia de contrato.
E, se a túa instalación de placas solares foi realizada por Naturgy ofrecémosche o soporte para a xestión de garantía dos teus equipos.
Servizo dispoñible para clientes cuxa instalación fotovoltaica non teña unha instalación eléctrica con potencia superior a 10 kW.
Coa instalación de placas solares (Potencia< 10kWp) de Naturgy terás o servizo de mantemento e reparación totalmente gratuíto o primeiro ano, sen custo adicional. Para a tranquilidade da túa instalación, o noso equipo de Naturgy ocuparase da instalación de placas e da contratación deste servizo.