Sala de caldeiras para comunidades
  •  

    Transformación e modernización de salas de caldeiras.

  •  

    Xestión e mantemento con garantía total.

  •  

    Ocupámonos de todo, sen preocupacións para a túa comunidade.

Sala de caldeiras para comunidades

Optimiza o teu sistema de calefacción cun servizo integral

34 €

por mes/vivenda

O mellor servizo para transformar a gas natural a caldeira centralizada, ou renovala por outra de alta eficiencia

O mellor servizo para transformar a gas natural a caldeira centralizada, ou renovala por outra de alta eficiencia

Naturgy ofrece solucións enerxéticas que permiten ás comunidades de propietarios renovar as súas instalacións sen realizar investimento inicial e así obter aforros enerxéticos e económicos dende o primeiro día.

Especificacións do produto

Especificacións do produto

Financiamento ao 5,45%

Sen investimentos iniciais nin avais nin derramas.

Instalación chave en man

Proxecto legalizado.

Asesor enerxético

Acompañamento durante todo o contrato.

Mantemento total

Servizo 24/7 todo o ano.

Xestión de subvencións

Sen custo adicional.

Plataforma dixital

Consumos en tempo real e informes.

Formulario de consulta

Formulario de consulta

Se tes dúbidas, escríbenos a atencionsoluciones@naturgy.com
Tamén podes completar o formulario e un asesor poñerase en contacto contigo.

*Podes escribir un máximo de 300 caracteres.

*Campos obrigatorios.

Información básica sobre Protección de Datos Persoais

Ao premer o botón “Enviar”, consintes que os datos persoais que nos facilitas sexan tratados por Naturgy Clientes, S.A.U., como responsable do tratamento, para contactar contigo e ofrecerche información sobre os seus produtos e servizos.

Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, revogar o teu consentimento en calquera momento, así como a exercer outros dereitos tal e como se explica nas nosas Políticas de Privacidade:

Política de privacidade Naturgy Clientes S.A.U.

Preguntas frecuentes sobre a xestión e o mantemento de salas de caldeiras

Preguntas frecuentes sobre a xestión e o mantemento de salas de caldeiras

1. Servizo integral durante todo o contrato: no proceso de contratación, terás un xestor especializado que vos asesorará sobre a mellor opción técnico-económica e acompañará a túa comunidade na explotación de todo o contrato. 

2. Os nosos técnicos encargaranse de todo: a túa comunidade non terá que preocuparse por nada:

  • Dimensionamento e enxeñaría da instalación.

  • Subministración e instalación de equipos e materiais.

  • Coordinación de seguridade e saúde baixo a supervisión de expertos.

  • Legalizacións. 


3. Aforro económico
: Terás un prezo pechado para a execución da obra con financiamento a tipos de xuro competitivos, ademais do aforro e as vantaxes por transformar a gas natural. 

4. Opcional: Garantía total avalada por Naturgy: corremos con todos os gastos se hai avarías.

Contratar a xestión integral da sala da túa comunidade con Naturgy axudarache a reducir a factura enerxética, aumentar o confort e diminuír as emisións de CO2, debido ao seguinte:

  1. Eficiencia máxima en instalacións: garantímosche que o deseño, a enxeñaría, a instalación e a posta en marcha se realizan de forma óptima.
  2. Asesoramento: Elección da mellor solución técnica apoiándonos en estudos de viabilidade. Poderás acceder ás tecnoloxías máis eficientes, caldeiras de condensación de nova xeración, sistemas de hibridación con aerotermia para a xeración de ACS etc.
  3. Esixente programa de mantemento e operación da instalación. Atención 24h/365 días.
    O rendemento das caldeiras diminúe co tempo, para evitalo, cómpre facer un mantemento preventivo e preditivo axeitado. Así mesmo, coa baixada de rendemento, aumenta o consumo da caldeira.

Para optimizar a operación da sala:

  • Monitorizamos e controlamos a instalación mediante telemedida e telexestión.
  • Realizamos revisións preventivas mensuais e cumprimos con requirimentos máis esixentes que os marcados na normativa vixente RITE.

Ademais, terás acceso á Plataforma dixital, con datos de consumos online e informes personalizados.

Naturgy analizará se no momento da contratación de Gas&Reparto existe algunha axuda ou subvención vixente da Administración central, autonómica ou local, axeitada á instalación da túa comunidade.

No caso afirmativo, Naturgy realizará unha análise de viabilidade da axuda e xestionará a súa tramitación sen custo adicional e ademais, encargarase de: 

  • Redacción e elaboración de memorias técnicas específicas solicitadas polo órgano convocante. 

  • Preparación e presentación do expediente completo (solicitude e xustificación). 

  • Vixilancia e seguimento continuo do expediente durante todo o seu ciclo de vida. 

  • Resolución de incidencias e reparacións que poidan xurdir nas diferentes fases do procedemento. 

  • Asesoramento continuado e personalizado acerca do expediente en curso, dúbidas técnicas, consulta de prazos etc. 

Naturgy ten unha experiencia en xestión de axudas públicas en eficiencia enerxética.  

O teu asesor personalizado nun clic

O teu asesor personalizado nun clic

Ao alcance da man en tres sinxelos pasos

  1. Escolle a solución ideal

    Acorde coas necesidades da túa comunidade.

  2. Completa o formulario

    Proporciona os datos clave da túa comunidade.

  3. Recibe asesoramento personalizado

    Un xestor experto contactarate para analizar as túas necesidades.

Servizos asociados

Servizos asociados

 

*Condicións da oferta

Transformación da sala comunitaria de caldeiras de gasóleo a gas (360 kW) con financiamento a 10 anos + xestión de mantemento en réxime de garantía total da instalación (IVE incluído). Consumo 233 MWh e 35 vivendas. O prezo non inclúe o consumo de gas. Cálculo ((Cota de equipos e instalación total anual: 9.226,56 € + cota de servizos: 4.911 €)/(35 vivendas x 12 meses)).

Considerando repartidores de custos sen válvulas termostáticas nunha vivenda con 5 radiadores. Servizo de repartición e adquisición de repartidores a 10 anos, incluíndo o envío dos informes de repartición ao teu domicilio. Cálculo: 0,56 €/rad/mes (21% IVE incluído). O prezo está vinculado á contratación do servizo Gasconfort.